Coordenadora de Ensino

ASEMBLEA XERAL

día: 
lugar: 

tod@s sodes benvid@s

 

- Recursos para construír outro mundo.

- Bibliografía sobre o Prestige.

- Vídeos sobre o Prestige.

- Día da PAZ. Recursos na rede.

-Obra de teatro "Salvar ao mar"

- Exposición Internacional de Arte Postal Marea Negra

- Exposición 25 anos de Medio Ambiente con Xaquín Marín.

- Materiais sobre as mareas negras

correo@areanegra.org

 

Gracias a tódolos alumnos, alumnas, profesores e profesoras, e a toda a xente que amosou o seu apoio. Isto foi posible gracias a todos e a todas.

 

O QUE FIXEMOS:

Cadea humana na Costa da Morte 

13 de novembro de 2002: comeza a traxedia do Prestige. 

22 de xaneiro de 2003: 45.000 estudiantes e 3.000 profesores e profesoras unimos as nosas mans na Costa da Morte. Devolvémoslle a VIDA ao noso mar.

Referendo ¿Guerra si, ou guerra non? 

12 de marzo de 2003

Alumnado, profesorado, e persoal non docente dos centros educativos emitimos o noso voto. ¡58.557 votos!

O resultado maioritario foi:

Censura nos centros de ensino

O 12 de marzo de 2003 chegou aos centros de ensino unha circular da consellería de educación. A súa finalidade: a censura nos centros de ensino.

Acusa-se-nos de cumprir escrupulosamente co noso labor, que non é outro que formar e informar, incentivar os valores democráticos e o espírito crítico da nosa xuventude.

Aulas abertas, Aulas de liberdade. 

(dende o luns 16 ao venres 20 de xuño do 2003) 

 

Contra a censura nos centros educativos, saímos á rúa.

 

Aulas para non esquecer. 

(13 de novembro do 2003)

 

No cabodano da catástrofe, manifestos, murais e múltiples actividades contra o esquecemento. 

Despois de 365 días de chapapote, queremos seguir aprendendo dos erros da humanidade.

 

Non me Toques!!

O 21 de xaneiro do 2004, Jesús Ares, alcalde do concello de Toques, Foi condenado por un delicto de abuso sexual polo Xulgado do Penal número 2 de A Coruña.  

O colectivo de ensinantes areanegra solidarízase con Sandra, a rapaza de Toques que foi víctima destes abusos. 

Desde esta páxina queremos enviar a Sandra o noso total apoio, e transmitir a toda a sociedade a repulsa da comunidade educativa a calquera manifestación de violencia sexual e a calquera declaración xustificadora de tales feitos. 

Caminho ao Reves. Primeiras FotosOutro mundo é posíbel, existen outros camiños. 

(22 de abril do 2004)

AREANEGRA propón á comunidade educativa galega facer o Camiño de Santiago ao revés, de Compostela ao Cebreiro para reivindicar que hai outro mundo posíbel, que existen outros camiños. Derrubemos todos os muros que queren impedírno-lo paso: A agresión ao medio ambiente, a violencia de xénero, a guerra, a censura, o imperialismo económico, o colonialismo lingüístico, o integrismo relixioso, ...

 

 

 

 

 


Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org