¡¡NON ME TOQUES!!

 

Estes son os feitos:

"Estudia moito, que xa che buscarei eu un traballo. Agora non te preocupes, eu quérote moito''. Mentres Jesús Ares pronunciaba estas palabras, bicaba e tocaba a unha nena de 16 años sen o seu consentimento. Foi condenado por un delicto de abuso sexual polo Xulgado do Penal número 2 de A Coruña.

Sen embargo, Jesús Ares segue na alcaldía do seu pobo, e a rapaza é insultada e rexeitada por unha gran parte dos veciños só polo feito de ter denunciado ao alcalde, cacique intocable.  

 

A tua filla xa será unha moza, eh?
Castelao - Album "Nós", 1931

A tua filla xa será unha moza, eh?
A Cova da Moura, 2004

 

A presidenta da asociación feminista Alecrín, Ana Míguez, manifestou que «como Sandra hai moitas en Toques» e revelou que o colectivo que preside recibiu nas últimas semanas chamadas de mulleres toquenses «que sendo nenas foron atacadas sexualmente polo alcalde». Míguez dixo que en Alecrín teñen constancia de seis víctimas máis, a tenor das conversacións mantidas coas presuntas agredidas. (La Voz de Galicia, luns 02/02/2004)

 

Estas son as famosas frases:  

 

Xoves, 22 de xaneiro. 

O día posterior ao coñecemento da condena preguntan a Fraga se o PP vai actuar contra o alcalde de Toques. O presidente da Xunta rebaixa a sentencia á categoría de "simple multa" e mantén que "non hai motivo de acción inmediata" contra o rexedor condenado.   

Venres, 23 de xaneiro. 

O líder do PP, Mariano Rajoy, di descoñecer o asunto cando lle piden que se pronuncie. Pola tarde, o PP galego anuncia que Ares pide a suspensión de militancia. Pola súa parte, Eduardo Zaplana tratou se xustificar ao presidente da Xunta interpretando que Fraga non dixo que non se sancione ao alcalde de Toques, senón que "non hai que tomar unha decisión de forma inmediata" ata ter "todos os elementos de xuízo". Parece que non é elemento de xuízo suficiente unha sentencia xudicial. Xesús Palmou declarou na mesma liña: "non se pode prexulgar" ata que a sentencia sexa firme.  

Sábado, 24 de xaneiro. 

En tono moi enoxado, Fraga sentencia: "Me avergüenza la hipocresía de mucha gente en estos tiempos preelectorales. Esos grupos que han defendido el aborto sin condiciones, el amor libre o las parejas de hecho, incluso entre personas del mismo sexo, y ahora me piden que me apiade de la pobre niña. Ha sido una conducta incorrecta, no una violación o un acto de pederastia." En opinión de Fraga, o feito de que Ares solicitara a suspensión cautelar da súa militancia no partido ata a resolución do recurso, constitúe "un acto de boa fe".  

Domingo, 25 de xaneiro. 

O ministro del Interior, Ángel Acebes, xustifica o silencio de Rajoy porque este só se ocupa de "temas de los que hay que hablar en campaña".  

Luns, 26 de xaneiro. 

En presencia de Fraga, a ministra de Administracións Públicas, Julia García-Valdecasas, avoga pola dimisión de Ares. O presidente galego, Manuel Fraga, tercia para pedir aos periodistas que non lle importunen con "menudencias" xa que "o que importa é o de Carod". Máis tarde, reúnese a executiva do PP galego e anuncia que o alcalde dimitirá ao día seguinte por orden da dirección, debido a "lo que se ha manipulado este asunto".  

Martes, 27 de xaneiro. 

Os populares rexeitan apoiar a moción de censura que propón o PSOE. Fraga insistiu en que o alcalde atópase fóra da disciplina do partido, polo que, sentenció, "perden o tempo coas invitacións para facer mocións de censura conxuntas cos socialistas, que son ganas de argallar".  

Mércores 28 de xaneiro

A pesar da ameaza do PP de botalos do partido, os edís do PP en Toques non van presentar unha moción de censura contra o alcalde porque politicamente "non temos nada" contra Ares. "É un caso social que a nós non nos incumbe". Un edil popular asegurou que seguen apoiando ao seu alcalde porque o que pasou "é un escándalo privado, como lle pode pasar a calquera". Durante o pleno no concello de Toques, no que o alcalde negouse rotundamente a abandonar o cargo e botou fóra aos periodistas, Jesús Ares afirmou que a propia sentencia cualifica os abusos sexuais como "feitos de escasa transcendencia" e cre que a Audiencia "vaime absolver de toda culpa".  

Xoves 29 de xaneiro

Aznar elude manifestarse sobre o caso de Toques porque non é dirixente do partido: "Sobre Toques pregunte a los dirigentes del PP"

luns 2 de febreiro.

O portavoz do Grupo Parlamentario do PPdeG, Xaime Pita, cualificou onte de "impecable'' a actuación do Partido Popular galego e do seu presidente, Manuel Fraga, no caso do Concello de Toques. Tamén asegurou que "o Partido Popular de Galicia, a súa Secretaría xeral e o seu propio presidente fixeron o que se debía de facer''.

Manuela López Besteiro realizou unha encendida defensa da «responsabilidad» coa que, na súa opinión opinión, manexou o PP este polémico asunto. Entiende que a postura popular «está perfectamente clara». «Se algún partido loitou sempre contra calquera discriminación e calquera agresión sexual, é o PP; outros dedícanse a manipular a unha rapaza»

Martes 10 de febreiro

O voceiro do PP no parlamento, Xaime Pita, defendeu as declaracións realizadas por Fraga cualificando de "miudezas" os feitos polos que o alcalde de Toques foi condenado por abusos sexais a unha menor. Pita asegurou que neste caso o presidente da Xunta mantivo sempre "unha actitude impecable". No ton desafiante e arrabaldeiro que adoita utilizar o voceiro popular nas súas intervencións, acusou á oposición de manipular e "quitar de contexto" as palabras de Fraga, porque o PP "nunca apoiou ao alcalde de Toques".

Mércores 11 de febreiro

O PP, PSdeG-PSOE e BNG votaron a favor desta proposición non de lei no parlamento galego: A Xunta e o seu presidente deberán condenar "pública e contundentemente" o comportamento do alcalde de Toques, declarado culpable de abusos sexuais a unha menor, e solicitar que "abandone inmediatamente os seus cargos". 

Pero o PP votou en contra de dúas emendas do PSOE que reclamaban "unha rectificación pública" por parte de Manuel Fraga das declaracións nas que "amparou" o comportamento de Jesús Ares e a promoción de todas as accións legais posibles para recuperar a dignidade institucional no concello de Toques.

Desde as filas populares destacaron que as palabras de Fraga se basaron en «términos jurídicos».

Neste sentido, a popular Victoria López Díaz, suliñou que as palabras do presidente galego «non buscaban o titular de prensa, senón o rigor» e acusou aos grupos da oposición de «sacalas» fora de contexto. «As súas declaracións son de cautela, propias do posto que ocupa, e como xurista recolle pasaxes da propia sentencia», agregou.

Xoves 12 de febreiro

Fraga condena, pero rectifica?. Manuel Fraga condenou "pública e contundentemente" o comportamento do alcalde de Toques, condenado por abusos sexuais a unha menor, tal como llo pediu onte o parlamento, pero admitiu que rectificaba as súas afirmacións "no sentido parlamentario da palabra", xa que "foran sacadas de contexto e mal interpretadas". "Fago o que me pede o Parlamento", declarou.

O presidente da Xunta Asegurou que nunca considerou que a condena ao alcalde popular por abusar sexualmente dunha menor de idade fose unha menudéncia. Explicou que cando instou aos xornalistas a deixarse de "miudenzas", referíase a que o verdadeiramente importante era a reunión de Carod-Rovira con membros de ETA.  Fraga non fixo alusión ás súas declaracións contra "os defensores do amor libre, o dereito ao aborto e as parellas de feito". 

Fontes: El País, La Voz de Galicia, El correo Gallego, Cadena Ser, vieiros, a cova da moura.

 

subir

        

Volver á páxina principal

 

 


Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org