Coordenadora de Ensino

REFERENDO

Índice

porqués e cómos

organización

envío de datos

documentos

Adhesións

reconto de votos

resultados

imaxes

prensa

CONVOCATÓRIA DE REFERÉNDUM

Está vostede a favor da intervención bélica contra o povo de Iraque?

 

COMUNICADO URXENTE A TODO O ESTUDANTADO, PROFESORADO
E PERSOAL NON DOCENTE DE ENSINO MÉDIO GALEGO

Todas e todos os que sumamos as nosas mans para escreber a palabra VIDA na praia de Traba da Laxe pensamos que é necesário parar aos que escreberon a palabra MORTE con chapapote, e agora queren escrebe-la con sangue en Iraque. De novo, temos que construir unha cadea de humanidade e dignidade en solidariedade co pobo do Iraque.

Neste momento, cando a guerra, a máis negra de todas as mareas, tenta asulagar as nosas consciéncias e tinxir de sangue e morte o povo de Iraque, en Areanegra consideramos urxente e necesário que a comunidade educativa galega mostre a sua opinión ante esta intervención militar.

Por iso, desde Areanegra convocamos á Comunidade Educativa Galega (estudantado, profesorado e persoal non docente) a manifestar-se en REFERENDO o vindeiro 12 de marzo.

Esta actividade persegue os obxectivos seguintes:

  1. Identificar e analisar os procesos históricos, socioeconómicos, políticos , culturais e relixiosos que concorren nesta guerra.

  2. Formar unha opinión crítica ante as intervencións bélicas e as consecuéncias para os povos e as relacións internacionais.

  3. Educar para a paz e a convivencia entre os povos, valores imprescindíbeis que forman parte da programación pedagóxica, e non só como tema transversal, que todos os centros de ensino apoiamos.

  4. Pór en práctica un instrumento de consulta demócratica, que nos permite como cidadás e cidadáns exercitar o direito a tomar parte nas decisións políticas que nos afectan directamente.

Porque sabemos que un outro mundo é posíbel, e que está nas nosas mans: nas mans de todas e todos os/as que o 22 de xaneiro fomos mar, fomos terra. NON podemos quedarmos petroleados, bombardeadas, ignoradas, manchados, asulagadas.

Berremos e fagamo-nos escoitar a través dun REFERENDO.

subir


Volver ao índice de "referendo"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org