|
NOVAS
NO ENSINO
-
mensaxes antigas-
|
»
12/04
2004
|
Desde
o Centro de Interpretación de Xogos Populares de Ourense: Curso
de Xogos e Desportes Populares e Tradicionais
Achegámosvos
unha convocatória para apresentar comunicacións a un curso de
xogos populares que vai ter lugar en Ourense entre
os vindeiros 28 e 30 de maio.
Este
curso pretende -ademais de formar un foro de debate sobre o
particular- criar unha rede de todas aquelas persoas e colectivos
que están traballando no eido dos xogos isoladamente ao longo de
todo o país.
Ver
convocatoria
|
|
»
02/04
2004
|
XVII
Encontro galego e X galego-portugués de educadores/as pola paz
Os
vindeiros 23, 24 e 25 de abril terá lugar no Hotel Novo Muiño de
Camposancos o XVII encontro galego e X galego-portugués de
educadores/as pola paz, organizado polos Educadores/as pola
Paz-Nova Escola Galega, o dto. de pedagoxía e didáctica das
CC.EE. da universidade da Coruña e o Movimento dos Educadores
pela paz de Portugal (MEP).
Segundo
os organizadores, a temática deste ano xira en torno ao tema
central do debate mundial da globalización neoliberal, e intentará
mediante o programa proposto para os tres días establecer claves
educativas para que os educadores/educadoras faciliten estratexias
aos estudiantes para comprender o mundo en que vivimos.
Para
máis información:
Nova Escola Galega (NEG) tfno/fax 981 56 25 77. correo electrónico:
neg@iaga.com
Dto.
de Pedagoxía e didáctica tfno) 981 16 70 00 ext 1743 ou 1867.
correo electrónico: jares@udc.es
Máis
información: http://www.ua.es/es/cultura/aipaz/enconedu.htm
|
|
»
24/03
2004
|
Este
mércores comezan os XIX Encontros de educación para a paz,
que tratarán o tema 'Violencia e medios de comunicación'. O
ciclo está organizado polo Seminario
Galego de Educación para a Paz e desenvolverase ata o 28 de
marzo na Escola Galega de Administración Pública. As actividades
previstas inclúen mesas redondas e conferencias nas que van
participar escritores, xornalistas, profesores de socioloxía e
sicoloxía e profesionais do mundo da comunicación.
Máis
información en: Vieiros
e SGEP
|
|
»
18/03
2004
|
Xogos
Cooperativos. Material
educativo para o fomento da
solidariedade e a resolución de conflitos na Educación Primaria
26
de marzo de 2004 - 18,00 horas
Lugar:
Colexio COMPAÑÍA DE MARÍA. Rúa
da Ensinanza, 5. SANTIAGO
DE COMPOSTELA
Baixar
cartel e folletos comprimidos (zip): xogos
cooperativos
Máis
información en: InteRed
Galicia. Praza do Matadoiro, 7. 15703 Santiago de Compostela.teléfono:
981587966
|
|
»
18/03
2004
|
O
día 8 de marzo recibimos esta mensaxe no noso correo.
Publicámola integramente:
Boas:
Son un estudante de 1º de bacharelato do IES Praia de
Barraña de Boiro (A Coruña) queria pedir que denuncien
na sua paxina, a loita de moita xente na Barbanza por
conseguir que na nosa comarca se promova a constructicon dun
C.O.F. (centro de orientacion familiar) , hoxe tuvemos unha
manifestacion ás portas do instituto pero ningun meio de
comunicacion acudiu a nosa chamada, por isto espero que dende
esta paxina do estudantado e profesorado galego se denuncie
isto pois os estudantes e os profesores da comarca levamos moito
tempo loitando por este centro tan necesario.Un saudo.
|
|
»
01/03
2004
|
Convocado
o XXI Concurso de Contos para a Mocidade
A
Casa da Xuventude de Ourense e a Agrupación de Libreiros veñen
de convocar o Concurso de Contos para a Mocidade, que como cada
ano se galardoa co Premio Ourense, valorado en 750 €, e coa
publicación do relato. O prazo de entrega de orixinais remata o
26 de abril.
máis
información en vieiros
Ourense
|
|
»
01/03
2004
|
Iª
Jornadas de Cinema Histórico-Social Segunda,
1 Março 2004 (7:05)
Cinema
galego e português, protagonistas do "Ciclo
de Cultura Galega"
Amanhã, dia 2 de Março, vam dar começo as Iª Jornadas de
Cinema Histórico-Social organizadas em parceria pola
Universidade de Vigo e a AGAL
(Associaçom Galega da Língua).
Estas
Jornadas estám inscritas dentro do "Ciclo de Cultura
Galega" que o PGL vem anunciando desde o mês de Setembro e a
assistência às mesmas vai ter ao final das mesmas um diploma
acreditativo de assitência que terá valor acadêmico.
As jornadas vam ter lugar nas aulas da Faculdade de Ciências da
Educaçom do Câmpus de Ourense da Universidade de Vigo e os
filmes vam passar-se de 17:00 horas a 19:00 sendo a assistência
livre.
ver
programa aquí
|
|
»
29/02
2004
|
A
Sociedade Galega de
Educación Ambiental convoca o cuarto dos “ENCONTROS
DA SGEA”.
4º
Encontro:
Aula
de Ecoloxía Urbana - Ferrol Sábado
13 de Marzo, 11:00
horas
(Tríptico
en pdf)
Máis
información: http://www.sgea.org/activid.html
|
|
»
25/02
2004
|

Os
departamentos de Educación e Mocidade, e Emigración do Concello
de Santiago de Compostela,coa colaboración do Foro de Inmigración,
ofértan neste curso 2003-04, diversas actividades de interese
educativo para dar a coñecer o Foro de Inmigración.
Con esta campaña que forma parte do plan de sensibilización
acerca da realidade do inmigrante proposto polo Foro de Inmigración,
e que se dirixe aos escolares de educación infantil, primaria e
secundaria do Concello de Santiago de Compostela, preténdese
incidir no campo social e educativo mediante o coñecemento das
situacións dos e das inmigrantes e o contacto con eles, creando
espacios para a interculturalidade co fin de eliminar prexuízos e
estereotipos e potenciar a convivencia e o intercambio.
máis
información en: Proxecto
educa Compostela
|
|
»
16/02
2004
|
Peche
indefinido no IES Pedra d Auga
Na
noite do xoves, medio cento de alumnos do Instituto de Educación
Secundaria Pedra de Auga de Ponteareas decidiron pecharse no seu
interior parapetando a entrada ao pavillón principal do centro
con material escolar. O alumnado esixe o compromiso do Conselleiro
de Educación para a construcción inmediata dun novo centro no
Concello e que mentres tanto se solucionen as deficiencias actuais
do edificio que ocupan.
ler
máis en http://www.vieiros.com/noticia.asp?Ed=67&N=33611
ler
o comunicado
asinado polo colectivo de estudantes que permanece fechado no
Pedra da Auga
|
|
»
15/02
2004
|
Nais
e Pais polo Ensino en Galego e a Mesa piden á Xunta que garanta
ou cumprimento da Lei de Normalización Lingüística
O
Colectivo de Nais e Pais polo Ensino en Galego (NPEG) pediulle á
Xunta que tome medidas para que "garanta o cumprimento"
do decreto que regula a Lei de Normalización Lingüística neste
ámbito, de xeito que "os estudiantes poidan rematar o curso
recibindo a docencia mínima en galego que indica a lexislación
vixente".
clica
aquí
para ler máis.
nova
de www.galiciainformacion.com
|
|
»
08/02
2004
|
Nenos,
libros e televisión
Aínda non aprenderon as primeiras letras pero son xa avezados
lectores en 625 liñas. O lixo televisivo absorbe os nenos e nenas
antes que a maxia do libro. Programas infantís de baixa calidade,
con bloques publiciatarios inadecuados, prenden a atención dos máis
pequenos durante horas. O deplorable sistema bibliotecario ou a
precaria sensibilidade do goberno das campañas de fomento da
lectura non contribúen a atraer aos rapaces á lectura. Un
informe de Tareixa Barberena, Óscar Reboiras, Jacobo Rey Sastre e
José Villanueva no canal Tempos
Novos.
Nova
extraída de www.vieiros.com
|
|
»
02/02
2004
|
O
Seminario para a Paz critica a
'Shin Chan' por ser unha "apoloxía" do machismo, a
intolerancia e o insulto
O
Seminario Galego de Educación para a Paz criticou con intensidade
a serie de debuxos animados xaponesa 'Shin Chan', que emite a TVG,
por considerar que se trata "dunha auténtica escola de
contravalores", na que "os protagonistas fan apoloxía
permanente e sistemática do sexismo, do machismo, da
intolerancia, do insulto, da discriminación".
|
|
»
29/01
2004
|
O
domingo 1 de febreiro inaugúrase o V Salón Internacional do
Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Este Salón está
organizado polo Concello de Pontevedra, a Fundación Caixa Galicia e
a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Hai
unha morea de actividades abertas a todo o público. As ofertas
feitas aos centros escolares desbordáronnos un ano máis; quedan
prazas nos obradoiros de adultos: Miguelanxo Prado, Polo Vallejo,
Xosé Miranda, Sabela Gago, etc. Hai ademáis sesións de
contacontos, maxia, música, etc para pequenos e máis para
grandes, a distintas horas.
A
páxina é www.salondolibropontevedra.org
Aí está toda a programación.
Convidámosvos a pasear a semana vindeira polo Salón do Libro
Infantil e Xuvenil de Pontevedra, boa vila que dá de ler a quen
pasa.
Información
enviada por AS-PG Pontevedra
|
|
»
19/01
2004
|
CEAPA
presenta un recurso ante o Tribunal Supremo contra a normativa que
regula a relixión e a súa alternativa. Presenta tamén unha
campaña por unha escola laica.
CEAPA
Considera inconstitucional a nova normativa
http://www.ceapa.es/textos/notasprensa/notas02.htm
Para
adherirse ao manifesto http://www.ceapa.es
Nova
relacionada en www.cadenaser.com
: Máis de 40 asociacións esixen unha educación laica.
|
|
»
19/01
2004
|
30
de Xaneiro: Día Escolar pola Paz. Aniversario da morte de
Mahatma Gandhi.

A VIOLENCIA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN CENTRARÁ AS ACTIVIDADES
DO DÍA ESCOLAR POLA PAZ
O
Seminario Galego
de Educación para a Paz proporá ó profesorado galego e
ós centros educativos que o vindeiro 30 de Xaneiro, Día
Escolar pola Paz, data institucionalizada pola ONU e pola
UNESCO, sexa adicado a analizar a violencia nos medios de
comunicación social así como á necesidade e urxencia de
educar cos medios e para os medios.
O
lema escollido é “Sobre
a violencia nos medios de comunicación: unha educación necesaria”.
Un
ano máis, en colaboración coa Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, o Seminario Galego de Educación
para a Paz, difundirá a tódolos centros educativos de
Galicia unha nova Unidade Didáctica, a nº 22, adicada
monograficamente, a analizar, con iniciativas e actividades
axeitadas ás distintas idades do alumnado, a violencia nos medios
( televisión, cine, publicidade, debuxos animados,
videoxogos...).
Esta
mesma temática será abordada nos XIX ENCONTROS DE EDUCACION
PARA A PAZ que terán lugar do 24 ó 28 de Marzo en
Compostela e nos que está prevista a intervención de destacadísimos
estudiosos e profesionais dos medios como Román Gubern,
Mariola Cubells, Fran Sevilla, Olga Rodríguez, Ana Expósito, Jesús
Mata, Margarita Riviére, Ana Julia Gómez, Ignacio Aguaded,
Teresa Farnós de los Santos, Miguel Vazquez Freire, Fernando González
Pozuelo, Miguel Clemente Díaz ou Alejandro Perales.
Estes
Encontros están homologados pola Consellería con 24 horas de
formación e pola Universidade cun crédito de libre configuración.
A matrícula xa está aberta e pode realizarse en Basquiños
33-1º B ou telefonicamente no 981-561956. As prazas están
limitadas.
|
|
»
15/01
2004
|
XI
Xornadas Pedagógicas da ASPEA
. I
Jornadas Luso-Galaicas de Educación Ambiental
Do
22 ao 24 de xaneiro do 2004 a ASPEA , ADEGA e a SGEA
van celebrar en Chaves as 1ª Xornadas
Luso-Galaicas de Educación Ambiental. As xornadas coinciden
coas XI da ASPEA (Associaçao Portuguesa de Educaçao Ambiental) e
nelas desenvolveranse conferencias, mesas redondas,
debates, así como grupos de traballo ou exposición de materiais
e posters.
PROGRAMA
PROVISIONAL
ALOXAMENTO
INSCRICIÓN
Máis
información en: http://www.sgea.org/
|
| »
18/12
2003
|
A
Mesa denunciará 20 inspectores do ensino
A
Mesa pola Normalización Lingüística vai denunciar unha vintena
de inspectores educativos nos próximos días. Entende A Mesa que
estes traballadores actuaron neglixentemente ao non esixir o
cumprimento do decreto de emprego do galego nos centros que
atenden. O decreto especifica as áreas e materias mínimas que se
deben impartir en galego no ensino non universitario, e que deben
ter tamén nesta lingua os seus libros de texto.
ler
máis en galego.org
e en A Mesa
|
| »
18/12
2003
|
No
ensino entran máis galegofalantes dos que saen
Un
de cada cinco mozos é analfabeto funcional en galego. Esta é un
das conclusións que se tiran do inquérito que elaborou o
Instituto Nacional de Estatística sobre o coñecemento e uso da
lingua, que vén de facer públicas a Mesa da Normalización Lingüística.
Destaca ademais o desfase entre os galegofalantes e a falta de
garantías para exercer ese dereito lingüístico. A Mesa ve as
causas desta situación no “incumprimento da lexislación
vixente, pola falta de vontade do goberno”.
En
Galiza entran máis rapaces galegofalantes na escola dos que saen,
segundo asegura o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística,
Carlos Callón e engade que conforme aumenta a escolarización
aumenta a “desgaleguización” porque “o ensino está
totalmente españolizado”. “O problema deste descoñecemento e
descenso de falantes, non hai que buscalo nas aulas de galego,
-indica-, senón no escaso ou nulo uso que se fai no resto das
materias, de modo que se lle da o mesmo tratamento que o que pode
ter unha lingua estranxeira”. Neste sentido tachan de
“especialmente preocupante e neglixente” a actitude da
Administración educativa e de “negativa” a política lingüística
que está a desenvolver porque “se frustra o obxectivo de que
todos os nenos escolarizados terminen coñecendo por igual as dúas
linguas oficiais”.
ler
máis en A
Nosa Terra e en A
Mesa
|
| »
11/12
2003
|
Presentación
do libro:
“LOS DERECHOS HUMANOS EN
EDUCACIÓN INFANTIL”
15
de decembro 2003, 19,3O h.
Lugar:
GALERÍA SARGADELOS. Rúa
Nova, 16. Santiago de Compostela.
Obxectivos:
Favorecer
unha valoración positiva e activa
da diferencia e da diversidade cultural, baseada na mutua
colaboración e no recoñecemento da IGUALDADE
na DIFERENCIA.
Establecer
ámbitos de formación e promoción do voluntariado galego, da
xuventude e da cidadanía en xeral, como axentes de sensibilización
da opinión pública galega para a prevención de manifestacións
ou accións racistas e/ou xenófobas entre o colectivo xuvenil autóctono
e inmigradas e inmigrados.
ver:
portada
contraportada
cartel
máis
información en www.intered.org
|
| »
9/12
2003
|
Observatorio
de Educación Ambiental de papel
O Observatorio Galego de Educación Ambiental (OGEA) non mantivo
ningunha reunión de traballo desde a súa constitución o 29 de
outubro do ano pasado. A Federación Ecoloxista Galega (FEG)
denunciou perante o Valedor do Pobo que a Consellería de Medio
Ambiente non convocou unha soa reunión deste órgano durante o último
ano, incumprindo as normas de regulación do Observatorio que ela
mesma impuxo.
ler
máis no canal
verde de Vieiros
|
| »
9/12
2003
|
Segunda
edición do Premio Galicia Innovación Junior
A Consellería de Innovación, Industria e
Comercio acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a segunda
edición do Premio Galicia Innovación Junior. Poderán
participar os mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, de idades
comprendidas entre os 14 e 18 anos. O primeiro premio é un
ordenador portátil de última xeración e unha conexión a
Internet, ADSL, durante un ano, e o segundo premio é, un
ordenador. Máis información na web: http://www.dxid.org
información
de http://fwwwrando.vieiros.com
|
| »
23/11
2003
|
O
Rosa Sensat, para a comunidade escolar galega
A
Coordenadora de Ensinantes Area Negra vén de recibir o Premi Rosa
Sensat de Pedagoxia 2003. O traballo premiado, unha memoria sobre
as accións impulsadas por Area Negra e protagonizadas polo mundo
do ensino do noso país, -cadea humana, referendum sobre a guerra,
aulas abertas...- recibe así o recoñecemento dun dos máis
importantes galardóns no campo da innovación pedagóxica no
estado español.
Nun
comunicado Area Negra sinala que "o premio é unha demostración
máis de que os valores impulsados polo profesorado e alumnado
galegos a respeito da catástrofe do Prestige e da nefasta xestión
gubernamental están a ser valores que contribuen a mellorar a
calidade da educación e da nosa sociedade cara a unha outra
Galiza posíbel, máis xusta e máis libre".
"Area
Negra quere transmitir a toda a comunidade escolar os parabéns
pois todos e todas -profesorado e estudantado- somos verdadeiras
protagonistas das accións levadas a cabo. O premio, convocado
pola Asociación de Mestres Rosa Sensat, tivo no xuri
representantes da Generalitat de Catalunya, do Concello de
Barcelona, do Ministério de Educación e Cultura e da Editorial
Octaedro, que se encargará de publicar a obra gañadora".
Noticia
de www.vieiros.com
Rosa
Sensat: www.pangea.org/rsensat
|
| »
20/11
2003
|
NOVA
ESCOLA GALEGA
“20 ANOS FACENDO ESCOLA”
Actos conmemorativos do 20
aniversario do MRP "Nova Escola Galega"
Lugar:
Salón de Actos do Museo do Pobo Galego. Compostela.
Día:
Sábado, 22 de novembro.
Hora:
De 10.15 h. a 19.00
h.
ver
programa
ver memoria
|
| »
12/11
2003
|
E
O MAR ENTROU NAS AULAS Xeración
Prestige
O
accidente do Prestige provocou reaccións na comunidade educativa
que sorprenderon a toda a sociedade. O compromiso, as mobilizacións
e a resposta dese colectivo foron un exemplo e mesmo un revulsivo
para todos. Os nenos e mozos aprenderon que tiñan forza e que
xuntos podían esixir que as cousas cambiasen, por iso se
implicaron en actividades tan impactantes coma a da cadea humana
que formaron miles de estudiantes o 22 de xaneiro entre Laxe e Muxía.
Os profesores tiveron que darlles resposta a todas as inquedanzas
dos alumnos, explicarlles que a verdade non sempre é a que
transmiten algúns medios de comunicación e algúns gobernantes,
tiveron que aprender a organizarse diante da demanda do
estudiantado… e, como pago, recibiron con estupefacción unha
circular da Xunta instándoos a non facer "propaganda"
de
http://especiais.vieiros.com/desastreprestige/ensino.php
|
| »
8/11
2003
|
Congreso
"A Galiza de Bóveda"
Pontevedra
27, 28 e 29 de novembro. Organizado polo propio Concello, pola
Fundación Alexandre Bóveda,a Universidade de Vigo, a
Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Asociación Galega de
Historiadores.
Máis
información en: www.agalizadeboveda.org
|
| »
8/11
2003 |
O
venres 14 de novembro de 2003, ás 13 horas, presentarase ó público
no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus
de Elviña) da Universidade da Coruña, o número de novembro
de "Cuadernos de Pedagogía", que inclúe un amplo monográfico
especial sobre "Prestige" e educación, no
aniversario da catástrofe, feito integramente en Galiza e por
educadores/as galegas.
Neste acto participarán o Director da revista, Jaume Carbonell,
os coordinadores do monográfico sobre o Prestige (Pablo Á. Meira
Cartea, e Francisco X. Candia Durán, profesores de Educación
Ambiental no Departamento de Teoría e Historia da Educación da
Universidade de Santiago de Compostela), e as profesoras e
profesores galegos (de tódolos niveis do ensino, entre eles,
Alfonso Conde, de Area Negra) que participan con diferentes
artigos, reportaxes e experiencias no devandito número; tamén
procurará estar presente o polifacético artista coruñes Xurxo
Souto, que colabora cun chispeante artigo no especial, e o
Colectivo Chapapote, que ofrece mostras do seu arte,
complementando os textos da revista).
O presente número de "Cuadernos de Pedagogía" é unha
das aportacións colectivas máis interesantes, escritas con
proxección estatal, sobre as consecuencias do Prestige no mundo
do ensino e a Educación Ambiental, e remata cunha selección de
materiais de diverso tipo, publicados trala traxedia. Tedes o número
ó voso acceso na páxina: www.cuadernosdepedagogia.com
|
| »
8/11
2003 |
Os
días 14 e 15 de novembro, no Salón de Actos da Escola
Universitaria de Maxisterio de Lugo-U.S.C., celebrarase o III
ENCONTRO GALEGO DE EDUCADORAS/ES E ORIENTACIÓN que, como
aposta pedagóxica de debate xa consolidada e por terceiro ano
consecutivo, organiza o Movemento de Renovación Pedagóxica Nova
Escola Galega nesta cidade, na presente ocasión
formando parte dos actos do citado M.R.P. que conmemoran os seus
primeiros 20 anos de labor facendo escola.
Colaboran na realización do Encontro a propia Escola
Universitaria de Maxisterio de Lugo da U.S.C., a Universidade da
Coruña, a Obra Social de CaixaGalicia e a Concellería de Educación
do Concello de Lugo.
Os actos do Encontro desenvolveranse na tarde do venres 14 de
novembro, e o sábado 15 durante todo o día ata última hora, e
organizaranse en relatorios, conferencias, mesas redondas e un
cine-forum, que abordarán temáticas de gran actualidade nos
centros educativos: o multiculturalismo nas nosas aulas, as
necesidades educativas especiais, a recentemente aprobada Lei
de Calidade da Educación, a participación e goberno nos
centros, a implicación social do profesorado nos asuntos de
actualidade (Prestige, guerra de Iraq, etc.), etc.
Cabe sinalar especialmente a presencia neste III Encontro,
de Jaume Carbonell, director da coñecida revista
“Cuadernos de Pedagogía”, que conversará coas/cos asistentes
da nova Lei de Calidade. Ademais, Jurjo Torres, Catedrátido
de Didáctica da Universidade da Coruña, dirixirá un cine-forum
sobre educación e neoliberalismo a raíz da película “Un lugar
en el mundo”, de Adolfo Aristarain.
Pero os Encontros de Nova Escola Galega caracterízanse
particularmente por ser un espacio aberto de debate e reflexión
de cuestións educativas e experiencias pedagóxicas, polo que nas
mesas redondas previstas tamén contaremos coa presencia de nais e
pais, alumnado, equipos directivos de centros, profesorado dos
diferentes niveis de ensino, orientadoras/es, inspectores, etc.,
que poñerán de manifesto as súas visións verbo da realidade
das nosas escolas e institutos, e dos cambios máis inminentes que
se aveciñan. Ademais, haberá un apartado de presentación de
experiencias.
Máis
información en: Nova
Escola Galega
Podes
descargar o pdf: Programa e Boletín de inscrición
|
| »
8/11
2003 |
Charla
sobre a resposta cidadá no mundo do ensino: areanegra.
Instituto Xelmirez I de Santiago. Martes 11 de novembro ás 12.30
|
| »
3/11
2003 |
Semana
da ciencia e da tecnoloxía 2003
do
3 ao 16 de novembro
Mesas
redondas e conferencias, obradoiros, exposicións, itinerarios
didácticos e excursións, xornadas de portas abertas e visitas
guiadas, ... Un gran número de
actividades co obxectivo de estimular o saber científico e
tecnolóxico.
|
| »
3/11
2003
|
Do
4 ao 7 de decembro vai celebrarse en Narón o Congreso da
Memoria,
co obxectivo de lembrar e homenaxear a todalas víctimas do
franquismo. Se compartes os obxectivos do Congreso podes xa asinar
a túa adhesión na páxina
www.congresodamemoria.org
Por favor, fai circular esta mensaxe.
A Asociación Cultural "Memoria Histórica Democrática"
|
| » |
A
Consellería de Educación vén de convocar os premios SIEGA
[ http://www.edu.xunta.es/index.html
] (sistema de información da educación galega) para fomentar o
desenvolvemento de materiais educativos que supoñan a utilización
das novas tecnoloxías. Os galardóns contan cunha dotación total
de 60.000 euros que serán repartidos en case 50 premios. Os
equipos de profesores e de alumnos interesados en participar deberán
presentar as súas solicitudes antes do 15 de novembro.
Poderase
participar na presente convocatoria por tres modalidades:
- Modalidade A: deseño e contidos de páxinas web de
centros educativos.
- Modalidade B: desenvolvemento de materiais educativos
curriculares en contornos web.
- Modalidade C: galería de imaxes en contorno web.
DOG. do luns 13 de outubro de 2003
|
| » |
¿Estades
a preparar o magosto? Pensade que as datas coinciden co
aniversario do Prestige.
Envía
un correo a Area Negra informando sobre o voso "magosto
negro".
magosto
Unidade didáctica sobre o magosto elaborada por Xosé Antón
Vicente, en parte coa aplicación hotpotatoes. visita:
www.edugaliza.org
|
| » |
Educación
para os defraudores de mañá
(www.vieiros.com)
Coa convicción de que a corrupción,
o mesmo que a solidariedade e valores varios, teñen raíz no que
se
aprende nos primeiros anos, o ministerio de
Facenda
vén de presentar un proxecto de ‘educación fiscal’ para
escolares da ESO e dos últimos cursos de primaria. Obxectivo,
ensinarlle aos cativos que son os impostos, para que serven e
promover o seu pagamento. Segundo o ministro Montor, trátase de
crear “conciencia tributaria” e actitudes de responsabilidade
fiscal e “contra as conductas defraudadoras”. Tamén se
organizarán charlas informativas e visitas a delagacións da Axencia
Tributaria.
|
| » |
|
Premio
educacompostela
0
Concello de Santiago de Compostela e Nova Escola Galega
convocan os "Premios Educacompostela", co fin de
recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente
aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese
poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de
Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación
e a renovación pedagóxica.
Temática: nesta primeira convocatoria dos Premios acórdase
propoñer como centro de interese “Recursos didácticos
relacionados coa temática do Prestige en Galicia”.
|
|
| » |
Faro
de Vigo, Martes, 30 de septiembre de 2003 www.farodevigo.es
"LOS
NIÑOS DEBEN MIRAR ADELANTE EN UNA GALICIA VERDE Y
BRILLANTE", ACONSEJA LA MINISTRA
La
catástrofe del "Prestige" no es cosa de niños
Nacho
Mojón / SANTIAGO
Desde
la recuperación de la gallina de Mos hasta la potabilidad de las
fuentes públicas de Carral pasando por los molinos de vientos. El
Congreso Nacional de Medio Ambiente para Niños, que se celebra
esta semana en Santiago, hace un amplio recorrido por las más
variopintas experiencias vinculadas con la naturaleza y, sin
embargo, deja un espacio en blanco que no ha pasado inadvertido al
medio millar de alumnos y profesores llegados de todas las
comunidades autónomas.
Ninguna
de las cincuenta casetas donde se exponen los proyectos o de las
cuarenta ponencias incluidas en el programa está dedicada a la la
mayor catástrofe medioambiental de la historia de Galicia: el
Prestige.
La
ministra de Medio Ambiente, Elvira Rodríguez, que se divirtió
recorriendo los talleres y bromeando con los alumnos sobre sus
dibujos de paisajes gallegos, dejó claro que la tragedia del
petrolero no debe ser un asunto del que se ocupen las generaciones
más jóvenes.
"Creo
que los niños deben mirar hacia adelante en un Galicia verde y
brillante, con su sol y sus pájaros", comentó la ministra,
que dijo quedarse maravillada con los cuadros que pintaban los más
pequeños sobre la comunidad autónoma. Las consecuencias de la
tragedia que inundó de chapapote las costas gallegas, propuso
Elvira Rodríguez, deben quedar para los gobernantes. Finalmente
deseó que llegue un día en que el barco se convierta en un
"maldito recuerdo".
Sorpresa
por la ausencia
La
falta de charlas o paneles sobre la marea negra o con los trabajos
de recuperación de las playas dejó atónitos a muchos de los
alumnos y profesores congregados en este certamen.
"¡Hombre,
claro que nos sorprende que no haya nada! Celebrándose en Galicia
y siendo el congreso sobre medio ambiente, debería ser el tema
central", comenta Adrián Fernández, alumnado de cuarto de
la ESO de Monforte de Lemos.
Julián
María Cano y María del Carmen Povedano, profesor de Biología y
educadora social de un centro Cádiz, confiesan echar de menos que
alguno de los colegios o institutos gallegos, o bien la propia
Xunta, haya tocado el tema de la marea negra.
"Tenía
que haber salido de los centros de aquí", apunta Julián María,
quien recuerda cómo en su instituto se trató el tema a través
de una revista redactada por los propios alumnos.
Para
muchos, la ausencia resulta más llamativa si se tiene en cuenta
que el desastre del Prestige ocupó un espacio relevante en
las aulas durante el curso pasado, bien en las asignaturas
vinculadas con las ciencias o a través de actividades
extraescolares. En Galicia se llegó a organizar una cadena humana
formada por escolares dándose la mano a lo largo de la Costa da
Morte.
El
conselleiro de Medio Ambiente, José Manuel Barreiro, que acompañó
a la ministra en su visita por el Palacio de Congresos de
Santiago, se apresuró a aclarar que la Administración gallega no
tenía responsabilidad alguna en que el Prestige hubiese
quedado descolgado del temario y aseguró que habían sido los
propios centros quienes escogieron los temas de sus trabajos.
|
|