|
TEXTOS
I ANIVERSARIO DO PRESTIGE
Envíanos
os manifestos, redaccións, poesías, cancións, ... dos teus
alumnos e alumnas a correo@areanegra.net
. Publicarémolos nesta sección.
|
|
|
Clica
no que
queiras ler:
|
|
Instruccións
para o envío
|
|
Relación
de textos en formato doc
(para imprimir)
|
|
I.E.S.
Agra de Leborís, Laracha, A Coruña
|
|
I.E.S.
de Ames, Ames, A Coruña
|
|
I.E.S.
Aquis Celenis, Caldas de Reis, Pontevedra
|
|
I.E.S.
Auga da Laxe, Gondomar, Pontevedra
|
|
I.E.S.
de Celanova, Celanova, Ourense.
|
|
IES
de Curtis,
Curtis, A Coruña
|
|
I.E.S.
Eduardo Pondal, Santiago de Compostela, A
Coruña
|
|
CEIP
"Humberto Juanes", Nigrán,
Pontevedra
|
|
C.P.I.
Jose García García. Mende, Ourense.
|
|
I.E.S.
Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense
|
|
I.E.S.
Marco do Camballón, Vila de Cruces, Pontevedra
|
|
C.P.I.
de Mondariz, Mondariz, Pontevedra
|
|
CEIP
Os Muíños, Muxía, A Coruña |
|
IES
Pedra da Auga, Ponteareas, Pontevedra.
|
|
I.E.S.
Praia de Barraña, Boiro, A Coruña
|
|
IES
Primeiro de Marzo, Baiona, Pontevedra.
|
|
IES
Ramón Caamaño, Muxía, A Coruña
|
|
CEIP
Ventín, Ames, A Coruña
|
|
OUTROS
Se queres, podes escribir dende
o seguinte formulario |
|
|
Un
once de algún mes,unha traxedia chegou aos nosos
mares, un barco encallou e comezou a verter un líquido
negro chamado fuel que encheu as praias de
tristeza, a súa cor era tan horrorizante coma a
morte, as praias xa non parecían eses fermosos
lugares onde agora xa ninguén quería ir de
excursión. Aquela catástrofe deixou a moita
xente sen traballo; xent que non merecía que
aquilo ocorrera: peixeiros, mariscadoras... e os e
as que traballaban no mar tampouco podían
saca-los seus barcos dos portos, xa que aquela
enorme mancha enchía os mares que antes tan azuis
estaban e que agora nin os peixes queren vivir
neles.
Por
culpa diso, moitas aves morreron , sobre todo as
gaivotas, que aparecían nas beiras das praias.
O
mellor foi ve-la cantidade de xente que se uniu
para manter as nosas praias, para limpalas, xente
de moitos lugares, e non só de Galicia ou España,
senón de fora. ¿Como pode ser que esa xente viñese
desde lonxe para axudarnos a limpa-las praias...?;
¡era incríbel ver a toda esa xente cos seus
traxes brancos expostos ao cheiro do fuel, pero
agora, despois dun ano, aínda queda fuel debaixo
do mar e moitas persoas están preocupadas polo
peixe.
Cada
vez que alguén o compra está pensando...”¿estará
bo?”; moita xente pensarao, pero agora o único
que importa é que o mar quede outra vez coma
antes e que non nos volva ocorrer algo como isto,
outra traxedia destas sería o fin dos nosos
mares.
ALMUDENA
LAMORA CANCELO
3º
ESO A. IES
PEDRA DA AUGA. PONTEAREAS (PONTEVEDRA)
|
PRESTIGE
Xa
hai un ano que se afundiu o Prestige, deixou sen
traballo a moita xente que vivía do mar, morreron
moitos animais, como aves que ían buscar a comida
ao mar.
O
petróleo trouxo moitos problemas como a morte de
moitos peixes, a limpeza que se fixo durante moitos
meses e nunca acababa limpo, sempre estaba todo
manchado de chapapote.
O
problema que houbo co Prestige foi manifestado moitísimas
veces, pero aínda así, pasado un ano, séguese
manifestando que haxa tan poucas axudas e que aínda
non se acabe o petróleo.
Tamén
afectou a
moitas praias, por iso o turismo a Galicia diminuiu
moito este verán.
Cando
xa se puido pescar, o peixe subiu moito, por motivo
de que había pouco e perdérase moito durante todo
ese tempo.
MELANIA
CEBREIRO BERNÁRDEZ
3º
ESO A. IES PEDRA DA AUGA. PONTEAREAS (PONTEVEDRA)
|
Nunca
Máis!

|
|