Coordenadora de Ensino

AULAS PARA NON ESQUECER

índice

Xustificación

PROPOSTA

obradoiros

adhesións

imaxes

textos

Prensa

Mani 16N 2003

TEXTOS I ANIVERSARIO DO PRESTIGE

Envíanos os manifestos, redaccións, poesías, cancións, ... dos teus alumnos e alumnas a correo@areanegra.net . Publicarémolos nesta sección.

Clica no que queiras ler:

Instruccións para o envío

Relación de textos en formato doc (para imprimir)

I.E.S. Agra de Leborís, Laracha, A Coruña

I.E.S. de Ames, Ames, A Coruña

I.E.S. Aquis Celenis, Caldas de Reis, Pontevedra

I.E.S. Auga da Laxe, Gondomar, Pontevedra

I.E.S. de Celanova, Celanova, Ourense.

IES de Curtis, Curtis, A Coruña

I.E.S. Eduardo Pondal, Santiago de Compostela, A Coruña

CEIP "Humberto Juanes", Nigrán, Pontevedra  

C.P.I. Jose García García. Mende, Ourense.

I.E.S. Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense

I.E.S. Marco do Camballón, Vila de Cruces, Pontevedra

C.P.I. de Mondariz, Mondariz, Pontevedra

CEIP Os Muíños, Muxía, A Coruña

IES Pedra da Auga, Ponteareas, Pontevedra.

I.E.S. Praia de Barraña, Boiro, A Coruña

IES Primeiro de Marzo, Baiona, Pontevedra.

IES Ramón Caamaño, Muxía, A Coruña

CEIP Ventín, Ames, A Coruña

OUTROS 

Se queres, podes escribir dende o seguinte formulario

 

 

Un xurado composto por profesores e profesoras de Area negra, e xente do mundo da cultura, elixirá entre tódolos textos enviados o que será lido na manifestación do 16 de novembro en Santiago de Compostela.

O texto será lido pola autora ou autor do mesmo. A lectura tamén a pode realizar un grupo de alumnos e alumnas.

Os gastos de desprazamento e dietas correrán a cargo de Area Negra, tanto para a alumna ou alumno, como para os titores acompañantes.

 

Instruccións para o envío:

 

- Cada centro enviará varios textos seleccionados, elixidos democraticamente polo profesorado e alumnado do centro. Enviade os vosos textos o antes posible, xa que o venres día 14 o xurado xa ten que ter a súa resolución, para que dea tempo a poñerse en contacto coa alumna ou alumno autor e a súa familia e organizar o acto de lectura na manifestación do día 16.

- Tamén podedes enviar o resto dos textos non seleccionados para publicalos nesta web. Isto non é tan urxente. Podédelo facer nas semanas posteriores á actividade.

- Os textos de educación secundaria teñen que estar en formato doc, e deben estar escritos en galego. Os textos de educación primaria poden enviarse escaneados en formato jpg, para que se vexa a letra e debuxos que fagan os/as autores.

- O nome do documento non debe levar espacios en branco, til, ñ, ou caracteres incompatibles. E debe especificar o nome do centro. Pódense substituír os espacios en branco por guión baixo ( _ ) e a letra ñ por nh.

Por exemplo: texto de 3ºA do IES Tatañá

ben:     iestatanha_3a.doc 

mal:     3ºA IES Tatañá.doc

- Na mensaxe na que se envíen os textos deben especificarse os seguintes datos:

- Nome do centro, Concello e Provincia.

- Persoa do centro,  teléfono de contacto e correo electrónico. (Esta persoa porase en contacto co alumno ou alumna e a súa familia no caso de que o texto sexa o seleccionado para ler na manifestación do día 16)

- Información sobre cales son os textos seleccionados.

- Nome da autora ou autor de cada texto.

- Os textos enviaranse como arquivos adxuntos ao correo de Area Negra correo@areanegra.net , indicando no asunto "textos 13N".

- Se son moitos os textos que nos ides enviar, é preferible facelo en varias mensaxes diferentes.

- - Gracias - -

 

 

subir


Volver á sección "Aulas para non esquecer"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora de Ensino Areanegra correo@areanegra.net, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net