Coordenadora de Ensino

AULAS PARA NON ESQUECER

índice

Xustificación

PROPOSTA

obradoiros

adhesións

imaxes

textos

Prensa

Mani 16N 2003

TEXTOS I ANIVERSARIO DO PRESTIGE

Envíanos os manifestos, redaccións, poesías, cancións, ... dos teus alumnos e alumnas a correo@areanegra.net . Publicarémolos nesta sección.

Clica no que queiras ler:

Instruccións para o envío

Relación de textos en formato doc (para imprimir)

I.E.S. Agra de Leborís, Laracha, A Coruña

I.E.S. de Ames, Ames, A Coruña

I.E.S. Aquis Celenis, Caldas de Reis, Pontevedra

I.E.S. Auga da Laxe, Gondomar, Pontevedra

I.E.S. de Celanova, Celanova, Ourense.

IES de Curtis, Curtis, A Coruña

I.E.S. Eduardo Pondal, Santiago de Compostela, A Coruña

CEIP "Humberto Juanes", Nigrán, Pontevedra  

C.P.I. Jose García García. Mende, Ourense.

I.E.S. Lagoa de Antela, Xinzo de Limia, Ourense

I.E.S. Marco do Camballón, Vila de Cruces, Pontevedra

C.P.I. de Mondariz, Mondariz, Pontevedra

CEIP Os Muíños, Muxía, A Coruña

IES Pedra da Auga, Ponteareas, Pontevedra.

I.E.S. Praia de Barraña, Boiro, A Coruña

IES Primeiro de Marzo, Baiona, Pontevedra.

IES Ramón Caamaño, Muxía, A Coruña

CEIP Ventín, Ames, A Coruña

OUTROS 

Se queres, podes escribir dende o seguinte formulario

 

 

A CATÁSTROFE DO PRESTIGE UN ANO DESPOIS

             O xoves día 13 de novembro de 2003 hai un ano que tivo lugar a catástrofe do Prestige. Unha catástrofe total  que aínda hoxe nos segue afectando. As nosas praias quedaron totalmente destrozadas pola contaminación, e non só as praias galegas, tamén as de Asturias, Cantabria, País Vasco, Francia e Portugal, nuha crise ecolóxica considerada das máis graves dos últimos anos.

            O noso fondo mariño viuse afectado polo chapapote acumulado, e o ecosistema aínda segue contaminado despois de 365 días. A xente perdeu momentaneamente os seus medios de vida e moitas das especies máis significativas da nosa fauna non conseguen recuperarse. Non falamos só dos percebes e dos mexillóns, nos que se basea parte da nosa economía, senón tamén do arao, as gaivotas e moitas outras especies que non pescamos nin  consumimos pero forman parte da cadea alimentaria mariña e, polo tanto, inflúen en moitas outras. Ademais esta perda de biodiversidade afecta á paisaxe das rías, da que vive case todo o sector turístico galego.

            Ante a magnitude do desastre miles de voluntarios achegáronse ás nosas costas para axudar na limpeza, chegaron non só de pobos e cidades españolas, senón tamén do estranxeiro, e enfrontáronse a unhas condicións pésimas de traballo e a unha falta de medios diante da que, para variar, ninguén se fixo responsable. A todos eles lles reiteramos a nosa gratitude.

            Un ano despois o Prestige segue soltando fuel e as praias aparecen manchadas con residuos procedentes do verquido, polo tanto continúa a mortandade da fauna e flora galegas, e falta moito para que as costas e os fondos mariños queden completamente limpos, algo que según os especialistas implicará décadas de descontaminación natural e artificial.

            Non podemos saber con certeza o que está a pasar actualmente por debaixo da superficie do océano, xa que hai xente que se adica a manipular e a ocultar información para enmascarar o alcance do desastre. Non podemos permitir que xente que se negou a asumir a súa responsabilidade nos siga manipulando nun constante lavado de cara de políticos ineficaces que enseguida afirmaron ter todo baixo control.

            Despois dun ano o Prestige segue no fondo do mar,as costas seguen contaminadas, a fauna e a flora non se recuperan e Galicia continúa a ser un vertedoiro de lixo. Os barcos monocasco ateigados de petróleo seguen navegando moi preto das nosas costas, continúa a precariedade de barreiras anticontaminación, a escaseza da pesca e os perigos dun mundo máis globalizado tamén nos perigos potenciais.

            Necesitamos políticas de prevención, unha información clara e non manipulada, e medios de transporte máis seguros para as cargas perigosas, porque seguimos pendentes de ter boa sorte diante dunha futura marea negra.

            Un ano despois cambiaron moi pouco as cousas, polo tanto pedimos ós responsables que actúen alí onde é necesario, e se deixen de presumir do limpas que están as nosas praias. Eles son os únicos que as ven tan limpas.

               Non o esqueceremos Nunca Máis.

 Comunidade educativa do IES Agra de Leborís (A Laracha)

 

 

subir


Volver á sección "Aulas para non esquecer"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora de ensino AreaNegra correo@areanegra.net, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net