|
Hai
case un ano ao carón da areanegra case 50.000 mozas e
mozos formaron unha cadea humana entre Laxe e Muxia. Non
coñecemos aínda todos os efectos secundários desta
marea negra. Mais moita xente cremos que un dos efectos
secundários da cadea humana é a Liberdade.
E
agora, tecendo un fio de liberdade entre o interior do país
e a beiramar, nunha rede de futuro... As alumnas e alumnos
dos centros educativos galegos escriben e falan para tod@s
nós. Elas e eles teñen a palabra.
Gracias
a tódolos centros educativos que participades nesta
experiencia e, sobre todo, gracias a toda a xente nova que
se parou a pensar, a escribir, a ler, e a expresar o
seu Nunca Máis. Foron Celtia e Cecilia as que puxeron
a voz da mocidade no palco de Nunca Máis o día 16 de
novembro, pero puideron ser tamén María, Pedro, Xoana,
Iago, Ana, ... Areanegra espera que a vosa voz, a do
alumnado galego, se vira representada.

|
Celtia
Sar Rañó, 6º
de primaria, CEIP Os Muíños, Muxía.
Todas
somos afectadas, todos sufrimos a marea e aínda
que as nosas familias non teñan traballos
relacionados co mar, aínda que non sexamos
mariscadoras ou mariñeiros, amamos tanto ou máis
o mar que persoas con eses traballos.
Sei,
que non toda, pero algunha xente á que lle deron
axudas saía da casa dicindo que xa podían vir
vinte Prestige máis que non lles importaría.
Pero a nós si que nos importa por iso nos unimos
ó berro de "NUNCA MÁIS" para que isto
non volva pasar.
Para
non vivir co medo de volver a ver as nosas costas
cheas de fuel, por iso estamos hoxe aquí, para poñer
fin a esta inxustiza;
Para
berrar en nome do mar e das rochas que non tiveron
culpa de nada.
Para
berrar en nome dos delfíns e peixes que como os
nosos antergos tiveron que emigrar a augas máis
limpas.
Para
berrar en nome de todos os animais mariños, ós
que defendemos porque aínda que non queiramos
forman parte de nós, pois eles tamén son
habitantes da nosa patria, eles coma nós dan
gracias o voluntariado que nos axudou.
Na
nosa educación entra moito este tema, por iso
cando imos á escola dinnos que a dignidade vale máis
que todos os millóns do mundo, que rectificar e
pedir perdón cando nos equivocamos é o que nos
fai persoas.
Como
di unha profecía india:
"só
despois de que a derradeira árbore sexa cortada,
só
despois de que o derradeiro río sexa envelenado,
só
despois de que o derradeiro peixe sexa apreixado.
Só
entón saberás que o diñeiro non se pode
comer"
E
pregúntolle ós políticos "¿E nós qué?
Se eu quero ser mariscadora ¿poderei? ¿terei
algo que mariscar? Para que isto poida ser
realidade, hoxe
berremos
¡NUNCA MÁIS!
|
|
Cecilia
Touceda Rey. 1°Bach. IES Aquis Celenis. Caldas de
Reis.
Xa
pasou un ano...un ano no que xa comezamos a
esquecer pero...¿quen pode ser capaz?, no
pensamento pode ser pero...no interior, dentro da
nosa alma... imposible.
Eu
denominaría este longo ano como o do meu
despertar, non só meu senón de todas as
conciencias da mocidade galega, ¿quen non sentiu
impotencia, rabia, dor ó ver cómo o prestixio
duns poucos partía en dous e desprendía a negra
mancha, o loito dos mariñeiros, das mariscadoras,
das redeiras...?
Xa
pasou un ano...un ano do meu nacer, eses días
estaba eu de aniversario e esperaba un bonito
agasallo, alegría, paz... pero en cambio esto foi
o que recibín, ¿tan mal me portei?, ¿e as
xentes do mar?
Dise
que de súpeto non se pode madurar ¡Pero que
pasa! Eu si que o sentín neses días, do 14 ó 19
deime de conta da miña cegueira, vendo nos medios
unha noticia que nun principio non cría. Parecía
de ciencia ficción. Abrín os ollos de par en par
e descubrín o mundo sen esa fantasía coa que eu
vivía, descubrín a verdadeira realidade, a
realidade na que non me gusta vivir.
Xa
pasou un ano... un ano longo e esvaradizo do que
xa nos esquecemos, pero o espírito do Prestige
segue aí, tan presente coma antes, ¿por que os
medios non informan? ¿por que xa pasou a noticia
espectáculo que todos buscaban?, ¿por que teñen
medo de mancharse? ¿Hai unha man negra que os
ameaza? ¿ou intereses?; ¿e a liberdade de
expresión?
Xa
pasou un ano... e os culpables están aí, tan
contentos e irresponsables coma no momento do
Prestige, a guerra do Irak ou o día da súa
elección...
¡Como
o podemos consentir! É así, durante toda a
historia os que tiñan o poder foron os crueis...
Uns cazan animais, a outros todo lles parece ben e
os que deben responder calan coma cans... quizais
por vergoña da súa incompetencia, dos erros
cometidos e un longo etcétera.
Xa
pasou un ano... e aquí estamos as persoas que na
costa galega, na Costa da Morte unimos as nosas
mans observando cómo as ondas batían sobre as
rochas formando a escuma branca dunha marea humana
que intentaba combater o vulto negro que do mar
profundo viña.
Xa
pasou un ano... e coma hoxe dentro de 365 días
temos que nos volver reunir, porque o problema do
.maldito barco. para sempre estará aquí, nin
anos, nin séculos, para sempre quedará na
historia de Galiza unha mancha imborrable.
E,
xa pasou un ano... Que o escoiten todos e todas:
O
PROBLEMA SEGUE AÍ, E E POR ISO QUE ESTAMOS AQUÍ,
PARA QUE ¡NUNCA MÁIS! VOLVA OCORRER.
¡NUNCA MÁIS! |
Esta
páxina segue aberta á recopilación de textos dos nosos
alumnos e alumnas, porque "Aulas para non esquecer"
é un proxecto a longo prazo, que non remata nun cabodano.
Como ben nos dixo Cecilia o día 16 en Santiago, "porque
o problema do maldito barco para sempre estará aquí, nin
anos, nin séculos, para sempre quedará na historia de
Galiza unha mancha imborrable.
"
¡NON
ESQUEZAMOS!
Porque
somos a xerazón do Prestige,
e
sabemos que as cousas nunca serán igual...
NUNCA
MÁIS!
_________
area
negra |