Coordenadora de Ensino

AULAS PARA NON ESQUECER

índice

Xustificación

PROPOSTA

obradoiros

adhesións

imaxes

textos

Prensa

Mani 16N 2003

TEXTOS I ANIVERSARIO DO PRESTIGE

Envíanos os manifestos, redaccións, poesías, cancións, ... dos teus alumnos e alumnas a correo@areanegra.net . Publicarémolos nesta sección.

Clica no que queiras ler:

Instruccións para o envío

Relación de textos en formato doc (para imprimir)

I.E.S. Agra de Leborís, Laracha, A Coruña

I.E.S. de Ames, Ames, A Coruña

I.E.S. Aquis Celenis, Caldas de Reis, Pontevedra

I.E.S. Auga da Laxe, Gondomar, Pontevedra

I.E.S. de Celanova, Celanova, Ourense.

IES de Curtis, Curtis, A Coruña

I.E.S. Eduardo Pondal, Santiago de Compostela, A Coruña

CEIP "Humberto Juanes", Nigrán, Pontevedra  

C.P.I. Jose García García. Mende, Ourense.

I.E.S. Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense

I.E.S. Marco do Camballón, Vila de Cruces, Pontevedra

C.P.I. de Mondariz, Mondariz, Pontevedra

CEIP Os Muíños, Muxía, A Coruña

IES Pedra da Auga, Ponteareas, Pontevedra.

I.E.S. Praia de Barraña, Boiro, A Coruña

IES Primeiro de Marzo, Baiona, Pontevedra.

IES Ramón Caamaño, Muxía, A Coruña

CEIP Ventín, Ames, A Coruña

OUTROS 

Se queres, podes escribir dende o seguinte formulario

 

 

MANIFESTO DE 4º ESO (Diversificación)

Fai doce meses Galicia veuse abaixo. As nosas costas derramaron bágoas de dor, bágoas negras ante a impotencia que sentimos como pobo. Outro máis: primeiro o Casón, despois o Mar Egeo e, fai xa un ano o Prestige. Nós denunciamos esta situación. ¿Onde está a solución?

As consecuencias da catastrofe chegan ata os nosos días: xente sen traballo, peixe contaminado, importantes perdas económicas e todo o pobo defraudado.

Unha marea branca de solidariedade achegouse a Galicia a limpar as nosas costas tingidas de loito.

Moi distinta foi a actitude dos políticos, totalmente criticable; pero non foi a deste goberno só, que quixo esconder o grande problema que se aveciñaba, senón tamén de todos os outros gobernos do mundo que non tomaron medidas que impedisen estas desgracias.

Esiximos que unha catastrofe desta magnitude non volva a ocorrer; que non nos manchen as nosas costas, que non perigue o traballo da xente e que a contaminación non destrague as nosas vidas.

Reclamamos medidas de seguridade dende o goberno, barcos anti-contaminación, lexislación que prohiba os buques monocasco, gobernantes máis cualificados para enfrontarse a esta traxedia, etc.

Pero Galicia non é só o Prestige, Galicia ten outros problemas que non por esquecidos son menos importantes ¡lembremos as vacas tolas! ¿onde está a solidariedade cos gandeiros? ¿onde van as axudas? ¿onde están os responsables?

Galicia desangrase entre o mar e a terra, e os gobernantes son solucións que achegar ós milleiros de galegos que viven da riqueza do noso país.

¡Loitemos pola nosa terra!

 

4º ESO (Diversificación) - IES de Curtis, Curtis, A Coruña

ROMANCE DO “DESPRESTIGE”

 

Do día 13 de novembro

habémonos de acordar

preto da costa galega

a traxedia volveu saltar.

 

Un petroleiro caduco

os mares sulcaba

e aló polo medio día

un S.O.S. lanzaba

 

Eu escoitara pola radio

que o barco vertía cru

e pensei para min mesma:

“tamén desta imos de cu”.

 

Había 15 anos xa houbera

o problema co Casón

había uns poucos meses

fora na terra, no mar non

as vacas tolas o carón.

 

Despois de días de dúbidas

ninguén daba solucións

as barreiras eran escasas

e non valían para nada.

 

Toda a costa está de loito

a morte chega de mouro

o pobo anoxado berra

NUNCA MÁIS a ese ouro.

 

A este pobo valeroso

xa non lle servía o perdón

e esixia, con dignidade,

do goberno demisión.

 

NUNCA MÁIS  

 

Rebeca González Montero, 1º Bacharelato C - IES de Curtis, Curtis, A Coruña

MAR GALEGO

 

Mar galego de fermosos ollos claros

canta poesía no teu ser, canto meigallo.

Hoxe choras con salouco desolado,

bágoas de cristal salgado.

 

Semellas ser vivo cheo de sentimentos

falas coa voz que berra nos ventos,

dasnos a vida e ás veces a morte,

inalterable a través dos tempos.

 

Océano de verdades, océano de saudade,

que hoxe choras con salouco negro

que non manchen o teu ser NUNCA MÁIS,

erguete forte co teu bruar fero.

 

E os culpables que paguen

as mortes dos seres inocentes;

estamos a berrar xustiza

polo traballo das nosas xentes.

 

Que se escoite a voz deste pobo,

que non nos han de asoballar,

porque  o noso mar e noso

e queda tanto por cambiar....

Sara Rodríguez Pérez ( 1º Bacharelato H) - IES de Curtis, Curtis, A Coruña

MANIFESTO 3º ESO (Diversificación)

 

As alumnas e alumnos de 3º D non queremos  que nos coacionen e nos prohiban expresar o que realmente sentimos. Por iso escribimos hoxe este manifesto.

¡Xa abonda¡ Hai un ano produciuse a maior catástrofe medio ambiental nas nosas costas e seguen sen tomarse as medidas adecuadas.

O goberno non adoptou as medidas preventivas necesarias. Esta é a séptima catástrofe que ocorre nas costas de Galicia dende hai 30 anos e aínda seguimos sen medidas suficientemente especializadas.

A obriga dos gobernos non é só dar cartos para que calemos, é protexer as nosas costas. ¿Onde están os buques anti-contaminación que nos prometeron?

Estamos fartas e fartos de que as televisións públicas nos enganen dicíndonos que xa está todo arranxado.

Se o fuel está no fondo mariño, ¿os peixes non se seguiran contaminando? Eses peixes comerémolos nós o que supón que antes ou despois van quedar restos tóxicos no noso organismo ¡todo está relacionado! A contaminación é unha cadea que nos perxudica a todas as persoas.

Non quermos ter nunca máis o mar de loito, queremos un mar azul, limpo e con vida.

 

NUNCA MÁIS

3º ESO (Diversificación) - IES de Curtis, Curtis, A Coruña

  Un ano despois, queremos conmemorar un feito tráxico que fixo nacer en nos unha infinidade de sentimentos: dor, frustración, rabia, impotencia, indignación e un sen fin deles máis. Queremos lembrar tamén a tantos pobos e a tantas persoas que nos mostraron a súa solidariedade da mellor maneira que podían facelo, axudando a limpar as nosas costas da maldición negra. A todas elas moitas gracias.

Sen embargo non é só iso o que queremos facer, neste acto reivindicativo tamén queremos recordarlles “os ignorantes, féridos, duros, imbéciles e oscuros que o fogar de Breogán xa despertou do seu soño e non da a esquecemento a inxuria nin o duro encono”. Que a pesar dos seus intentos de soborno e das súas chantaxes non olvidamos, e que por fin queremos 100% dignidade. A pesar de que pensen que xa pasou todo e nos queiran calar coas súas mentiras o noso obxectivo segue en pé. O Urquiola, o Polycommander, o Androspatria e o Pretige xa están aí pero o noso obxectivo é que isto non suceda

¡NUNCA MÁIS!

e que non oian na Galiza, en Madrid, e en todo o mundo. Berremos ben alto

¡NUNCA MÁIS!

 

Samuel Lata García (3º ESO C) - IES de Curtis, Curtis, A Coruña

MANIFESTO POLO PRESTIGE

Galicia é un pobo milenario que ó longo da súa historia conviviu en paz co seu medio natural, vivindo dos seus recursos naturais, da terra e do mar, e respectando as normas que a natureza nos impuxo. Nos últimos anos unha sociedade hostil co medio ambiente, vén impedindonos pescar nos caladeiros onde o estivemos a facer dende sempre. Polo contrario, obrigannos a converter a nosa plataforma continental nunha autoestrada de circulación de barcos cargados cos productos máis velenosos. Durante este tempo, dirixentes económicos e políticos de diferentes países están degradando os océanos ó utilizalos como fosas de residuos nucleares. As  nosas autoridades, ademais permiten que se desfaga a vida do noso mar ó consentir que os petroleiros circulen tan próximos á costa, lavando as súas sentinas e vertendo o petroleo sobrante ó mar acompañado de todos os seus residuos. Tanta contaminación nos mares está orixinando a  morte e desaparición de moitas especies, que non soamente son unha parte importante do sustracto alimentario da nosa sociedade, senón que está provocando a pérdida da biodiversidade, impedindo ademais o posible descubrimento de productos capaces de resolver moitas das nosas enfermidades. Nos últimos 25 anos fomos víctimas de moitos ataques contaminantes contra o noso mar e especialmente nuns cinco gravisimos incidentes: Urquiola (ría da Coruña e Sada), Polycommander (ría de Vigo), Casón (costa da Morte), mar Exeo (ría da Coruña) e agora o Prestige en todo o litoral. Mentres tanto a desídia (falta de acción) dos nosos dirixentes políticos, diante de tantos ataques ecolóxicos, está obrigando ós nosos mariñeiros a deixar a súa ocupación milenaria, reconverténdose a outros traballos, se os encontran, ou ata chegar a emigrar (na actualidade á construcción en Canarias ou á hostelería en Mallorca). Seguimos cumprindo a máxima “Galiza non protesta, nin chora, emigra”.

 

Blazej Snopko (1º Bacharelato A) - IES de Curtis, Curtis, A Coruña

 

 

subir


Volver á sección "Aulas para non esquecer"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora de ensino AreaNegra correo@areanegra.net, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net