¡¡NON ME TOQUES!!

 
Clica no artigo que queiras ler: 

Toques: a lei do silencio (Tempos Novos. 14/04/2004)

O abuso sexual do alcalde de Toques. (Crónica Penal. La Voz de Galicia.19/01/2004)

 

Violencia contra as mulleres e poder. 

Toques: a lei do silencio. 

TEMPOS NOVOS. [14/04/2004 12:02] Toques non é máis ca unha metáfora de país, unha imaxe conxelada no despotismo dun alcalde, no seu aferramento ao poder e no apoio tácito dos veciños que calan rendendo obediencia á rede de favores caciquís. Analizamos no último número de TEMPOS Novos a relación entre poder e violencia contra as mulleres. Comezamos a debullar na rede o informe con esta investigación de Óscar Curros e Montse Pernas.

 

"O alcalde de Toques tócalle ás nenas / e para Fraga son menudencias/ Son menudencias/ Son menudencias./ Que lle toquen a Fraga nas pertenencias." Domingo, 15 de febreiro de 2004. Miles de mulleres convocadas pola Marcha Mundial cantan a coro en Compostela. Mentres a mobilización avanza polas rúas da cidade, comprobamos que os ecos da protesta non chegan a 70 quilómetros de distancia. Desandamos o Camiño de Santiago até a aldea de Vilouriz, onde vive Sandra, a rapaza que se atreveu a denunciar ao alcalde de Toques, o ex popular Xesús Ares.

É difícil desafiar á lei do silencio imperante en Toques. Esta mesma mañá, os veciños de Melide acaban de reivindicar o paso pola vila da autovía Santiago-Lugo cunha pitada masiva, pero ninguén saíu á rúa para esixir respecto ós dereitos fundamentais das mulleres. Pola contra, recentemente viviuse unha mobilización de signo oposto no veciño concello de Toques, a favor de Xesús Ares, condenado por abusos sexuais a unha menor polo Xulgado do Penal número dous da Coruña.

Sandra, a víctima, contaba con 15 anos cando se produciron os feitos. Agora, ten 18. Do seu relato deducimos que, para ela, o proceso xudicial foi moi difícil de percorrer. Talvez máis aínda que as innumerábeis curvas cobregueantes e as pistas cheas de bosta de algunhas aldeas do concello. Malia isto, en Toques compróbase que incluso as infraestrucuras de transporte gozan de mellor saúde que a comunicación persoal.

Polo camiño compróbase que ninguén quere falar do "problema do alcalde", a pesar da repercusión que tivo recentemente nos medios galegos e estatais. Con moitas reticencias, os veciños indican onde está a casa de Sandra. Van quedando atrás, calados e con expresión desconfiada, actitude que manteñen de forma unánime diante dos descoñecidos que se achegan até aquí para interesarse "polo asunto".

A razón deste comportamento, segundo o psicólogo social Xosé Manuel Sabucedo, explícase en termos de conduca adaptada ao entorno. "O problema non radica nas persoas de xeito individual. Se alguén pensa que unha forma de actuar pode ocasionarlle consecuencias negativas na súa vida diaria, fai unha especie de análise de custes e beneficios e opta por non posicionarse. Ao final a rendibilidade persoal gáñalle a partida á dimensión ética".

Por todo isto, atreverse a denunciar non foi fácil para a familia de Sandra, que tardou doce días en tomar a decisión. "Aquí xa sabiamos que non iamos ter apoio de ninguén. Sandra ao que lle tiña medo era ao rexeitamento da xente", explica súa nai. Un rexeitamento que se fixo patente a través dun silencio cómplice, en Toques e máis alá dos seus limites. Os veciños continúan colaborando coa familia da denunciante nas tarefas agrícolas, pero sen manifestarlles outro tipo de apoio, nin sequera de tipo moral, nin antes nin despois de coñecerse o veredicto. "Ninguén contaba con que a sentenza nos fose favorábel, e incluso se rían de nós polo incautos que eramos ao atrevernos a denunciar ao mesmísimo señor alcalde", explica Yolanda, a maior das duas irmás de Sandra.

O analista político Xosé Luis Barreiro considera que a sociedade rural galega, non só os veciños de Toques, se ve incluso "sorprendida" ante a repercusión mediática deste feito. "Estamos en pleno cambio de mentalidade. Até hai anos este tipo de delictos non existían na sociedade, tampouco no mundo urbano. Non porque non se produciran, senón porque ninguén entendía que tiveran relevancia pública nin interese para as institucións. Agora as responsabilidades penais empezan a ir da man das políticas".

Dos fundamentos expostos na sentenza, dedúcese que o xuíz entende que os tocamentos lascivos polos que se lle imputa a pena a Xesús Ares son constituíntes dun delicto de abuso sexual; pero non de agresión sexual, xa que, segundo a interpretación xudicial, non concorreu o uso de intimidación: "non fixo acto algún de forza ou intimidación para consumar o seu acceso físico ou corporal, senón que se limitou a facer caso omiso da vontade que ela lle manifestaba de forma expresa". A lei establece que o delicto de abusos sexuais non pode levar consigo penas de prisión. E, polo tanto , tampouco a inhabilitación, xa que esta última é unha pena accesoria á pena de prisión. Isto permitiulle ao acusado, Xesús Ares, continuar exercendo o seu cargo institucional.

A relación de confianza que mantiña a familia da víctima co rexedor toquense -que é padriño dunha das irmás de Sandra e ex compañeiro de partido do seu pai- foi un argumento empregado polos veciños para darlle á volta á acusación e culpabilizar a Sandra. Esta lembra que cando puxo a denuncia, "moitos dicían que era un invento do meu pai para prexudicar ao alcalde ".

 

Condescendencia social e política

Nun debate organizado por Tempos entre tres representantes da oposición política en Toques, entre os que se encontraban Nuria Combo e Cruz Bande, (das poucas voces discordantes que se alzan contra Ares no concello) alúdese á falta de conciencia social sobre este tipo de delictos.

A portavoz socialista, Cruz Bande, fai unha lectura moi pesimista arredor "das estrucuras mentais de carácter conservador e machista que aínda perviven na poboación, incluso entre as novas xeracións. Malia a fama de mullereiro que ten o alcalde, ninguén se explica como puido ser condenado por tocar unha teta". Ese é o discurso dominante no pobo que cualifica os feitos como unha mera debilidade humana e non considera que estas actitudes teñan que ser castigadas.

Incluso o presidente da Xunta e máximo mandatario do PP galego, Manuel Fraga, reforzou nun primeiro momento esta hipótese e manifestou o seu apoio público ao rexedor. As polémicas declaracións nas que cualificou os feitos de "menudencias" serviron, porén, para que partidos da oposición, organizacións feministas e medios de comunicación centrasen a súa atención neste asunto. A indeterminación das autoridades políticas ao respecto facilitou que a resposta cidadá non se materializase nun rexeitamento contundente. Segundo o profesor de Psicoloxía Social da USC, Xosé Manuel Sabucedo, "é preocupante que o caso de Toques se vira reforzado por declaracións de responsabeis políticos que, en lugar de recriminar esta conduca, responsabilizan ás persoas que denuncian. O apoio social a favor das víctimas ten que vir amparado por intervencións dos líderes políticos, que exercen de modelos sociais, e que deberían animar á cidadanía a denunciar todo tipo de abusos por parte do poder ou de calquera persoa. Senón percíbese que as denuncias teñen consecuencias negativas".

As reaccións chegaron tarde, propiciadas polo espectáculo mediático ofrecido polo alcalde, Xesús Ares, quen desafiou ao propio Manuel Fraga, negándose a dimitir nun pleno esperpéntico, que percorreu en imaxes todo o Estado. Batendo cos puños na mesa e a través da frase lapidaria "darei a sangue polo meu pobo", Ares, intentou resolver a polémica, ao máis puro estilo Charlton Heston –cando este último proclamaba ós catro ventos que defendería coa vida o dereito ao uso de armas de fogo -.

En opinión do politólogo Xosé Luis Barreiro, "a dirección do PP sempre xestiona os conflictos internos do mesmo xeito. Mentres que ao principio intenta minimizar os seus efectos, unha vez que toma conciencia do seu alcance, e neste caso con máis razón ao estar en precampaña electoral, decide actuar".

Extraído de: http://www.vieiros.com/publicacions/veredicion.php?Ed=28  
A reportaxe completa, na edición impresa de TEMPOS Novos

subir  

El abuso sexual del alcalde de Toques

:: CRÓNICA PENAL :: CARLOS MARTÍNEZ-BUJÁN PÉREZ :: Catedrático de Dereito Penal da Universidade de A Coruña

Artigo publicado en La Voz de Galicia, o xoves 29 de xaneiro do 2004

 

DESDE la perspectiva jurídico-penal, el caso de Toques no habría merecido especial atención por mi parte de no haber sido por las insólitas declaraciones de Manuel Fraga. Sus equívocos razonamientos jurídicos, destinados a minimizar la gravedad del atentado sexual, deben ser rebatidos para evitar que induzcan a error a aquellos ciudadanos que, siendo legos en el ámbito jurídico, valoran la opinión de una persona que, amén del cargo institucional que ocupa, cuenta con fama de ser un reputado jurista.

De entrada, y como bien ha criticado ya mi querido amigo Roberto Blanco, causa enorme perplejidad escuchar que Fraga siga reclamando el derecho constitucional a la presunción de inocencia cuando el alcalde ha sido condenado en una sentencia judicial. Asimismo, es inaceptable recurrir al eufemismo de calificar el comportamiento del alcalde como una simple «conducta incorrecta», con la pretensión de rebajar la trascendencia de los hechos. Es un dato objetivo que el alcalde ha sido condenado por un delito de abuso sexual del artículo 181 del Código penal, caracterizado por el hecho de que no concurre consentimiento de la víctima y castigado con las penas de prisión de uno a tres años o (alternativamente) con una multa de dieciocho o veinticuatro meses.

Se trata, pues, de un delito que nuestro texto punitivo considera de mayor gravedad que otros delitos contra la libertad sexual (como el de acoso sexual, citado erróneamente por Fraga) y más grave asimismo que otros muchos delitos contra las personas, como (por poner sólo un ejemplo) el aborto doloso realizado por la embarazada. Es cierto que, en uso del arbitrio que le concede la ley, el juez ha optado por imponer al alcalde la pena de multa, pero, si lo hubiese estimado procedente, ningún obstáculo habría existido para aplicar la pena de prisión, como solicitaba el fiscal y como así ha sucedido en otros procesos similares.

En cualquier caso, conviene insistir en que la «simple multa» (en palabras de Fraga) no es una multa civil o administrativa sino que posee naturaleza criminal , y que además en el presente caso ha sido impuesta con la duración máxima (veinticuatro meses) señalada en el artículo 181, que es también el límite máximo asignado con carácter general a esta pena en el Código español.

Ahora bien, lo realmente grave de la diatriba de Fraga ha sido efectuar una inexplicable equiparación entre el delito de abuso sexual y el amor libre, las parejas de hecho y las relaciones homosexuales. Tal equiparación presupone una inadmisible confusión entre Derecho y Moral, que además no encuentra fundamento alguno en el Derecho español vigente.

A los efectos de nuestro Código penal es completamente indiferente que el amor sea libre u ocupado, que se profese entre parejas de hecho o de derecho, del mismo o de diferente sexo, o que se establezca en dobles parejas, en tríos o en escalera de color.

Utilizado como un instrumento ideológico más, el Derecho penal sexual de la dictadura franquista se encaminaba a proteger la moral sexual inquisitorial y tridentina que inspiraba dicho régimen político. Sin embargo el Derecho penal sexual de un Código democrático y pluralista está destinado a tutelar el libre ejercicio de la sexualidad de acuerdo con la concepción global que cada individuo sustente.

En otras palabras, si es libremente consentida, la práctica de la sexualidad del modo que tanto censura Fraga no sólo es una conducta jurídicamente lícita sino que además es un derecho básico de la persona, y que, por añadidura, representa una actividad de incuestionables beneficios para la salud física y psíquica, según nos revelan recientes estudios médicos.

Por el contrario, el abuso sexual no consentido constituye delito en todas las legislaciones penales de los países civilizados, y, cuando recae sobre menores, debería ser calificado, desde cualquier concepción ética, como una de las agresiones más repugnantes.

En fin, aunque el episodio haya sido calificado por Fraga de «menudencia» en comparación con otros problemas que preocupan a nuestro país, estoy seguro de que la niña de Toques no lo juzga del mismo modo. Y lo peor de todo es que ella todavía no sabe que los menores que han sufrido una experiencia tan traumática como ésta arrastrarán unas secuelas que los acompañarán mientras vivan.

La Voz de Galicia 19/01/2004

 

 

subir

        

Volver á páxina principal

 

 


Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org