Coordenadora de Ensino

AULAS PARA NON ESQUECER

índice

Xustificación

PROPOSTA

obradoiros

adhesións

imaxes

textos

Prensa

Mani 16N 2003

TEXTOS I ANIVERSARIO DO PRESTIGE

Envíanos os manifestos, redaccións, poesías, cancións, ... dos teus alumnos e alumnas a correo@areanegra.net . Publicarémolos nesta sección.

Clica no que queiras ler:

Instruccións para o envío

Relación de textos en formato doc (para imprimir)

I.E.S. Agra de Leborís, Laracha, A Coruña

I.E.S. de Ames, Ames, A Coruña

I.E.S. Aquis Celenis, Caldas de Reis, Pontevedra

I.E.S. Auga da Laxe, Gondomar, Pontevedra

I.E.S. de Celanova, Celanova, Ourense.

IES de Curtis, Curtis, A Coruña

I.E.S. Eduardo Pondal, Santiago de Compostela, A Coruña

CEIP "Humberto Juanes", Nigrán, Pontevedra  

C.P.I. Jose García García. Mende, Ourense.

I.E.S. Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense

I.E.S. Marco do Camballón, Vila de Cruces, Pontevedra

C.P.I. de Mondariz, Mondariz, Pontevedra

CEIP Os Muíños, Muxía, A Coruña

IES Pedra da Auga, Ponteareas, Pontevedra.

I.E.S. Praia de Barraña, Boiro, A Coruña

IES Primeiro de Marzo, Baiona, Pontevedra.

IES Ramón Caamaño, Muxía, A Coruña

CEIP Ventín, Ames, A Coruña

OUTROS 

Se queres, podes escribir dende o seguinte formulario

 

 

PRESTIGE

En novembro do ano pasado, un petroleiro chamado Prestige afundiu diante das nosas costas. Un voluntario ofreceuse para traer o barco cara á costa, para reparalo, cercar o petróleo e que non se expandise por toda Galiza e media Europa. Pero o goberno dixo que non e mandou o barco afastarse da costa todo o que puidese; e iso foi o peor porque finalmente afundiu diante das Illas Cíes, onde segue co petróleo dentro.

Cando o petróleo chegou ás primeiras praias, alí foron Greenpeace e ADEGA e negáronlles o paso dicindo que xa o tiñan todo controlado.

Como tiñan controlados moitos medios de comunicación e todas as cadeas de televisión menos Tele5 (que fixo un gran labor, como en todas as outras catástrofes do goberno), non me enterei moito do que pasaba ata un pouco máis tarde. Sei que moitas praias se viron afectadas, todas as rías, todas as rochas, todos os recunchos onde se puido meter, e iso inclúe tamén os nosos corazóns. Por iso, berremos ben alto, berremos ben forte, que nos escoiten en Madrid, berremos: NUNCA MÁIS.

Tamén sei que moitos políticos que se achegaron a Galiza nin se asomaron polas praias. Non nos fixeron caso. Se eu fose político, collía unha pa e un traxe e poñíame a limpar o chapapote, para achegarme á xente. Fagámolos caer do seu pedestal. Berremos ben alto, berremos ben forte, berremos: NUNCA MÁIS.

Este verán fun a unha praia e seguía con chapapote, e como esa moitas outras. Por iso, esixamos o gabinete de danos ecolóxicos en Galiza, para que se isto volve pasar, que estea controlado. Berremos ben alto, berremos ben forte, berremos: NUNCA MÁIS.

Que non nos pisoteen, que sexan eles o pobo feble, mandémoslles o chapapote a Madrid. Berremos ben alto, berremos ben forte, berremos: NUNCA MÁIS.

E eu pregúntome: todas as manifestacións, as concentracións e mesmo unha cadea humana que fixemos os estudiantes, ¿serviron para algo? Eu síntome baleiro, síntome indignado. Pero non por iso vou deixar de crer, non vou deixar de perder a esperanza, non vou deixar de berrar. ¿E vós?

 

Brais González García (4ª ESO-A) IES Auga da Laxe (Gondomar)

 

subir


Volver á sección "Aulas para non esquecer"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora de ensino Areanegra correo@areanegra.net, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net