Coordenadora de Ensino

AULAS PARA NON ESQUECER

índice

Xustificación

PROPOSTA

obradoiros

adhesións

imaxes

textos

Prensa

Mani 16N 2003

TEXTOS I ANIVERSARIO DO PRESTIGE

Envíanos os manifestos, redaccións, poesías, cancións, ... dos teus alumnos e alumnas a correo@areanegra.net . Publicarémolos nesta sección.

Clica no que queiras ler:

Instruccións para o envío

Relación de textos en formato doc (para imprimir)

I.E.S. Agra de Leborís, Laracha, A Coruña

I.E.S. de Ames, Ames, A Coruña

I.E.S. Aquis Celenis, Caldas de Reis, Pontevedra

I.E.S. Auga da Laxe, Gondomar, Pontevedra

I.E.S. de Celanova, Celanova, Ourense.

IES de Curtis, Curtis, A Coruña

I.E.S. Eduardo Pondal, Santiago de Compostela, A Coruña

CEIP "Humberto Juanes", Nigrán, Pontevedra  

C.P.I. Jose García García. Mende, Ourense.

I.E.S. Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense

I.E.S. Marco do Camballón, Vila de Cruces, Pontevedra

C.P.I. de Mondariz, Mondariz, Pontevedra

CEIP Os Muíños, Muxía, A Coruña

IES Pedra da Auga, Ponteareas, Pontevedra.

I.E.S. Praia de Barraña, Boiro, A Coruña

IES Primeiro de Marzo, Baiona, Pontevedra.

IES Ramón Caamaño, Muxía, A Coruña

CEIP Ventín, Ames, A Coruña

OUTROS 

Se queres, podes escribir dende o seguinte formulario

 

 

O MAR ESTÁ TRISTE

O MAR ESTÁ NEGRO

POLA CULPA DUN PETROLEIRO

Os alumnos e alumnas de 1ºA pedimos ós que mandan:

·        Que busquen outro medio de transporte para as mercadorías perigosas

·        Non máis desgracias e traxedias ecolóxicas

·        Que escoiten ós cidadáns

·        Queremos o mar limpo

·        Non máis vertidos no mar

·        Non queremos que os voluntarios sufran limpando as nosas costas

·        Non queremos os mariñeiros sen traballo

·        Que haxa menos contaminación porque a todos nos perxudica

 

¡¡NUNCA MÁIS!!

 

Alumnos e alumnas de 1º ESO A - IES Primeiro de Marzo - Baiona

Hoxe celebramos o primeiro aniversario do afundimento do Prestige fronte as nosas costas. Por mor disto moitas familias mariñeiras quedaron sen traballo. Morreron moitos animais por culpa da substancia tóxica que verteu. Unha das costas máis afectadas foi a Costa da Morte, alí fíxose unha cadea humana.

Pedimos, por todo elo, que as autoridades non permitan o transporte de mercadorías perigosas preto das costas nin que transporten en barcos monocascos.

O alumnado de 1ºB queremos ver as nosas costas limpas e coidadas por todos.

Alumnos e alumnas de 1ºESO B - IES Primeiro de Marzo - Baiona

O litoral galego e o do cantábrico, incluso o de Francia e Portugal, foron cubertos polo petróleo fai un ano, cando un petroleiro en mal estado afundiuse despois dunha semana de ser paseado en varias direccións fronte o litoral galego e portugués.

Agora o goberno asegura que todo está perfectamente e que a marea negra nunca existiu. Pero os mariñeiros encóntranse cada vez menos peixes e na Costa da Morte din que non haberá percebes polo menos nos próximos dez anos.

Son dúas visións diferentes e ámbalas dúas non poden ser certas. ¿Quen nos engana?

¡¡ NUNCA MÁIS !!

Raquel Miniño Barreiro. 3º C - IES Primeiro de Marzo - Baiona

TRISTE ANIVERSARIO

Hoxe é un día memorable e cheo de tristeza para a costa galega: xa fai un ano da catástrofe do Prestige e algúns o recordamos, e dicimos algúns, porque o goberno non se lembra de que as nosas costas aínda están afectadas pola contaminación.

Queremos agradecer a labor que realizaron tódolos voluntarios que axudaron a limpar.

Os nosos gobernantes laváronse as mans cando o barco se afundiu, e moitos políticos aproveitaron a situación para facer campaña tratándonos como unha sociedade manipulable, pero demostramos que somos capaces de saír dun problema tan grande sen a súa axuda, loitando por algo que non foi culpa nosa.

¡perdoamos pero non esquecemos!

Esperamos que se empecen a tomar medidas para que isto non volva a pasar

¡NUNCA MÁIS!

 Alumnos e alumnas de 3º PDC - IES Primeiro de Marzo - Baiona

Aínda a día de hoxe ninguén se esqueceu non se esquecerá do petroleiro que se afundiu nas nosas costas.

Foi unha gran traxedia para toda Galicia, moitas familias quedaron en paro e pasámolo moi mal.

Nós queremos manifestarnos, non para recorda-la traxedia, senón para que se saiba que nos importa a terra e os nosos dereitos.

Todos manifestamos a nosa raiba e a nosa dor, pero o goberno non quería que o resto de España o soubese, e restrinxíronnos a liberdade de expresión.

Menos mal que neste país é unha democracia, porque se non o chega a ser non nos deixarían nin ir limpa-las costas, as que, por certo, segue a chegar fuel aínda que as televisións non o digan.

Non só se encheu a costa de Galicia, senón tamén as de Portugal, o cantábrico e as de Francia. ¡E logo loitan polo petróleo!

Como aínda non podemos expresar a nosa opinión sobre o goberno, temos que ser inxenuos e dicir, como eles din, que non foi unha catástrofe, e se cabe teremos que aplaudirlle polo ben que pasean ós barcos cando están a piques de afundir.

Sen nada máis ós únicos que podemos darlles as gracias é ós voluntarios que viñeron de todas partes para limpalas nosas costas, xa que o goberno fixo outra cousa mal: non acepta-la axuda que nos daban ó principio.

Despedímonos ca memorable frase: ¡¡NUNCA MÁIS!!

Alumnos e alumnas de 4º ESO A- IES Primeiro de Marzo - Baiona

** CANCIÓN NUNCA MÁIS **

 

O 13 de novembro, afundiuse

un petroleiro, na costa galega, manchou

todo de negro

 

Nunca, Nunca, Nunca Máis, Nunca Máis. (Bis)

 

As gaivotas negras, os peixes mareados,

Temos que comer langostinos conxelados.

 

Nunca, Nunca, Nunca Máis, Nunca Máis. (Bis)

 

O Prestige afundido aínda é un perigo,

Verte sempre fuel e chega outra vez.

 

Nunca, Nunca, Nunca Máis, Nunca Máis. (Bis)

 

Sómo-lo futuro da nosa xeración,

Por iso rebelámonos con esta canción.

 

Nunca, Nunca, Nunca Máis, Nunca Máis. (Bis)

 

Revolución!

 

Desexamos que isto non volva a pasar,

Por iso despedímonos con este gran final.

 

Nunca, Nunca, Nunca Máis, Nunca Máis.

Nunca, Nunca, Nunca Máis, Nunca Máis.

Nunca, Nunca, Nunca Máis, Nunca Máis.

 

Alumnos e alumnas de 4º ESO B - IES Primeiro de Marzo - Baiona

Aquí e agora, non só celebramos o cabodano dun desastre ecolóxico, senón un recordo que mancha os nosos corazóns, que fai brotar bágoas de negrura, ao lembrar o caos que provocou este suceso nas nosas vidas; a morte dos seres vivos; a loita dos mariñeiros contra a marea negra; a contaminación do litoral; a impotencia e indignación da xente; o engano das autoridades; a falta de medios; a incompetencia dos políticos, que, gracias a eles, se fixo posible que houbese chapapote para todos.

 

AÍNDA PENSAMOS EN NEGRO, PORQUE

TODO

SEGUE IGUAL

  • Os buques seguen pasando á mesma distancia da costa

  • A lexislación europea non se modificou

  • Continúan os inoperantes remolcadores en servicio

  • A mesma carencia de medios técnicos

  • Políticos que presumen de ter feito o mellor

  • Etc.,etc., etc.

CONVÉN RECORDAR

PARA EVITAR QUE A HISTORIA SE REPITA

 

Alumnos e alumnas de 4ºPDC - IES Primeiro de Marzo - Baiona

Manifesto de 1º Bacharelato A

 

Cada vez que vexo o mar, inda lembro cando a Galicia se lle rompía o seu fráxil corazón en mil anacos, cando ás costas galegas chegou un barco chamado Prestige, e comezou a verter ouro negro.

A xente galega tiña medo polas nosas costas, temía, porque xa non fora a primeira vez que acontecía algo disto, inda recordo o pobo galego o cal se lle unía o pobo español, ó cal lle estamos moi agradecidos, porque gracias ó seu sentimento de solidariedade, intentaron axudarnos a limpar as costas galegas.

Lembro os vellos, como lles caían as bágoas polas meixelas, cando observaban como a súa doce Galicia quedaba asolagada polo ouro negro.

É realmente incomprensible, como un país con tanta costa como ten España, non teña as medidas adecuadas para previr estes accidentes.

É vergonzoso, como despois de que ocorreran tantos accidentes de petroleiros nas costas galegas, inda non se teñan medidas adecuadas para evitalos.

Pero, o que verdadeiramente nos dá pena é o goberno, que en vez de atallar o problema canto antes, non, ao que se adicaron foi a pasarlle o problema a outros países.

O único que realmente pide o pobo galego é:

¡NUNCA MÁIS!

Alumnos e alumnas de 1º Bacharelato A - IES Primeiro de Marzo - Baiona

TEOREMA DO PRESTIGE

Se unimos un goberno que tende á incompetencia máis unha nación resignada á manipulación capitalista, obtemos un chapaputeo de hipocrisía, enganos e mentiras.

 MANIFESTO 2º BACHARELATO A

Despois dun ano, as mans dos nosos mariñeiros e as nosas costas seguen cheirando e chorando chapapote. Segue nas nosas mentes, as mentes de tódolos galegos, eses duros, negros e escuros recordos. Tamén recordamos a esa marea branca de voluntarios que deixaron o seu suor e a súa pel gravada nas rochas ao longo de toda a costa afectada.

Hoxe fanse 365 días da catástrofe que comezou coa agonía de todo un pobo. Compañeiros!, esperamos máis avances na loita contra os efectos do Prestige, o noso pobo ten que permanecer unido, porque un pobo unido xamais será vencido.

Con esta catástrofe tapada por incompetentes políticos demostrouse que o acontecido foi unha grave falta de organización, de recursos, medios, e de amor propio polo pobo.

Compañeiros!, reclamamos, mellor dito, esiximos cambios para que noutra ocasión non haxa que lamentar unha catástrofe de tal magnitude, porque a tódolos galegos deberíanos ferver o sangue ó escoitar as incompetencias políticas cando eles non o sufriron na súa propia carne. A sociedade actual segue sometida a unha celda de castigo. A dictadura xa rematou pero, en xeral, a poboación non espabilou.

Con este manifesto pretendemos que tódolos galegos e galegas comecen a utilizar o sentido común, aínda que sexa o menos común dos sentidos. Témonos que dar de conta que por moito que os medios de comunicación e o monigote da Moncloa digan que gañamos a batalla contra o Prestige, temos que ter presente que isto é coma un iceberg, o peor está baixo a superficie.

Esta falta de sinceridade por parte dos políticos denota que non aprendemos dos erros e, se seguen no poder é porque nós o permitimos.

Esiximos un cambio, un cambio a partir do cal poidamos vivir e convivir como persoas liberadas de posibles catástrofes que, coma o Prestige, alteraron o noso medio ademais da nosa tranquilidade.

Temos que aprender dos erros pero ¿a qué prezo?

Berrade irmáns! Berrade contra a hipocrisía dos nosos políticos!

 

“NUNCA MÁIS”

Alumnos e alumnas de 2º Bacharelato A - IES Primeiro de Marzo - Baiona

 

 

subir


Volver á sección "Aulas para non esquecer"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora de Ensino Areanegra correo@areanegra.net, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net