|
Actividades
para o día 12 ou 13 de novembro
Descrición
da actividade:
-
Trátase dunha actividade transversal para realizar nas dúas
últimas horas da mañá do día 12 de novembro.
-
Convén que sexa aprobada polo claustro de profesores e
profesoras.

1-
Lectura de textos e manifestos.
-
Cada alumna e alumno elaborará un manifesto, redacción, ou
poesía sobre a catástrofe do Prestige, contra as mareas
negras, ou sobre a resposta social. (os textos pódense
elaborar antes da data sinalada. Isto formaría parte das
actividades programadas para a semana do Prestige)
-
Cada aula deberá escoller un manifesto entre todos, e elixirá
democraticamente un ou unha representante para lelo diante de todo o alumnado
despois de colgar o mural.
-
Na orde que o centro determine, @s representantes de cada aula
irán saíndo a ler o seu texto. Ó final, os alumnos e
alumnas elixirán o texto que desexen que sexa o que
represente ao centro de ensino.
-
Esta lectura pódese realizar no patio do centro, ou no salón
de actos, e pode ir acompañado de música, algunha
representación teatral, ou outras actividades.
-
Esta actividade levarase a cabo nas
últimas dúas horas lectivas do día 12 ou 13.
Un destes textos será lido na manifestación do 16 de
novembro en Santiago.
-
É necesario que enviedes CANTO ANTES a correo@areanegra.net
os textos escritos polos vosos alumnos e alumnas, indicando o
nome do centro, autora ou autor do escrito, e-mail e teléfono
de contacto (o do centro). (Máis información en "textos")
-
Un xurado composto por xente de Area Negra e do mundo da
cultura elixirán entre tódolos textos enviados o que será
lido na manifestación de Santiago.
-
O texto será lido pola alumna ou alumno autor do mesmo, que
pode ser de educación primaria ou secundaria. Compartirá
palco con Luís Tosar, Uxía, Suso de Toro, Xurxo Souto,
Miguel de Lira, Manuel Rivas...
-
Os gastos de desprazamento e dietas irían a cargo de Area Negra. Tanto
para a lectora ou lector, como para os pais ou titores
acompañantes.
-
¡ÁNIMO E A ESCRIBIR! No cabodano do Prestige, é a xuventude
galega a que ten a palabra.

2-
Gran Mural
-
Realización dun gran mural conmemorativo da catástrofe do
Prestige.
-
O mural realizarano os propios alumnos e alumnas do centro, e
nel o alumnado expresará a súa opinión, inquedanzas, ou
solucións sobre a marea negra que impregnou toda a costa
galega, cantábrica, francesa, e agora parece que tamén a
británica.
-
Poden facer os seus debuxos, deixar as súas mensaxes,
escribir as súas poesías, ...
-
Ao final da xornada deberase colgar dunha ou varias fiestras
do centro. É importante que este mural sexa colgado o día
12, para que o día 13 se poida ver durante toda a xornada.
Material
necesario:
-
Varios metros de papel de embalar
-
pinturas e pinceis, rotuladores, ceras, ...
|
Area
negra agradece aos centros de ensino que o día da actividade,
ou os días posteriores enviedes o seguinte material, que se
publicará nesta web:
-
Os textos escritos polo alumnado.
-
Fotografías das actividades.
-
Información sobre outras actividades realizadas.
Enviade
un correo con dita información a correo@areanegra.net
.
Gracias.
|
|