Coordenadora de Ensino

ASEMBLEA XERAL

día: 
lugar: 

tod@s sodes benvid@s

 

- Recursos para construír outro mundo.

- Bibliografía sobre o Prestige.

- Vídeos sobre o Prestige.

- Día da PAZ. Recursos na rede.

-Obra de teatro "Salvar ao mar"

- Exposición Internacional de Arte Postal Marea Negra

- Exposición 25 anos de Medio Ambiente con Xaquín Marín.

- Materiais sobre as mareas negras

correo@areanegra.org

 

NOVAS NO ÁMBITO EDUCATIVO

Envíanos algunha nova que che pareza interesante para incluír nesta sección.

»

08/06

2004

Tomámonos unhas vacacións. 

Gracias a todas as persoas que axudaron a construír esta sección.

- areanegra -

»

02/06

2004

 

A AS-PG pon en funcionamento un servizo de asesoramento lingüístico
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega puxo en funcionamento un servizo de asesoramento lingüístico a través do correo electrónico. Este servizo intentará, prioritariamente, resolver dúbidas en materia de normativa ortográfica e morfolóxica. Tamén darán resposta a dúbidas léxicas ou sintácticas. O servizo, que non está automatizado, aténdese nunha conta de correo electrónico

Nova de vieiros.com

»

13/05

2004

 

Imaginaria, II Salón Internacional de Inventos

O Recinto Feiral Fexdega acollerá en Vilagarcía de Arousa, os próximos días 20, 21, 22 e 23 de maio a II edición do Salón Internacional de Inventos e Innovación Tecnolóxica, Imaginaria. Co lema "A imaxinación faite voar", IMAGINARIA é moito máis que unha exposición. É un CONCURSO onde se premiarán as ideas con máis futuro, un FORO onde proxectarse hacia os medios de comunicación, hacia as empresas e hacia a sociedade en xeral.

Máis información: http://www.fexdega.es/web/p.pro?vdis=4&p=147 

»

12/05

2004

 

As patentes de software: tamén afectarían ao software educativo e as aplicacións utilizadas no ensino.

No contexto da Semana de Mobilización contra as Patentes de Software a FFII está a organizar nestes momentos en Galiza un clono do EuroLUG celebrado recentemente en Bruxelas e tamén charlas e debates para difundir e visibilizar a problemática relacionada coas patentes de software. Se tes dúbidas sobre o tema das patentes, tes info en galego e tamén noutros idiomas na web da campaña de patentes da FFII.

- Venres 14 de maio:

Encontro Informativo sobre Patentes de Software + demostración Linux. Trátase dun encontro para intercambiar experiencias e posturas sobre a problemática das patentes de software entre as personas que participan nos distintos GUL galegos (Grupos de Usuarios de Linux), e xentes da política, da cultura e da empresa aproveitando a presenza de Camilo Nogueira ese día en Santiago de Compostela.

- Sábado 15 de maio:

¿Patentes de software? Monopolio do coñecemento Proxección, charla e debate sobre as patentes de software na Unión Europea. Sábado 15 de maio ás 20 horas, na Casa Encantada. Rúa Betanzos 35, Baixo. Santiago de Compostela. Organiza: hacklab da casa encantada.

Máis información: 

http://kwiki.ffii.org/index.cgi?DemoCompostela0405Gl

canal Fwwwrando de vieiros 

»

06/05

2004

 

Ponte nas Ondas. Experiencia de radio interescolar X EDICIÓN · 7 de maio de 2004

Un grupo de profesores/as da Galiza (España) e do Norte de Portugal vimos realizando desde 1995 unha experiencia educativa entre as nosas escolas e institutos chamada PONTE...NAS ONDAS!. A experiencia ten consistido na realización dunha xornada de radio elaborada integramente polos/as alumnos/as das escolas participantes. Esta xornada de emisión elaborase ao longo do curso escolar co intercambio de traballos entre todas as escolas e institutos participantes e coa integración na actividade de persoas do mundo da cultura (escritores, artistas, cantautores, etc...).

Máis información: www.pontenasondas.org 


EXPOSICIÓN itinerante conmemorativa dos " 10 anos de Ponte...nas ondas!"

Inauguración 3 de maio : VERBUM-Casa das palabras.Datas: 3 ao 17 de maio. 

Próximo lugar: Vilanova de Cerveira do 18 ao 30 de maio.

»

05/05

2004

 

A XUNTA DESENVOLVE A LOCE, UNHA LEI PARALIZADA POLO CONSELLO DE MINISTROS

Os/as directores/as dos centros serán elixidos en Galiza por concurso de méritos

[Vieiros 05/05/2004 11:11] A Consellaría de Educación publica no DOGA do 4 de maio, a orde pola que se convoca un concurso de méritos para cubrir 499 postos de directores nos centros públicos de ensino non universario nos que os cargos de dirección rematan o seu mandato. Esta orde supón o desenvolvemento da Lei de Calidade do ensino, a LOCE, que o Consello de Ministros aprobou a paralización do calendario da súa aplicación. Supón tamén que os directores dos centros serán elixidos mediante concurso de méritos e non polo Consello Escolar de cada centro. Para a CIG-Ensino a publicación desta orde implica a "liquidación da xestión democrática dos centros".

Ler máis en Vieiros e en La Voz de Galicia

DOG: Orde do 26 de abril de 2004 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, nos que se imparten ensinanzas escolares.

»

05/05

2004

 

O vindeiro 6 de Maio ás 20:00 horas terá lugar no Castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA, a conferencia "Ecofeminismo: Mulleres e Natureza" a cargo de Carme Adán Villamarín, doutora en filosofía pola Universidade de Santiago.

Con esta conferencia preséntase a Marcha Mundial das Mulleres que este ano faise en Galicia e que ten o lema: ¡diferentes si, desiguais non! 

Vigo é a cidade escollida como sede da próxima mobilización internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que será o 22 e 23 de Maio, e será a primeira das mobilizacións que continuarán no 2005 para preparar o lanzamento da Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade.
Este ano escolleuse Galicia xa que sufriu nas súas costas o afundimento do petroleiro Prestige. Na mobilización europea Vigo-2004 intentarase buscar alternativas para un desenrolo sostible.

»

29/04

2004

 

Correlingua 2004.   Pon o galego en todas as bocas!

A sétima edición de Correlingua xa está a chegar. O conxunto de carreiras non competitivas que percorrerán as cidades e vilas do país a prol da lingua chegará neste ano aos 35.000 alumnos e alumnas participantes.

O Correlingua 2004 está organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, o sindicato CIG-Ensino, a AS-PG e a coordinadora de equipos de normalización dos centros de ensino. Ademais, apóiana ata dezanove institucións municipais. O calendario de carreiras comeza o día 3 de maio na Coruña, e remata o 14 en Lugo. Pasará por Santiago (4), O Salnés (5), Ourense (6), Vigo (7), o Baixo Miño (10), Pontevedra (11), Ferrol (12) e A Mariña (13).

Máis información: www.correlingua.org    galego.org de vieiros

»

29/04

2004

"Pensar nun mundo diferente". Xornadas de reflexión e debate que organiza Inzar para os dias 4, 5 e 6 de maio.
Este é o programa:
4 Maio
Carme Adán :: "Mulleres na globalización"
Galería Sargadelos :: Compostela :: 20:00 h.
5 Maio
Carlos vaquero :: "Do 11s ao 11m"
Galería Sargadelos :: Compostela :: 20:00 h.
6 Maio
X.M. Beiras :: "O Foro Social Mundial: unha alternativa á Globalización"
Sa Fonseca (r/ Fonseca) :: A Coruña :: 20:00 h.

»

Ver antigas

 


Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org