|
TEXTOS
I ANIVERSARIO DO PRESTIGE
Envíanos
os manifestos, redaccións, poesías, cancións, ... dos teus
alumnos e alumnas a correo@areanegra.net
. Publicarémolos nesta sección.
|
|
|
Clica
no que
queiras ler:
|
|
Instruccións
para o envío
|
|
Relación
de textos en formato doc
(para imprimir)
|
|
I.E.S.
Agra de Leborís, Laracha, A Coruña
|
|
I.E.S.
de Ames, Ames, A Coruña
|
|
I.E.S.
Aquis Celenis, Caldas de Reis, Pontevedra
|
|
I.E.S.
Auga da Laxe, Gondomar, Pontevedra
|
|
I.E.S.
de Celanova, Celanova, Ourense.
|
|
IES
de Curtis, Curtis, A Coruña
|
|
I.E.S.
Eduardo Pondal, Santiago de Compostela, A
Coruña
|
|
CEIP
"Humberto Juanes", Nigrán,
Pontevedra
|
|
C.P.I.
Jose García García. Mende, Ourense.
|
|
I.E.S.
Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense
|
|
I.E.S.
Marco do Camballón, Vila de Cruces, Pontevedra
|
|
C.P.I.
de Mondariz, Mondariz, Pontevedra
|
|
CEIP
Os Muíños, Muxía, A Coruña |
|
IES
Pedra da Auga, Ponteareas, Pontevedra.
|
|
I.E.S.
Praia de Barraña, Boiro, A Coruña
|
|
IES
Primeiro de Marzo, Baiona, Pontevedra.
|
|
IES
Ramón Caamaño, Muxía, A Coruña
|
|
CEIP
Ventín, Ames, A Coruña
|
|
OUTROS
Se queres, podes escribir dende
o seguinte formulario |
|
|
!
E N P
É !
Manifesto
!Galegos
todos, en pé!
Rebelémonos
contra o goberno traidor e incompetente. Nós démoslle-lo
poder nas urnas e el quitounos o peixe da boca. Sublevación,
compatriotas, cara un goberno que non soubo gobernar.
!Que
pouco se fixo por solucionalo
e canto por tapalo!
!Non
deixemos que nos enchan os ollos con entelequias irreais! O
problema persiste. Persiste o que nunca debeu chegar a ser.
¿Quen
sandará agora os ecosistemas destruídos? ¿Quen fará
desaparece-lo chapapote das nosas costas? ¿Quen lle devolverá
o traballo ós mariñeiros? Tranquilos, compatriotas, Galiza
curará co tempo. Pero, ¿quen nos levará da memoria
o recordo do asasinato da nosa ribeira? !Nunca, ninguén,
endexamais!
!Irmáns,
tomemos as pás e os caldeiros, que nos feriron a nosa terriña!
Galiza,
¿cantas veces has de ter que rexurdir? Precisas cambios. Nós
habémoschos de dar.
!Galegos
todos, en pé!
Chegou
o tempo de erguerse contra os nosos malfeitores.
!Hoxe,
coma nunca, NUNCA MÁIS!
Mª
Carmen Basalo Carbajales - IES de Celanova OURENSE
|
HOXE
Hoxe
deberiamos estar moi contentes. A nosa preocupación, a nosa
dignidade e a nosa loita cumpren o seu primeiro ano, pero non
o estamos, pois eses tres conceptos teñen un nome: Prestige.
Tamén
o goberno celebra o primeiro aniversario da súa incompetencia
co nome de Prestige.
Hai
tamén un ano que o mar sofre, que morre... Esa morte tan
sufrida ten un nome: Prestige.
¡Que
casualidade¡¿Que contrariedade? Todos cumpren o seu primeiro
ano. ¿Por que non o estamos celebrando?¿Por que todos se
chaman Prestige?
Uns
que morren na loita e outros que loitan para non morrer. Os
poucos que se salvan nin loitan, nin morren. ¿Por que? ¡Cantas
dúbidas! Pero todos sabemos...e eu non son quen as ten que
aclarar.
Iria
Méndez Míguez- -
IES de Celanova OURENSE
|
|
NON
ESTÁ NOS DICCIONARIOS
Se
existe algunha palabra que abranga todo o que o Prestige
supuxo para a nosa Historia, non está contida nos
diccionarios que eu teño na casa. É que á lingua non lle
interesa que termos coma ese teñan relación ningunha con
ela. O galego quere estar emparentado con palabras como asubío,
irmandade ou anduriña e séntese mal por ter que ver con
outras como chapapote, violencia, catástrofe ou armas de
destrucción masiva; e non só polo mal que soan, senón polo
que significan.
¿Que dicir das
causas e das consecuencias do verquido que non teñamos
escoitado ata fartar? E, sobre todo, ¿que podo dicir eu? A miña terra é
Celanova, un curruncho do interior da Galicia verde, rodeado
de soutos e carballeiras; para comprende-la dor pola terra
estragada, imaxino que me ergo un día e, ó saír ó balcón,
atopo que todo o que a natureza me mostra neste outono que
toca á súa fin nunha ampla gama de tonalidades verdes, ou
castañas ou marelas...é fagora negro. Creo que ata o ceo
tornaría noutra cor.
Xa
non teño máis que pensar no verde coma se fose un azul e
intenso e xa o entendo. Entendo que os voluntarios levaban as
máscaras para que non lles morrese a alma de tanta mágoa
como respiraban.
A
Costa da Morte enfermou o 13 de novembro. Hoxe o mar vive. Ó
mellor esqueceuse de todo, pero non de que gracias á
solidariedade volveu nacer. Sei que mo contará cando visite. Por sorte, seguirá
obsequiándome coa súa fermosura, seguirei desfrutando co
romper das ondas contra as rochas e desa brisa que me obriga a
poñer un xersei no mes de xullo. Os mariñeiros volven ver un
océano de posibilidades ante os seus ollos. Os estranxeiros
continuarán a desfrutar coa súa imaxe do paraíso.
Todo
isto un ano despois da traxedia. Un ano no que todos fomos
testemuñas de centos de mostras de cariño chegadas de tódolos
puntos, non só de España, tamén do estranxeiro. Un ano no
que certas chapiñas decoraron as nosas roupas. Un ano no que
unha frase cobrou importancia. Un ano no que o pobo, como o
mar, quixo sentirse vivo. Un ano no que se uniu a voz de
milleiros de individuos anónimos que xuntos tiveron a
oportunidade de seren oídos. Un ano no que todos sentimos que
perdiamos unha cor na paleta viva que identifica ó pobo
galego. Un ano no que nos decatamos de canto chegariamos a
estrañala se morrese. Un ano no que o mar renaceu.
Nuncha
máis quere dicir ningunha outra vez. ¿Cantas veces na nsa
vida teremos pronunciado estas dúas palabras? Seguro que
centos. Pero impresas sobre unha bandeira de Galicia co fondo
negro, toman outro sentido. Reivindican a impotencia do mar
que o único pecado que comete é o de estar aí. Semella un
ser indefenso ante a maldade do home.
Unha
grande parte da nosa historia ten forma de gamela de mariñeiro
tentando gaña-la vida, de trasatlántico que leva a un novo
mundo, de batea criando mexilóns que resultan estalactitas,
de centos de embarcacións que, a simple vista, non pintan
nada, pero imprescindibles para a nosa paixaxe. O mar separou
familias en busca dunha vida mellor, en busca de pan para
poder comer. Agora os emigrantes voltan. Preparémoslles,
pois, unha benvida na que o mar, limpo como estaba cando eles
marcharon, sexa o protagonistas.
Que
o Prestige sexa, logo, para “sempre xamais”, como di
Curros, “un cadavre n’o fondo do mar”.
Carolina
Aldara Piñeiro Raba -
IES de Celanova OURENSE
|
|
|