|
Todas
somos afectadas, todos sufrimos a marea e aínda que
as nosas familias non teñan traballos relacionados
co mar, aínda que non sexamos mariscadoras ou mariñeiros,
amamos tanto ou máis o mar que persoas con eses
traballos.
Sei,
que non toda, pero algunha xente á que lle deron
axudas saía da casa dicindo que xa podían vir
vinte Prestige máis que non lles importaría. Pero
a nós si que nos importa por iso nos unimos ó
berro de "NUNCA MÁIS" para que isto non
volva pasar.
Para
non vivir co medo de volver a ver as nosas costas
cheas de fuel, por iso estamos hoxe aquí, para poñer
fin a esta inxustiza;
Para
berrar en nome do mar e das rochas que non tiveron
culpa de nada.
Para
berrar en nome dos delfíns e peixes que como os
nosos antergos tiveron que emigrar a augas máis
limpas.
Para
berrar en nome de todos os animais mariños, ós que
defendemos porque aínda que non queiramos forman
parte de nós, pois eles tamén son habitantes da
nosa patria, eles coma nós dan gracias o
voluntariado que nos axudou.
Na
nosa educación entra moito este tema, por iso cando
imos á escola dinnos que a dignidade vale máis que
todos os millóns do mundo, que rectificar e pedir
perdón cando nos equivocamos é o que nos fai
persoas.
Como
di unha profecía india:
"só
despois de que a derradeira árbore sexa cortada,
só
despois de que o derradeiro río sexa envelenado,
só
despois de que o derradeiro peixe sexa apreixado.
Só
entón saberás que o diñeiro non se pode
comer"
E
pregúntolle ós políticos "¿E nós qué? Se
eu quero ser mariscadora ¿poderei? ¿terei algo que
mariscar? Para que isto poida ser realidade, hoxe berremos
¡NUNCA MÁIS!
CELTIA
SAR RAÑÓ
- 6º
PRIMARIA CEIP OS MUIÑOS-MUXÍA.
|