Coordenadora de Ensino

AULAS PARA NON ESQUECER

índice

Xustificación

PROPOSTA

obradoiros

adhesións

imaxes

textos

Prensa

Mani 16N 2003

TEXTOS I ANIVERSARIO DO PRESTIGE

Envíanos os manifestos, redaccións, poesías, cancións, ... dos teus alumnos e alumnas a correo@areanegra.net . Publicarémolos nesta sección.

Clica no que queiras ler:

Instruccións para o envío

Relación de textos en formato doc (para imprimir)

I.E.S. Agra de Leborís, Laracha, A Coruña

I.E.S. de Ames, Ames, A Coruña

I.E.S. Aquis Celenis, Caldas de Reis, Pontevedra

I.E.S. Auga da Laxe, Gondomar, Pontevedra

I.E.S. de Celanova, Celanova, Ourense.

IES de Curtis, Curtis, A Coruña

I.E.S. Eduardo Pondal, Santiago de Compostela, A Coruña

CEIP "Humberto Juanes", Nigrán, Pontevedra  

C.P.I. Jose García García. Mende, Ourense.

I.E.S. Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense

I.E.S. Marco do Camballón, Vila de Cruces, Pontevedra

C.P.I. de Mondariz, Mondariz, Pontevedra

CEIP Os Muíños, Muxía, A Coruña

IES Pedra da Auga, Ponteareas, Pontevedra.

I.E.S. Praia de Barraña, Boiro, A Coruña

IES Primeiro de Marzo, Baiona, Pontevedra.

IES Ramón Caamaño, Muxía, A Coruña

CEIP Ventín, Ames, A Coruña

OUTROS 

Se queres, podes escribir dende o seguinte formulario

 

 

Todo comeza cando sae o Prestige de porto con varias multas e sen revisión. Chega a Galicia e comeza a catástrofe. O Prestige rompe por un costado, salta a alarma, todo ponse a funcionar.

O Pesca I recibe aviso de que hai un buque en perigo con fuel no seu interior. Moitos din que ten unha gran dentada lateral.

Rescatan á tripulación pero quedan o capitán e o xefe de máquinas. O delegado de Galicia pregunta a expertos qué se debe facer.

O 13 de novembro de 2002 rompe o buque.

En Ourense, no meu colexio facemos debates e manifestacións.

O 19 de novembro de 2002 os voluntarios empezan a limpar, chegan de todo o mundo. As praias da miña terra están negras.

O exército invade as praias na loita contra o monstro negro. En Ourense non dabamos crédito, e no resto do mundo supoño que tampouco.

Chega fin de ano e hai unha retransmisións das badaladas feita dende Muxía.

Chega o 2003 e Dn Manuel Fraga dí que os colexios que teñen bandeiras negras ou calquera sinal de protesta teñen que retiralas. Nada se pode ver dende o exterior.

Os rapaces dos institutos, indignados protestamos.

Hoxe moitas praias están limpas, pero os fondos mariños seguen como antes e a columna de auga está contaminada por hidrocarburos.

Creo que é o momento de darlle as gracias os voluntarios que puideron co fuel das praias, pero tamen é o momento de non esquecer a catátrofe, que desgraciamente nos acompañará cos seus efectos durante moitos anos.

Así que nós hoxe non esquecemos e seguimos berrando ¡Nunca Máis!

Jesús Rodríguez Dorio  1ºESO - C.P.I. Jose García García. Mende, Ourense.

Maldito Petroleiro

 

O trece de novembro de 2002, un barco petroleiro chamado Prestige afundíu nas nosas costas. Manchounas cunha gran masa negra. O petroleiro fixo morrer milleiros de peixiños, mariscos e ós corazóns das xentes galegas que se sentiron tristes ante tal desgracia. Isto xa ocorrera máis veces na nosa terra, pero ese trece de novembro quedará grabado na memoria de tódolos galegos e galegas e pasará á historia por ser o día en que os galegos berramos ¡Nunca Máis!

Os mariñeiros, mariscadores e vendedores de peixe quedaron no paro e tiveron que porse a limpar esperando co tempo volver traballar no deles.

Máis tarde chegou o Nadal que moitos de nós non puidemos disfrutar de cheo, pois as galletas de chapapote seguían chegando ás nosas costas.

Milleiros e milleiros de voluntarios de tódalas partes do mundo nos viñeron axudar a limpar as nosas costas, por iso debemos hoxe darlle as gracias, porque sen eles as nosas praias aínda estarían ateigadas de manchas negras.

Os voluntarios pasaron días na nosa terra e as nosas xentes déronlles de comer, durmiron en pavillóns, e día tras día regresaban ás praias, porque o chapapote desfacía pola noite o feito durante o día.

Golfiños, peixes, gaivotas e distintas aves aparecían mortos nas nosas praias. Todos lembramos a ese home que vivía fronte o mar e morreu contaminado pola dor, por ver é seu arredor aquela mancha negra que a todos lles ía facer mal.

Estabamos a falar das costas galegas, pero o Prestige tamén verquíu o seu fuel en Asturias, costa cantábrica, Francia , Portugal...

Cada día, cada hora, cada minuto, cada segundo esta marea negra medraba e aínda agora contínua a súa viaxe no noso corazón.

Nós, os estudiantes colaboramos ó noso xeito, e voluntariamente viaxamos a Muxía para facer unha gran cadea humana na que nós quixemos darlle todo o noso apoio os rapaces e xentes da costa.

Eu estiven alí, e foi unha sensación incrible estar alí con tódolos rapaces de Galicia facendo aquela enorme cadea humana. Foi marabilloso, pero a súa vez tremendamente triste ver aquelas manchas de fuel na area e ver aqueles homes e mulleres vestidos de branco. Xa pola tarde moita xente estaba sen comer por limpar aquel verquido que o petroleiro nos deixou.

Eu son do interior, pero aínda que non viva na costa, doeume moito que un maldito petroleiro nos deixara sen unha soa praia limpa.

Seica agora están a investigar como valeirar todo o fuel do Prestige, pero ata a primavera non van comezar a facelo. A xente ten medo de que os alimentos do mar estean contaminados, pois acábanse de rexistrar hidrocarburos na auga das nosas rías.

Pero nós seguiremos loitando como o fixemos ata o de agora para que nada desto poida volver a pasarnos ós galegos e galegas.

Gustariame que dentro dalgúns anos, cando outros rapaces teñan a nosa idade, non sufran como sufriron os rapaces da costa, nin que volvan ver o mar como o vimos nós. E para elo non esqueceremos NUNCA MÁIS.

 

Teresa Gómez Azzariti  2ºA   C.P.I. Jose García García. Mende Ourense

 

 

subir


Volver á sección "Aulas para non esquecer"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora de Ensino Areanegra correo@areanegra.net, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net