Coordenadora de Ensino

AULAS PARA NON ESQUECER

índice

Xustificación

PROPOSTA

obradoiros

adhesións

imaxes

textos

Prensa

Mani 16N 2003

 OUTROS OBRADOIROS E ACTIVIDADES

Area Negra propón como actividade principal para o aniversario da catástrofe do Prestige a elaboración dun gran mural conmemorativo e a lectura de textos redactados polos propios alumnos, traballando previamente con material bibliográfico ou multimedia. Esta proposta explícase pormenorizadamente no apartado de Proposta didáctica e organización.

Paralelamente a estas actividades, cada centro poderá realizar outras que crea conveniente. Estas son algunhas propostas.

Podes enviarnos as túas propostas e suxerencias. Pódelle servir de axuda a calquera outro centro que queira organizar outras actividades. Envía un correo a correo@areanegra.org indicando no asunto "actividades", e adxunta a información necesaria para o desarrollo da actividade que propós. Gracias. 

Lectura de manifestos

 de Nunca Máis

Ademais dos textos que redacten os vosos alumnos e alumnas, pódense ler outros manifestos e textos.

Na web de Nunca Máis podes atopar os manifestos que se leron nas distintas manifestacións convocadas pola plataforma.

Tamén podes ver o manifesto de Area Negra, escrito por unha alumna de bacharelato.

Na bibliografía do Prestige pódense atopar múltiples textos e poesías que se poden ler.

aulas abertas, aulas de liberdade

Na actividade "Aulas Abertas" organizada por Area Negra o curso pasado podes ver unha serie de obradoiros que che poden dar ideas para organizar no teu centro o aniversario do Prestige.  Visita esa sección.

Obras de teatro

Baixa a obra de teatro "Salvar ao Mar".

A acción ten lugar nunha pequena poza da costa de Fisterra. Os seus habitantes reciben unha noticia preocupante: un vello buque cargado de petróleo vai afundir.

Son imaxes en formato jpg, o texto orixinal escaneado:

Unha persoa anónima envíanos a obra pasada a formato doc., para poñela a disposición da xente. Gracias. Podes baixala clicando aquí: salvaraomar.doc 

E un material que nos enviaron, pero non coñecemos aos autores ou autoras da obra. Se alguén o sabe agradecemos que nos facilite estes datos para adxuntalos ao texto. Gracias.

- - - - - - - - - - - - - - - - 

Se tes algunha outra obra de teatro sobre a marea negra que se poida representar nas escolas e institutos, envíanola para publicala nesta sección. Gracias.

Música chapapoteada

En clase de música, ensaian e tocan as cancións do chapapote. Pódense intercalar estas cancións e a lectura de manifestos no acto principal da actividade. Envíanos as letras e a música das túas cancións anti-marea.

O mapamundi do chapapote. 

As mareas negras na historia. Un gran mapa do mundo con tódolos accidentes de petroleiros ocorridos na historia. Acompañao do noso lema "Nunca Máis" en tódolos idiomas. ¡vida para tódolos mares do mundo!

Constrúe o boneco de Area Negra

Unha alumna ou alumno de Galiza vai ler o seu texto na manifestación do día 16 en Santiago, ou tal vez sexas ti. Acude á manifestación cun boneco de Area Negra para animar ó teu compañeiro ou compañeira.

Busca un anaco de cartón duro. Pódelo conseguir pedindo no supermercado unha caixa baleira. Debuxa e recorta dous bonecos iguais. Píntaos de cores, e escribe na camiseta a mensaxe que queiras. (non utilices témperas, xa que se chove vaise escurrir toda a pintura) Colle dous paos e úneos en forma de cruz.  Ata e pega os dous bonecos, un por diante e outro por detrás. Leva ben alto o boneco cando a túa compañeira ou compañeiro estea a ler no palco. Sentirase apoiad@ e respaldad@.

 

Aportacións chegadas ao noso correo:

» No IES Eduardo Pondal de Santiago imos facer unha serie de actividades para recordar a data do Prestige. Mañá colocaremos un tendal na entrada do centro cunha indicación: Faltan 15 días, e así sucesivamente, este venres día 30 colocaremos unha cabaza ou calacú, como os que faciamos cando eramos pequenos, e nelas incluiremos algo relativo a Nunca máis. No tendal imos colocar en diferentes días unha exposición de cartaces das manifestacións, etcc.., do ano pasado, outro día colocaremos diferentes camisetas coa lenda nuca máis, outro dia colagaremos NUNCA MaIs en todos os idiomas que se nos ocorra, en cartolinas, o último dia encheremos o tendal de bandeiras de NUNCA MAIS. Tamén faremos un espantallo recheo de palla co traxe dos voluntarios, que será colocado moi limpo, xunto ao tendal, e o dia 13 mancharémolo de negro. Por outro lado, vamos pasar o video de Localia en diferentes aulas, e se se nos ocorre algo máis, irémolo facendo.
» Unha persoa anónima envíanos ao correo esta recomendación: "O día 13 debemos asistir todos e todas a clase coas camisolas de Nunca Máis. Ou pins, xa que vai frío."
» Recibimos esta ligazón da Aula de El Vilar de Arnedo, en La Rioja. Na súa web podemos escoitar as opinións dos máis cativos de educación infantil, e mostran dous interesantes experimentos: un sobre o efecto do petróleo na vida das plantas acuáticas, e outro sobre a densidade do fuelóil. Tamén hai actividades de matemáticas e coñecemento do medio. http://adigital.cnice.mecd.es/lcra.de.el.villar.de.arnedo/index.htm 
»

Ola compañeir@s: No IES Leliadoura de Ribeira temos elaborado o seguinte calendario de actividades:

Semana 3-7

Exposición: "O Prestige e a ría de Arousa. Dossier de prensa" Paneis cedidos: Asociación pola Defensa da Ría.

Semana 13

 Exposición: "As mareas negras. Impacto medioambiental" Paneis cedidos por: Candea.

Día 13            

 Ás 12

 

Mesa redonda. Tema: "O Prestige un ano despois"  no Auditorio Municipal

Participan:

                        Representante Administración Pública

                        Profesor Universidade da Coruña (Náutica)

                        Profesor Universidade de Santiago (Económicas)

                        Patrón Maior Confraría da Povoa

                        Representante de Adega

Día 13 Ás 16,50 

Conferencia: "As mareas negras" , Adela Leiro profesora e membro da Asociación Candea.

Semana 10-13

Exposición paneis en inglés sobre o desastre do Prestige.

Día 19   

Actividade conxunta de Centros educativos da bisbarra. (Sen confirmar, pero seguiremo-lo intentando)      

Esta última actividade consistiría en facer unha especie de marea negra axitando plásticos negros polas fiestras, mentras o resto do alumnado se concentra no patio.

Saúdos e Nunca Máis

- - - - - - - - - - - - - - - - -

Noutro e-mail coméntanos: Recibímola vosa mensaxe e imos sumarnos ós actos que proñedes para o día 12 de novembro.

»

Chegounos ao noso correo, e tamén ao foro, a seguinte proposta: Propoño que un deses manifestos que escriban os rapaces se lea na manifestación do 16 de novembro.

Parécenos unha idea fantástica. Gracias. Falaremos coa xente da Plataforma a ver se é posible. Sería imprescindible que nos enviarades os textos dos vosos alumnos e alumnas, tanto de primaria como de secundaria. Os gastos de desplazamento irían a cargo de areanegra. Informaremos nesta web se esta proposta é factible. Estade atent@s.

»
Laura describe no foro esta interesante experiencia, por se alguén quere repetila:
O ano pasado fixemos no cole unha experiencia con nenos e nenas de 5 e 6 anos. Nun aula sen mesas nin sillas, sobre papel de embalar, e axudándonos con cartón, catulina, papel charol, pinturas, etc. recreamos unha paisaxe da costa: praia, pedras e mar, con tódolos seus habitantes: peixes, pulpos, golfiños, nécoras, ameixas, navallas, percebes, etc. Un día chegou o vertido do Prestige que cubriu toda paixase (miles de anacos de cartulina e papel negro) . Eles contaron o que creían que sentían todos estes animaliños coa chegada da marea. Ao día seguinte había que reaccionar, había que limpar todo iso para salvar a eses peixes, pulpos, e crustáceos. E puxémonos en marcha. Tódolos días e durante unha semana fixeron a labor de voluntarios durante o primeiro cuarto de hora da xornada. Tiñan que ir recollendo tódolos papeliños negros con coidado de non pisar as dunas nin os animais. O día que quedou todo limpo fixemos unha festa, e decidimos que non iamos a permitir que iso pasara NUNCA MÁIS.
»

Nuria infórmanos no foro sobre dous enlaces:

- Un experimento sobre a contaminación da auga con aceite (ou petróleo, fuel, ...) de http://canicas.uaslp.mx/Manual%20de%20Experimentos.pdf 

Podes velo clicando aquí:  páxina1    páxina2

- Un xogo didáctico de mesa "coidemos os nosos mares" 

Podes velo clicando aquí: explicación   taboleiro    tarxetas

» No IES Primeiro de Marzo de Baiona, ademáis dos textos, os alumnos e alumnas escribirán lemas, para que expresen nunha soa frase o que pensan ou sinten no cabodano do Prestige. O día 13, faremos cartaces con tódolos lemas, e colgaranse nas paredes.
»

Dende o CEIP los remedios, de Chiclana de la Frontera, Cádiz, envíanos esta mensaxe:

hola, nos hemos intentado inscribir en la actividad, pero ha sido imposible ya que no nos da opción a otra provincia no galega

vamos a trabajar algunas tutorias de primaria, de manera simbólica desde el grupo de trabajo de la eco-escuela y vamos a elaborar un mural en el pasillo del colegio

nos ha parecido interesante también las actividades propuestas por el colegio de las rioja que teneis colgado en la página

la semana pasada iniciamos la actividad sobre el aniversario del Prestige con una charla-concierto didáctico de instrumentos tradicionales de Galicia del músico de A Guarda Tino Baz

intentaremos enviaros las fotos a tiempo.

un saludo

ceip los Remedios. Chiclana de la Frontera. Cádiz

» O IES Fermín Bouza Brey, de Vilagarcía de Arousa informanos sobre unha das súas actividades:
Faremos varias actividades, pero a que quero propoñervos é a "manchada". Durante esta semana e a que ven mancharemos o insti con manchas negras de cartolina, onde iremos escribindo frases reivindicativas, \"nunca máis\" en outras linguas, pequenos anacos de textos literarios sobre o mundo do mar, poemas, caricaturas, etc. Todo o que vaiamos atopando. O resultado será ir colando esas manchas polos corredores, de xeito que ao cabo da semana que ven, teñamos o insti chapapoteado de reflexións, reivindicacións, etc. Se vos parece interesante, convidámosvos a que tomedes a idea como propia e que mesmo a enriquezades. Nunca máis!!!!!
»

No CEIP de Carnota temos parte da exposición sobre o cabodano "Dende as nosas Fiestras" organizado por Nunca Máis Carnota. Así mesmo, dentro da área de Ed. Física estamos a traballar con xogos alusivos, parte deles son os que se poden atopar en www.agadef.com  e en www.edugaliza.org , así como con outros novos, sempre na procura de que os nenos e nenas non esquezan que tamén son protagonistas.

-------------------------------------------------------------------------

- Xogos do jalipote de www.agadef.com . Clica para velos:   mareanegra.htm     jalipote2.htm    jalipote.htm

- En www.edugaliza.org tedes unha sección de Propostas no especial Marea Negra na escola. Podedes descargar alí 4 actividades Clic para infantil e primaria relacionadas coa maré negra: O mar, O desastre do Prestige, A gaivota da coviña, e ave negra.

»

Dende o formulario da nosa web, chéganos esta información de Begoña Muñoz:

Algunhas propostas que saíron no noso centro e que enviamos como suxestións: 

-Creación colectiva do "Romance da area negra" que se pode converter nun "cantar de cego" se incorporamos carteis ou viñetas.

- "Prestixeando": Concurso de "rap" sobre a catástrofe do Prestige. Convócase a todo o alumnado a que participe con cancións de rap a respecto do Prestige, con ou sen música, con ou sen coreografía, en grupo ou individualmente. Todos os traballos gravaranse en vídeo. Saúdos.

»

Dende o IES MONTE DA VILA (Ogrobe) chéganos a seguinte información:

Para o día 13 de novembro faremos o seguinte:

a) unha mostra de material relacionado coa catástrofe (libros, cedés, camisolas, postais, pins, cartaces, cadros...)durante os recreos; acompañaremos de música chapapoteada; temos preparada unha exposición cronolóxica do desastre con pequenos textos, fotografías e ilustracións;

b) penduraremos varios traxes brancos á entrada do instituto, con luvas e máscaras anticontaminación, e o día 19 (cando parte o barco) mancharémolos con ceras, lemas, debuxos, fotos, etc. 

Na semana do 17 ao 21 realizaremos varias actividades con vídeos e diaporamas sobre o Prestige; penduraremos no centro unha pancarta co lema "365 días de dignidade", feita polo propio alumnado; elaboración dunha exposición fotográfica sobre a participación do alumnado do centro na cadea humana de xaneiro do ano pasado. 

Por último,a partir do día 26 teremos no centro a exposición da AS-PG sobre o Prestige, con textos e imaxes do acontecido.

Hai varias propostas en estudo:continuaremos informando.¡Sigamos aprendendo,meu!.

»

Actividades levadas a cabo conmemorando o aniversario do prestige no CPI “Aurelio Marcelino Rey García” CUNTIS (Pontevedra)

*as actividades desenvolvéronse só co alumnado de eso (educación secundaria)

- Colocación dun lazo negro na fachada do colexio

- Montaxe dunha mesa-exposición co todo tipo de material relacionado co verquido e as mobilizacións contra o mesmo e a actitude das autoridades (libros, camisetas, fotos das actividades desenvolvidas no colexio...)

- Murais cos titulares de prensa dos 12 meses trancorridos: un mural para cada mes coas noticias seleccionadas polo alumnado da asignatura de ciencias medioambientais de 4º da eso.

- Colocación polo colexio de carteis e murais elaborados por distintos grupos de profesores e alumn@s.

- Todos de negro: rememorando o minuto de silencio celebrado o curso pasado polo mar, se pediu que vestiran de negro. Na hora do recreo xuntáronse no patio. Mentres uns alumn@s formaban a palabra mar cos seus corpos, os outros imitaban o movemento das ondas rodeando ó mar.

»

Chéganos esta mensaxe dende Cádiz:

Faisevos chegar estas fotografías, que dan conta dunha serie de actividades que tiveron lugar no colexio Nuestra Señora de los Remedios alá en Chiclana de la Frontera, na provincia de Cádiz.

Era principios de novembro e coincidindo co cabodano do Prestige, o profesorado deste centro, especialmente sensibilizado coa catástrofe, deu pé para que o cantautor galego Tino Baz, puidese falarlle aos neos e nenas do que foi o desastre ecolóxico. Agradecidos co contido da charla, mostraron unha actitude e unha receptividade realmente exquisita. Asimesmo, este músico guardés dirixiu un obradoiro de canto nas aulas, traballando con pezas de temática naturalista, e nunha conferencia-concerto, achegoulles ós nenos e nenas daquela terra diferentes instrumentos da música tradicional galega como gaitas, zanfoña, pandeireta, tarrañolas, cunchas, etc. Tarefa que con finalidade didáctica vén desenvolvendo Tino Baz dende hai tempo por distintos centros da xeografía galega, tanto de ensino primario como de secundaria.

Ver fotos.

» Aniversario da catástrofe do Prestige no I.E.S. de Esparís. Viceso - Brión (A Coruña)
O 13 de Novembro do 2003, recordamos o afundimento do Prestige
Os alumnos e alumnas de 4º de ESO convocamos a todo o instituto (alumnos, profesores e persoal) a participar durante 20 minutos nun acto no patio
O día 13 de novembro foi o aniversario do tráxico suceso do Prestige. Para lembrar este desastre celebramos un paro de 20 minutos no instituto. Os alumnos e alumnas de 4º convocamos a todo o instituto (alumnos, profesores e persoal non docente) a participar durante eses 20 minutos nun acto no patio:
- fixemos unha pancarta reflexando a dor dos traballadores do mar e o importante que foi o movemento “Nunca Máis”;
- cantamos xuntos a canción da Rianxeira con letra modificada
- collémonos das mans e fixemos un gran círculo, fixemos a onda e xuntámonos no centro e separámonos todos á vez, querendo simbolizar que seguimos xuntos na loita porque nunca máis volva a suceder nas nosas costas nin en ningures unha catástrofe semellante.
Aínda que non foi moito tempo, aportamos o noso sentimento e a nosa voz poñéndonos ó lado dos que viviron directamente a catástrofe do Prestige porque pensamos que, dalgún xeito, aféctanos a todos.
A actividade tivo éxito e a xente animouse a participar.

 

¿Ides realizar outras actividades? Publicaremos nesta sección a información que nos enviedes.

O teu centro de ensino:
O teu correo:
Asunto da mensaxe:
Información sobre as actividades que ides realizar no aniversario da catástrofe do Prestige:

 

Na sección "Qué fixemos" podes atopar información sobre as actividades organizadas por Area Negra o curso pasado.

No especial Prestige de Edugaliza www.edugaliza.org/prestige/ podes atopar textos, manifestos, e outras actividades relacionadas coa marea negra desenvolvidas nos centros educativos o curso pasado.

 

subir


Volver á sección "Aulas para non esquecer"

  Volver á páxina principal
 


páxina feita pola Coordenadora de ensino Area Negra correo@areanegra.net, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.net