Coordenadora de Ensino

AULAS PARA NON ESQUECER

índice

Xustificación

PROPOSTA

obradoiros

adhesións

imaxes

textos

Prensa

Mani 16N 2003

TEXTOS I ANIVERSARIO DO PRESTIGE

Envíanos os manifestos, redaccións, poesías, cancións, ... dos teus alumnos e alumnas a correo@areanegra.net . Publicarémolos nesta sección.

Clica no que queiras ler:

Instruccións para o envío

Relación de textos en formato doc (para imprimir)

I.E.S. Agra de Leborís, Laracha, A Coruña

I.E.S. de Ames, Ames, A Coruña

I.E.S. Aquis Celenis, Caldas de Reis, Pontevedra

I.E.S. Auga da Laxe, Gondomar, Pontevedra

I.E.S. de Celanova, Celanova, Ourense.

IES de Curtis, Curtis, A Coruña

I.E.S. Eduardo Pondal, Santiago de Compostela, A Coruña

CEIP "Humberto Juanes", Nigrán, Pontevedra  

C.P.I. Jose García García. Mende, Ourense.

I.E.S. Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense

I.E.S. Marco do Camballón, Vila de Cruces, Pontevedra

C.P.I. de Mondariz, Mondariz, Pontevedra

CEIP Os Muíños, Muxía, A Coruña

IES Pedra da Auga, Ponteareas, Pontevedra.

I.E.S. Praia de Barraña, Boiro, A Coruña

IES Primeiro de Marzo, Baiona, Pontevedra.

IES Ramón Caamaño, Muxía, A Coruña

CEIP Ventín, Ames, A Coruña

OUTROS 

Se queres, podes escribir dende o seguinte formulario

 

 

Hai xa un ano unha negra sombra asolou as nosas costas. Non era aquela á que lle cantaba Rosalía, pero ben podería selo, xa que esta tampouco nos abandonará nunca, pois xa forma parte de todos e cada un de nós. Pero non, non era a de Rosalía, senón que esta levaba nome estranxeiro, "Prestige", nome bastante irónico vendo o que veu logo.

A reacción foi inmediata. A xente saíu ó mar a para-la morte que nos asolaba. Non tiñan medios, pero tiñan as súas mans, forza na alma e moito valor no peito. Logo chegaron os voluntarios, a marea branca fronte á negra. E mentres todo isto ocorría, os que están arriba pensaban como "escaquearse" das responsabilidades.

Paralelo pero unido a todo isto xurdeu a plataforma cidadá Nunca Máis. E Nunca Máis somos todos e cada un de nós, cada persoa que sinteu dor, rabia ou impotencia ó ver ocorrer isto outra vez, cada persoa que non quixo ver de novo a súa terra asoballada. Nunca Máis atópase en nós, está no aire, nas conversas da xente, nas cunchas e a area da praia. Atópase en cada pancarta colgada nunha ventana ou balcón, en cada pegatina nun coche ou en cada pin nunha lapela. En cada persoa que sabe e sinte respecto de todo isto e non ten medo para mostralo. Ata ten o seu recuncho na rede, nunha "lareira virtual" moi especial para aqueles que a coñecemos. En definitiva, Nunca Máis é resposta, é dignidade. Nunca Máis é o berro do pobo.

Hoxe estamos aquí para lembrar o que pasou. Estamos aquí para non esquecer. Porque o esquecemento é o cancro deste mundo. Moitos esqueceron as máxicas lendas de mouros e sereas, esqueceron a súa terra, as súas raíces, e deixáronse levar, pasando pola vida sen vivila. Nós non, nós estamos aquí para loitar pola dignidade e o non-esquecemento.

Hainos que din que xa pasou todo, pero as cifras actuais din que segue a chegar unha media de 12 toneladas diarias de chapapote ás nosas costas. ¿É isto algo que debemos ignorar? ¿Ata cando? Prometen solucións pero só dan largas,e mentres 12 toneladas diarias chegan ás nosas costas.

Haberá moitos que digan que somos poucos, que xa nos esqueceron, que só somos cans que ladran o seu rancor polas esquinas. Pero nós sabemos que non, nós sabemos que non somos só estes que nos atopamos aquí, senón que hai máis, moitos máis. Nós somos a xuventude, somos o futuro. Pero non só o futuro, senón tamén o presente, aínda que haxa moitos que só vexan en nós nenos inxenuos. Somos o presente e o futuro. E agora estamos aquí, todos xuntos, loitando. E todos xuntos berraremos

NUNCA MÁIS!!!!!

 

María Pereira Uzal, 1º Bach. - IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela)

 

 

subir


Volver á sección "Aulas para non esquecer"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora de Ensino Areanegra correo@areanegra.net, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net