|
Para organizar esta actividade propoñemos-vos seguir os seguintes
pasos:
-
Aprobar a actividade nos Consellos Escolares e/ou Claustros. Este paso non é imprescindíbel, mais daria maior entidade e formalidade á actividade ao verse implicada toda a comunidade escolar.
-
Aderir-se coma centro escolar a esta iniciativa antes do 11 de marzo, para termos datos de participación. Enviade a vosa adesión a través da
páxina de adesións deste sitio a partir do dia 20 febreiro.
-
Nomear unha comisión electoral en cada centro. Seguide un sistema semellante ao utilizado para elixir ou renovar o Consello Escolar. Esta comisión deberá constar de tres membros: presidente/a, vocal, secretário/a (cos seus respectivos suplentes), e entre eles/as, haberá un representante do alunado como mínimo.
-
Usade este modelo de PAPELETA para imprimir e fotocopiar.
-
O dia do REFERENDO será o 12 DE MARZO. Organizade a votación por grupos de xeito sinxelo, para así non perder máis horas de clase que a media hora que calculamos cada grupo precisaria.
-
Suxerimos que o horário de votación coincida co horário lectivo de cada centro, para garantir o dereito a voto a toda a comunidade educativa.
-
Os censos serán confecionados nos centros previa petición á dirección do centro A mesa electoral disporá dunha copia en papel o dia da votación
-
Finalizado o referendo, a comisión electoral deberá introducir os resultados da votación ESE MESMO DIA na
páxina de reconto, xa que queremos facer públicos estes datos en rolda de prensa ao dia seguinte. Deberán ser cumplimentados todos os apartados.
-
Os resultados de cada centro faran-se públicos no mesmo despois do reconto no centro.
-
E MOI IMPORTANTE QUE VOS MANTEÑADES INFORMADAS/OS DAS NOVIDADES NESTA MESMA PÁXINA.
Lembrade que esta actividade non teria sentido nen valor pedagóxico sen un traballo prévio de concienciación nas aulas, recollendo e analisando diferentes materiais en cada área educativa. Enviade se é posíbel todo o material que consideredes oportuno ao noso correo: areanegra@areanegra.org, para poder difundi-lo e comparti-lo.
EN AREANEGRA LOITAMOS POR UN ENSINO ACTIVO, COMPROMETIDO E SOLIDÁRIO.
GUERRAS NUNCA MÁIS!
|