Coordenadora de Ensino

AULAS PARA NON ESQUECER

índice

Xustificación

PROPOSTA

obradoiros

adhesións

imaxes

textos

Prensa

Mani 16N 2003

TEXTOS I ANIVERSARIO DO PRESTIGE

Envíanos os manifestos, redaccións, poesías, cancións, ... dos teus alumnos e alumnas a correo@areanegra.net . Publicarémolos nesta sección.

Clica no que queiras ler:

Instruccións para o envío

Relación de textos en formato doc (para imprimir)

I.E.S. Agra de Leborís, Laracha, A Coruña

I.E.S. de Ames, Ames, A Coruña

I.E.S. Aquis Celenis, Caldas de Reis, Pontevedra

I.E.S. Auga da Laxe, Gondomar, Pontevedra

I.E.S. de Celanova, Celanova, Ourense.

IES de Curtis, Curtis, A Coruña

I.E.S. Eduardo Pondal, Santiago de Compostela, A Coruña

CEIP "Humberto Juanes", Nigrán, Pontevedra  

C.P.I. Jose García García. Mende, Ourense.

I.E.S. Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense

I.E.S. Marco do Camballón, Vila de Cruces, Pontevedra

C.P.I. de Mondariz, Mondariz, Pontevedra

CEIP Os Muíños, Muxía, A Coruña

IES Pedra da Auga, Ponteareas, Pontevedra.

I.E.S. Praia de Barraña, Boiro, A Coruña

IES Primeiro de Marzo, Baiona, Pontevedra.

IES Ramón Caamaño, Muxía, A Coruña

CEIP Ventín, Ames, A Coruña

OUTROS 

Se queres, podes escribir dende o seguinte formulario

 

 

MANIFESTO POLA DIGNIDADE

A partir dun poema de Méndez Ferrín

 

Nas augas do mar chamadas pola morte,

Nas costas estragadas polo negro tóxico

Reclamo a dignidade para o meu pobo.

 

Nas ansias de milleiros de homes e mulleres

Na esperanza que ainda manteremos

Reclamo a dignidade para o meu pobo

 

Nos 50.000 mozos e mozas

Que reunidos dende Laxe a Muxía

No desexo dun  cambio expresado

Através das nosas mans collidas,

Reclamo a dignidade para o meu pobo.

 

Nos negros e fríos bicos

Do inmenso mar

Reclamo solucións para o meu pobo.

 

No sangue de mariñeiros abatendo nas ondas

En cada barco seu

Nos finos gobernantes que aparecen tarde no papel

Levando traxes de Adolfo Domínguez e zapatos de charol

Reclamo a dignidade para o meu pobo.  

 

Nas praias de Galiza

Nós, a familia do mar, berramos!

Ante o loito das mareas e

Os grupos de golfiños que entran na sombra

Reclamo a dignidade para o meu pobo.

 

No recordo das xentes de Galiza

para sempre

No museo das cores

de Man de Camelle

Reclamo a dignidade para o meu pobo.

 

Na aldea, na cidade, na costa e no interior

De cada casa, de cada persoa

Onde Emerxe unha voz que di

Reclamo a dignidade para o meu pobo.

 

Nunha nena de seis anos que naceu en Fisterra

E me contou a min o que sucedera

E non puiden rete-lo pranto

E foi o desastre do Prestige e por ela

Reclamo xustiza para o meu pobo.

 

Nas pedras dos cantís,

Nas fendeduras das augas

Nas praias e na area

Para sempre ennegrecida

Reclamo xustiza para o meu pobo

 

Nas barcas, nos aparellos do mar

Nas mans dos mariñeiros

Todo é negro

Reclamo xustiza para o meu pobo.

 

Na unión dos nosos sacrificios para mellorar

Cada parte do mar, cada parte de nós,

Na unión de todos os homes e mulleres darredor

E máis alá cunha meta en común

En cada berro de axuda

En cada contubernio de mans unidas

Reclamo a dignidade para o meu pobo.

 

Na casa das nosas irmás e irmáns necesitados

A si propios, acolledora do mundo

Nos peixes orfos e nos pesqueiros

De Aguiño aquel 13 de novembro

Reclamo a dignidade para o meu pobo.

 

No estremecido urro dos mares negros

No arrullo do amor e na costa

Perdida sen podelo evitar

Podendo ser evitado

Reclamo a dignidade para o meu pobo.

 

No limpar e no recuperar

Dos miles de voluntarios nos segredos agochados polos políticos

No medo por perdelo todo

Reclamo a dignidade para o meu pobo.

 

Nos que loitaron vestidos de branco e tinguidos de negro

Nos difuntos que quedaron atrapados polo verquido

Polo que virá e aínda segue a ser

E polo que aportarán esperanza para o noso mar

Reclamo a dignidade para o meu pobo.

 

Nos mares, nas manifestacións

Nas protestas, nos cantís, nas pancartas,

Nas cunchas, nas praias negras galegas

Reclamo a dignidade para o meu pobo.

 

Nos percebeiros, nas mariscadoras, nos pescadores, nos voluntarios

Nos que contemplan o devalar do fuel

Sen fin, nos que confían nun nunca máis

Que se convirta nalgo real e non quede só nos versos,

Nos que limpan as praias sabendo que se volverán ensuciar

Pero sempre coa esperanza nos ollos

Reclamo a dignidade para o meu pobo

Reclamo a dignidade para o meu pobo

 

Nove rapazas do I.E.S. Marco do Camballón, Vila de Cruces, Pontevedra

 

 

subir


Volver á sección "Aulas para non esquecer"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora de Ensino Areanegra correo@areanegra.net, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net