|
| |
|
NOVAS SOBRE O CHAPAPOTE E
INCOMPETENCIAS DERIVADAS
|
Envíanos
algunha nova que che pareza interesante para incluír nesta
sección correo@areanegra.org
|
|
»
08/06
2004
|
Tomámonos
unhas vacacións.
Gracias
a todas as persoas que axudaron a construír esta sección.
-
areanegra -
|
| »
06/06
2004
|
A
extracción do fuel almacenado no interior do Prestige
comezou a madrugada de onte con éxito
As
persoas responsables da operación esperan ter finalizados
estes labores o próximo mes de outubro.
O
goberno decide aprazar a extracción do fuel do Prestige
para adicar o robot submarino ao rescate dos corpos dos
mariñeiros do buque 'O Bahía'.
Máis
información: Faro
de Vigo, La
Voz de Galicia
|
| »
06/06
2004
|
Caso
Prestige: O goberno do PP tamén faltou á verdade en canto
á orde de tomar o remolque.
O
xulgado de Corcubión comprobou que a Torre de Fisterra, ás
18:22 do día 13 de novembro de 2002, deu ordes ao
remolcador Ría de Vigo para que tomase remolque e afastase
ao Prestige. Tal información despréndese do exame das
gravacións rexistradas polo centro de control de tráfico
marítimo de Fisterra.
Máis
información: nunca
máis de catalunya, asociación
española da marina civil
|
| »
31/05
2004
|
EE.UU.
cita a declarar a Trillo polo seu plan para bombardear o «Prestige»
O
ex ministro de Defensa, Federico Trillo Figueroa, formará
parte dos dezaseis primeiros testigos que o Tribunal Federal
do Distrito Sur de Nova Yorque citou a declarar no pleito
civil do Estado español contra a empresa que deu o visto bo
técnico ao Prestige , American Bureau of
Shipping (ABS).
Máis
información: La
Voz de Galicia
|
| »
31/05
2004
|
Os
labores de extracción do fuel do Prestige adíanse polo mal
tempo
Despois
de que hoxe nos informaran de que os labores de extracción
das máis de 13.000 toneladas de fuel que hai no
Prestige, afundido a 4.000 metros de profundidade,
comezarían esta semana, a comisionada do goberno para o
Prestige, Pilar Morandeira, anunciou que o comezo dos
traballos de recuperación das do fuel que aínda queda no
Prestige adíanse ata mediados desde mes debido ao mal tempo
na zona.
máis
información: vieiros,
la
voz, cadenaser,
galicia-hoxe,
|
| »
31/05
2004
|
Galicia
segue sen medios para combater unha catástrofe coma do
Prestige
As
conclusións da mesa de seguridade marítima do Foro da
Verdade, organizado por Nunca Máis, constatan que o
litoral galego "carece dos medios de protección e
continxencia necesarios" para facer fronte a unha catástrofe
coma do 'Prestige' e os barcos de salvamento que se están
a construír son "claramente insuficientes". Por
iso, a plataforma cidadá demanda máis medios de
salvamento e de control do tráfico por augas galegas, con
cobertura radar e melloras nas comunicacións. Para que
estas peticións se fagan realidade, Nunca Máis reclama
competencias para Galicia en materia de salvamento marítimo.
|
| »
28/05
2004
|
Manifestación
"Por unha Galiza sustentábel" Domingo día 6
en Compostela
Con
motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, un conxunto de
organizacións ecoloxistas, sindicais, veciñais e políticas
convocaron unha manifestación baixo o lema "Por unha
Galiza sustentábel". As organizacións convocantes
achan que é preciso que a cidadanía con maiores preocupacións
ambientais saia á rúa para se manifestar en defensa do
ambiente e a prol do desenvolvemento sustentábel. Como
demostraron as mobilizacións desencadeadas pola catástrofe
do Prestige, a presión social sobre os poderes políticos
é esencial para lograr avanzos en materia ambiental.
Máis
información:
Canal
Verde
Manifesto
Por unha Galiza sustentábel
TRAEDE
POLAS DE EUCALIPTO Burla Verde
por unha Galiza sustentábel!
Burla Negra tamén é Verde. Este
domingo 6 de xuño participaremos na manifestación Por unha
Galiza sustentábel. Estamos preparando unha acción
sorpresa. E contamos con vós! Traede polas de eucalipto.
Isto non é sustentábel!!!!!!!!!! Vide a Compostela con
polas de eucalipto
burlanegra
|
| »
28/05
2004
|
Este
sábado 29, no Pazo de Mariñán, Intervención de Areanegra
no Foro da Verdade.
18.00
Mesa de movementos sociais/ A resposta social, un berro de
dignidade: NM!
- Uxía Senlle, para falar do movemento Nunca Máis.
- Xesús Ron, de Burla Negra para falar do movemento de
contestación da cultura.
- Séchu Sende, de Areanegra para falar da contestación
desde o ensino.
- José Luis Castro Baleto, da FEG, A resposta do movemento
ecoloxista.
- Xosé Sánchez Blázquez, vicepresidente da Confederación
Galega de Asociacións Veciñais, "A resposta do
movimento veciñal"
ler
o texto de areanegra
|
| »
28/05
2004
|
Dende
a Plataforma
Nunca Máis de Carnota:
Ano
e medio despois... seguimos esplendoros@s
Si
si, como o oides: estamos limp@s coma unha patena. Isto que
vedes (16/05/04) non é piche, que vah! isto é ... é ...,
un fallo no negativo?, unha pedra do plan Galiza?, un
agasallo para os noivos? (ah, por certo, felicitacións eh!,
que logo Ansón mosquéase e chámanos radicais), a cagada
dunha besta/cabalo?, unha posta do chorlitejo?, unha pedra
de hash?, será que o rapaz este non ten as uñas moi
limpas?, ..., en fin, non sei, calquera cousa menos piche,
diso xa non queda. Temos unhas cantas fotos dese día que saíron
así, defectuosas, están quitadas no tombo entre as dunas
de Carrofeito e o mar: olládeas
se queredes
|
| »
18/05
2004
|
La
Plataforma Nunca Máis de Catalunya es complau a
comunicar-vos que des del proper dimecres 19 de maig i
durant un mes, a la Galeria Sargadelos de Barcelona (C/.
Provença 274) podreu contemplar l'exposició
COSTA
DA MORTE, ABRIL 2004. La petjada del Prestige 500 dies després
Un
reportatge fotografic realitzat per la Plataforma Nunca Máis
de Catalunya i un grup de voluntaris catalans que durant els
dies 9, 10, 11 i 12 d'abril van recòrrer les zones
afectades per la catàstrofe del Prestige ara fa un any i
mig.
En
aquest treball es fa evident que encara hi ha molta feina
per fer i que les consequències del desastre perviuran
durant molt de temps.
Us
agrairiem que fessiu constar l’exposició a les agendes
del vostres mitjans.
Plataforma
Nunca Máis de Catalunya
nuncamaisdecatalunya@yahoo.es
Tel.
contacte: 605019668
|
| »
07/05
2004
|
Do
canal
verde de Vieiros:
O
Colexio de Biólogos demanda un centro de recuperación
especializado no tramento de fauna petroleada
[Vieiros
07/05/2004 01:09] O Colexio Oficial de Biólogos de
Galicia (COBGA) considera que a deficiente atención ás
aves mariñas petroleadas afectadas pola nova marea negra
que sufriu a costa galega a comezos de abril pon de
manifesto "a desorganización e ausencia de protocolos
para solucionar estes problemas". Para os biólogos
galegos é inadmisíbel que, transcorridos máis de 500 días
após o afundimento do Prestige, "non se teña tomado
en serio a atención á fauna petroleada, a súa recuperación
e que non se teña disposto ónde facelo".
Greenpeace
denuncia á Xunta perante a Fiscalía de Pontevedra polo
maltrato a 500 aves petroleadas.
ler
máis
A
Consellería de Medio Ambiente abre expediente disciplinario
a un traballador do Centro de Recuperación de Fauna de
Cotorredondo ler
máis
|
| »
15/04
2004
|
O
Foro da Verdade: a nosa comisión de investigación
15
e 16 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra
29
e 30 de maio no Pazo de Mariñán da Coruña.
Despois de ano e medio de mobilizacións, de denuncia,
de activación da cidadanía chegou o momento de encontrármonos
todas as persoas que desde distintas áreas traballamos en
todo o que ten a ver coa catástrofe do Prestige. Comeza
este 15 de abril o prazo de inscricpción e rematará o
vindeiro 10 de maio.
Tes toda a información en www.plataformanuncamais.org
|
| »
15/04
2004
|
¿Quen
non recorda aquela pequena e entrañable libreta que o famosísimo
Alemán de Camelle poñía a disposición dos
visitantes do seu museo para que deixasen nela, como testigo
da súa visita, un debuxo, unha frase ou o que se lles
pasase pola cabeza ó admira-la súa obra?
Pois
ben, con motivo do primeiro aniversario da morte de Manfred
Gnädinger, nace a iniciativa de crear unha libreta que
viaxará por Galicia recollendo palabras e debuxos na honra
da obra de Man e finisterrae.com quere sumarse a dita
iniciativa poñendo a disposición dos navegantes unha
libreta virtual na que podes deixar as túas mensaxes e
debuxos.
Escribe
na libreta de Man
|
| » |
Ver antigas
|
|
Envíanos
algunha nova que che pareza interesante para incluír nesta
sección
correo@areanegra.org |
|
|