Coordenadora de Ensino

AULAS PARA NON ESQUECER

índice

Xustificación

PROPOSTA

obradoiros

adhesións

imaxes

textos

Prensa

Mani 16N 2003

TEXTOS I ANIVERSARIO DO PRESTIGE

Envíanos os manifestos, redaccións, poesías, cancións, ... dos teus alumnos e alumnas a correo@areanegra.net . Publicarémolos nesta sección.

Clica no que queiras ler:

Instruccións para o envío

Relación de textos en formato doc (para imprimir)

I.E.S. Agra de Leborís, Laracha, A Coruña

I.E.S. de Ames, Ames, A Coruña

I.E.S. Aquis Celenis, Caldas de Reis, Pontevedra

I.E.S. Auga da Laxe, Gondomar, Pontevedra

I.E.S. de Celanova, Celanova, Ourense.

IES de Curtis, Curtis, A Coruña

I.E.S. Eduardo Pondal, Santiago de Compostela, A Coruña

CEIP "Humberto Juanes", Nigrán, Pontevedra  

C.P.I. Jose García García. Mende, Ourense.

I.E.S. Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense

I.E.S. Marco do Camballón, Vila de Cruces, Pontevedra

C.P.I. de Mondariz, Mondariz, Pontevedra

CEIP Os Muíños, Muxía, A Coruña

IES Pedra da Auga, Ponteareas, Pontevedra.

I.E.S. Praia de Barraña, Boiro, A Coruña

IES Primeiro de Marzo, Baiona, Pontevedra.

IES Ramón Caamaño, Muxía, A Coruña

CEIP Ventín, Ames, A Coruña

OUTROS 

Se queres, podes escribir dende o seguinte formulario

 

 

Tal día coma hoxe, hai un ano escaso, unha barriga capitalista cargada de fuel partía diante das nosas costas e con ela verquíase (alén dunha negra sombra) a impotencia, odio e rabia contra a sen razón dun goberno mentireiro e pasivo que resulta ser a correa de tansmisión dese sistema gastado e cruel no que vivimos.

A esa negra sombra a cidadanía galega respostaba botándose á rúa e lembrando que a dignidade é algo que non se subasta no mercado de valores. Nen sequera a dignidade deste país da periferia europea. Ás aulas tamén chegou ese berro de indignación e todos lembramos as actividades e creatividade que o afundimento do Prestige despertara nas nosas consciencias. Mais non nos enganemos, a resposta galega foi puntual e cómpre darse conta que a loita por outro mundo tense que levar adiante cada día. O poder sabe moi ben pórlle selos ás bocas e sabe, tamén, levar á socidade a tal punto de descoñecemento dos seus propios dereitos que nen sequera se lembra de reclamar o que é seu.

¿Teríase afundido o Prestige nunha sociedade educada no anti-militarismo, ecoloxismo, feminismo, na solidariedade...? Nós dicimos que non, como tamén deixaba plasmado Begoña Caamaño o ano pasado nun artigo seu.

Os acontecementos teñen sempre unha causa e non queremos que nos intoxiquen dicindo que o Prestige foi un accidente. Nunha sociedade que vive do mercado de valores, que precisa os maiores beneficios ao menor custo posible, nunca construiría petroleiros con dobre casco ou tería leis que regulasen o transporte destas mercadorías. O Prestige é consecuencia, o fin da cadea, a cara máis crúa dese sistema destructor e asoballante que só entende de cartos, petróleo, guerras ou gas.

Esa sociedade nova da que falamos non deixaría fundir o Prestige. A dignidade das persoas, a conservación dos nosos recursos naturais, os nosos medios de subsistencia, como dixemos, nen se mercan nen se venden a prezo de oferta.

Todo isto é complexo e sempre nos leva a mesma raíz: a educación. Cando temos un enfermo ou temos un problema o que se precisa é curalo e reparar a avería. O problema da nosa sociedade é a súa base e os seus valores, os cales son o aforro perfecto para esa empresa capitalista que tenta rexir as nosas vidas. Canto máis moldeadas estean as nosas consciencias a empresa irá mellor. O peor de todo e eles sábeno perfectamente e nos aínda o ignoramos ou non o queremos ver.

Alguén dicía, para fechar este texto, no cal se poderían apuntar moitas máis cousas, que a mocidade é a chave de todo, do cambio, dun futuro mellor e máis xusto. Agora, dámonos conta de porqué a “empresa capitalista” pón tanto empeño en depauperarnos. Os que aínda cremos estar vivos erguemos a voz e facemos saber que nen perdoamos nen olvidamos. O noso país ten que darse conta que o único dono do seu futuro, sobre todo, e dos seus medios de producción, ten que ser el. Por moito que lle pese a algúns. 

 

As representantes do alumnado no consello escolar do IES. Praia Barraña. Boiro. A Coruña.

 

 

subir


Volver á sección "Aulas para non esquecer"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora de Ensino Areanegra correo@areanegra.net, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net