NOVAS SOBRE O CHAPAPOTE E INCOMPETENCIAS DERIVADAS

- mensaxes antigas-

 

»

12/04

2004

Centos de aves aparecen petroleadas nas praias das Rías Baixas

- Fin de semana negro das costas galegas: ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)

- Alertan da posíbel morte de moitas aves petroleadas esta semana pola falta de meios.

- Ecoloxistas denúncian a "lenta resposta" da Xunta coas aves petroleadas mália a experiéncia do Prestige.

- O chapapote segue a chegar ás nosas costas.

- Cando o 8 de abril a Consellería de Medio Ambiente pretendeu sacrificar 200 aves petroleadas, no Centro de Recuperación de Fauna de Cotorredondo estaba almacenado material utilizábel para atender aves petroleadas.

- As organizacións ecoloxistas esixen cesamentos na Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Podes ler máis información relacionada con estes feitos en:  

A Cova da MouraNunca Máis Carnota   Canal Verde de Vieiros

»

02/04

2004

500 días desde o Prestige: Existen 300 puntos contaminados por fuel no litoral, segundo ADEGA
A mobilización cidadá, certos labores de recollida de fuel e a creación da Comisión sobre Seguridade Marítima no europarlamento son algúns dos elementos positivos que salienta ADEGA despois de que pasasen 500 días desde a catástrofe do Prestige. O capítulo das carencias é máis preocupante.

Nova extraída de vieiros   Máis información: Nota de prensa de ADEGA

»

02/04

2004

 

A Fiscalia pede ao TC que declare "nula" a disolución da comisión de investigación na Cámara galega

A Fiscalia do Tribunal Constitucional (TC) solicitou que se declare a "nulidade" da resolución da Presidéncia e do pleno do Parlamento de Galiza pola cal se acordou a disolución da comisión de Investigación sobre a catástrofe do Prestige.
Nun escrito remitido á Sala Primeira do TC o fiscal José María Cabaleiro Sánchez Izquierdo solicita que se recoñeza aos deputados da oposición o "direito fundamental ao exercício do cargo público".

Ler máis en A Cova da Moura

»

24/03

2004

 

Investigadores entregarán ao Governo un relatório sobre as consecuéncias do fuel na fauna mariña

O director da Estación de Bioloxia Mariña de A Graña, o profesor Vitoriáno Urgorri, entregará a próxima semana no Ministério de Ciéncia e Tecnoloxia unha memória sobre o estado das populazóns mariñas despois da maré negra do petroleiro Prestige.
Vitoriáno Urgorri foi o coordenador deste relatório, no que tamén traballaron docentes e investigadores das Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. O obxectivo da memória é avaliar as consecuéncias que tivo o vertido do Prestige na fauna mariña en estado primaveral.

Ler máis en A Cova da Moura

»

10/03

2004

A Comisión Europea arquiva a queixa de Greenpeace sobre o Prestige

A Comisión Europea non abrirá procedimento de sanción contra o goberno español por ordenar o afastamento do Prestige da costa. A Dirección Xeral de Medio Ambiente da comisión decidiu arquivar a denuncia presentada por Greenpeace contra o goberno español por violación da directiva 442 de 1975 sobre residuos porque "as autoridades españolas fixeron todos os esforzos para controlar e deter o escape de petróleo".

A organización ecoloxista considera que se trata dunha decisión "política". En primeiro lugar, porque a comisión lle "dá a razón a Greenpeace" ao admitir que "a directiva marco de residuos é aplicábel ao caso" e logo porque "non se manifesta en concreto sobre o afastamento do buque da costa".

O director de Greenpeace, Juan López de Uralde, declarou que "a comisión nos dá a razón en todos os puntos da nosa queixa, para acabar finalmente dicindo que a van arquivar. Por que, se temos razón, se arquiva a queixa? Obviamente non é por razóns técnicas ou medioambientais".

Nova publicada en www.vieiros.com 

»

07/03

2004

A Fundación Arao recuperará unha praia marroquina

A Fundación Arao, constituída en finais de 2002 para canalizar axudas públicas e privadas dirixidas á recuperación dos danos causados polo Prestige, colaborará coas autoridades de Marrocos para rexenerar unha zona de praias situada a poucos quilómetros de Melila e coñecida co nome da Bocana.

A implicación da fundación nun proxecto marroquino afasta-se do seu teórico ámbito de actuación e bate cos obxectivos que se recollen nos seus estatutos fundacionais. Asi, a finalidade desta organización promovida polo Governo galego é "a recuperación ambiental de Galiza" a través de actuacións que permitan "a restauración dos ecosistemas litorais afectados polos hidrocarburos e a recuperación dos valores naturais e turísticos do ecosistema galego". (...)

A nova de que a Fundación Arao participará activamente nun proxecto de recuperación de praias en Marrocos foi recebida con surpresa e mal-estar polo colectivo Nunca Mais, que exixirá explicacións á Xunta para coñecer os detalles desa colaboración.

Nova de www.acovadamoura.tk 

»

01/03

2004

Segue a chegar fuel e.. ¿O chapapote non entra en campaña?

- "La economía, la educación y la guerra serán los temas centrales de la campaña" reza La Voz de Galicia sobre unha zona impregnada de chapapote. Claro que con esas imaxes de praias esplendorosas que todos vimos pola tele é lóxico que o chapapote deixe de ser preocupación principal da clase política, é que os galegos e galegas só vemos as nosas praias e cantís pola tele...

- clica na imaxe para vela máis grande -

- E non só temos chapapote "añejo, gran reserva". Senón que tamén chegan galletiñas novas a visitarnos. Se non o cres podes ir ver fotos e vídeos recentes na web da Plataforma NM de Carnota ou tamén podes ler esta información en a cova da moura (29.02.04): "Praias de A Costa da Morte receben a diário restos de fuel do Prestige" "Resíduos do Prestige chegan ao litoral asturiano"   

- Visto o panorama haberá que chamar a atención e demostrar que ainda queda moito fuel na costa malia que o goberno pretenda pasar páxina e dar a situación como normalizada. A Plataforma Nunca Máis organiza para o día 7 de marzo unha acción de recollida de chapapote en Carnota. Se estades interesados/as en asistir poñédevos en contacto canto antes coas plataformas comarcais de NM. 

»

27/02

2004

A Plataforma Nunca Máis de Catalunya convídanos a asistir á xornada:

Xornada: Quen é o responsable da catástrofe do Prestige? Análise da xestión do accidente. Analise das responsabilidades penais .

Catro centos setenta e cinco días despois, son moitas as incógnicas que aínda non foron aclaradas sobre o naufraxio e o posterior afondamento do petroleiro Prestige diante das costas de Galiza. Que causou a avaría? Alonxar o barco ou levalo a unha zona de abrigo? É o capitán o responsable? Estas e outras cuestións, claves para entender por que a xestión dun accidente derivou en catástrofe, serán analizadas coas as diferentes causas penais abertas na Xornada Quen é o responsable da catástrofe do Prestige?, organizada pola Plataforma Nunca Máis de Catalunya, que se celebrará o vindeiro 2 de marzo no Centro Cívico Drassanes da cidade de Barcelona (R/ Nou de la Rambla, 43).  

ler programa: galego   catalá

»

25/02

2004

O Movimento polos Direitos Civís presentou unha denuncia no xulgado de Compostela contra Arsenio Fernández de Mesa por "vulneración dos dereitos á libre circulación, manifestación e concentración" durante a manifestación de Nunca Máis do 25 de xullo na Praza do Obradoiro pola concesión das medallas de Galiza.
ler máis  na web do Movemento polos Dereitos Civís e na web da Plataforma Nunca Máis

»

22/02

2004

O xuiz de Corcubión chama a declarar como imputado ao administrador da armadora do Prestige

O xuiz do Xulgado de Corcubión, Javier Collazo, acordou que o administrador de Universe Maritime, armadora do Prestige, Michael Margrete, declare como imputado na causa aberta para investigar as posíbeis responsabilidades penais polo naufráxio do petroleiro fronte ás costas galegas.

Deste modo o xuiz estimou o recurso de reforma interposto polo Ministério Fiscal e ao que se aderiran a Advogacia do Estado e a Plataforma Cidadá Nunca Mais, segundo informaron fontes da Advogacia do Estado.

A declaración en calidade de imputado de Michael Margrete xa fora solicitada pola Advogacia do Estado o 27 de Maio de 2003 e indirectamente fora admitida polo Auto da Audiencia Provincial de A Coruña de 9 de Setembro de 2003.

O xuiz indicou que, debido a que Margrete ocupaba o cargo de director de Operacións da empresa que explotaba comércialmente o Prestige na época á que se contraiu a instrucción desta causa, é "razoabel" pensar que a persoa que ocupaba este posto ten "suficiente coñecemento" do estado e situación do buque e, á vez, poder de dirección sobre el, que o habilitan para a adopción dunha série de "decisións estratéxicas transcendentes".

Ao mesmo tempo, segundo indica o xuiz, o titular deste posto contaba con "aptitude suficiente como para concebir -sen ánimo de anticipar un prognóstico de culpabilidade sobre a antedita persoa- que unha eventual responsabilidade penal nos feitos que se investigan non é unha posibilidade imaxinária, irreal ou ilusória".

Asi, o maxistrado explica que este feito, unido á necesidade de garantir o direito constitucional de defensa, levou-no a acordar a declaración do director de Operacións de Universe Maritime "en calidade de imputado".

Resolución de "muitísima importáncia", segundo a advogacia do Estado

En relazón con esta resolución, a Advogacia do Estado manifestou que ten "muitísima importáncia" para lograr romper o limite de responsabilidade do proprietário do Prestige e para involucrar no proceso ao armador Universe Maritime "non só por actos de execución na navegación a través do Capitán Mangouras, senon tamén fundamentalmente por actos de administración da sociedade".

En opinión da Advogacia do Estado, esta resolución xudicial confirma que existen "claros indícios" de que o armador criou unha situación de risco. Do mesmo modo, indicou que, o estado estructural do buque; a cualificación da tripulación; o pioramento da sua situación ao destiná-lo a armacén; e outras muitas circunstáncias poñen de manifesto a criación dunha "evidente situación de alto risco para o Meio Ambiente".

Finalmente, a Advogacia do Estado manifestou a sua confianza en que esta "importante resolución" do xuiz de Corcubión sexa un "paso mais" na exixéncia de responsabilidades a todo o entramado empresarial do Prestige.

"Margretis defendeu a actuación de Mangouras. A primeira declarazón" (La Voz de Galicia)
"O caso: de seis a cinco acusados" (La Voz de Galicia)

Información de www.acovadamoura.tk 

»

15/02

2004

 

Un relatório encarregado por EU a peritos da Politécnica de Barcelona acusa a Fomento de agravar a avaria do petroleiro 

"Nunca debeu permanecer en mar aberta mais que o tempo xusto para tomar reboque" Un relatório de peritos da Universidade Politécnica de Barcelona encarregado por EU sobre a traxédia do Prestige sustén que o afastamento do barco, o seguimento de derrotas incorrectas que enfrontaron o buque a unha maior ondaxe, o labor de rebocamento e a posta en marcha do motor do barco foron elementos decisivos no agravamento da avaria inicial do buque. O documento será aportado ao xuiz de Corcubión (A Coruña) que instrui esta causa.

clica aquí para ler máis

nova de www.elpais.es 

»

08/02

2004

 

O goberno denega 62.000 euros a un estudo sobre os efeitos do Prestige.

O ministério de Ciéncia e Tecnoloxia denega 62.000 euros de financiación a un estudo que ampliaba os critérios á hora de avaliar o dano económico do desastre causado polo afundimento do petroleiro Prestige, e que portanto poderia ter fixado un dano económico maior que o recoñecido até agora.

Ler máis en  Cadena Ser

»

06/02

2004

 

NM A Coruña organiza un acto na dársena este domingo ás 12.30

06/02/2004 Este 9 de febreiro cúmprese un ano da manifestación das maletas da Plataforma Nunca Máis na Coruña, e desde NM A Coruña queren lembrar todo o traballo feito desde hai máis dun ano por NM nun acto que vai ter lugar este domingo a partir das 12.30 na dársena.

O acto consistirá nunha solta de globos para lembrar a manifestación das maletas que hai un ano reuniu a máis de 100.000 persoas na Coruña.

Este acto foi apresentado este venres por Xurxo Souto, portavoz da plataforma NM, e os mariñeiros Luis Dopico e Xosé Manuel Roca.

Xurxo Souto manifestou que a Plataforma Nunca Máis seguirá a promover iniciativas porque a situación de indefensión é a mesma, asi como reiterou as criticas ao Plan Galicia, que cualificou de "cortina de fume".

Pola sua banda, Luis Dopico e Xosé Manuel Roca denunciaron a dificil situación que está a atravesar o sector. Roca asegurou que o PP tenta silenciar ao sector con coaccións económicas, en alusión ás axudas, e afirmou que a sua única opción é vender os seus dereitos.

Luis Dopico informou de que 150 barcos de baixura están a despedir a persoal e perguntouse por qué non se lles concede a alternancia de artes de pesca para garantir o seu futuro.

Acudide este domingo a cidade da Coruña á dársena ás 12.30!

Nova de www.plataformanuncamais.org 

»

06/02

2004

 

La Xunta permitió cultivar almejas en zona afectada por el “Prestige”

La contaminación supera siete veces lo permitido

06-02-2004 CADENA SER

La Xunta de Galicia autorizó el cultivo de almejas en una zona en la que la mortandad de los moluscos ha alcanzado el 70% por el desastre del “Prestige” Los niveles de contaminación de las almejas superan siete veces lo permitido internacionalmente.

ler máis en www.cadenaser.com 

http://www.cadenaser.com/articulo.html?xref=20040206csrcsrsoc_6&type=Tes 

»

06/02

2004

 

Prestige: a explicación de Mangouras
“Non se fixo análise da situación da estructura do buque e unicamente se pediu poñer en marcha o motor para afastalo a máis de 120 millas da costa”. O capitán do Prestige, Apóstolos Mangouras relatoulle este xoves aos enviados da eurocomisión sobre a catástrofe, o galego Camilo Nogueira entre eles, o acontecido no buque nas horas posteriores ao accidente. Segundo Mangouras, o técnico enviado por Fomento nin examinou a estructura do petroleiro nin lle consultou antes de arrancar os motores. Na opinión de Nogueira, as declaracións do capitán grego confirman que o goberno non xulgou obxectivamente a situación avaliando as alternativas existentes.

Nova de www.vieiros.com 

»

29/01

2004

Na web de Nunca Máis podedes ler as intervencións da plataforma cidadá na Comisión Temporária de Seguridade Marítima no Europarlamento o 22 de xaneiro

- Texto da comparecéncia de NM lido na Comisión Temporária de Seguridade Marítima no Europarlamento o 22 de xaneiro

- Intervención de Felipe Louzán na Comisión Temporária sobre Seguridade Marítima

»

22/01

2004

ACTION MAN!

En marcha o proxecto Man por Man!

Bota a andar a primeira acción do Colectivo Aberto Man por Man. A libreta de Man! O Colectivo nace o 3 de xaneiro do 2004 coincidindo co acto de aniversario da morte de Man en Camelle. Os seus obxectivos iniciais son demandar a realización do publicamente comprometido Museo de Man; esixir transparencia na selección dos proxectos que se presenten en convocatoria pública e nas futuras actuacións de execución; influir para que non sexa un museo morto. Explican: Non queremos un mausoleo. Queremos un espacio dinámico, polivalente e respectuoso co medio e coa obra do artista; e, sinalan no seu texto de apresentacion: Queremos tamén, por extensión unha Costa da Morte culturalmente viva.
Continúa lendo... en www.burlanegra.org 

»

22/01

2004

Os eurodeputados escoitan a voz de Nunca Máis
Intensa xornada na comisión temporal sobre seguridade marítima en Bruxelas. O profesor da Escola Superior de Mariña Civil da Coruña, Felipe Louzán, fixo un repaso crítico, desde un punto de vista técnico, das decisións que adoptou o goberno español durante a catástrofe do Prestige, en especial, sobre a orde de afastamento do petroleiro. A intervención de Louzán foi recibida con aplausos por parte da maioría dos eurodeputados, agás os do grupo popular. Membros dos grupos liberal, socialista e Esquerda Unida Europea solicitaron unha copia por escrito do informe do capitán coruñés e aseguraron que era o documento máis técnico e obxectivo dos que ata agora tivera acceso a comisión. Louzán foi convidado a comparecer na comisión polo grupo dos Verdes-Aianza Libre Europea, ao que pertence Camilo Nogueira. Unha delegación de Nunca Máis estivo presente durante os debates, que comezaron coa intervención da comisaria de Transportes Loyola de Palacio. Nova extraída de www.vieiros.com

Máis información en www.plataformanuncamais.org, www.acovadamoura.tk .

»

19/01

2004

MÁIS DUN ANO DESPOIS, O PRESTIGE SEGUE FORNECENDO O NOSO PRESENTE DE NOVAS

O chapapote continua entre nós...

O chapapote volve entrar na costa. Achégase á Galiza, lambe Franza en La Vendee, entra nas rias e lixa Ogrove. Os galegos e galegas estamos a convivir co chapapote, si, señor concelleiro de pesca, esa é unha realidade presente, pasada e futura. Seguimos coa bandeira manchada. Se queredes mirar as últimas informacións sobre o PPrestige, facede unha visita a duas páxinas que están a cubrir a marea negra de forma excelente, entre outras.
www.acovadamoura.tk 
www.vieiros.com 

Nova de www.burlanegra.org 

O chapapote adentra-se na ria e salfire as praias de A Illa de Arousa. Só na praia de Mallón recolleron-se 200 kilos do vertido achado na noite do mércores (a cova da moura)

»

15/01

2004

As costas grovenses voltan a ver-se salferidas por galletas de fuel

Galletas de fuel brillante e mui líquido voltaron rondar as costas exteriores de O Grove. Onte mesmo, a confraria detectaba a presenza de innumerabeis manchas en zonas como Raeiros e Con Negro. O pósito puxo esa información en coñecemento do alcalde, que se comprometeu a falar co Comisionado, pero de A Coruña non chegou nengun tipo de resposta. Tampouco TRAGSA serviu de axuda, xa que a cadrilla que comparte O Grove con Sanxenxo non daba abasto. De feito, mariscadoras e vixilantes do pósito tiveron que tomar a iniciativa, e retiraron 12 sacos de chapapote.

O Grove non é o único lugar afectado. Onte, entre Cangas e Baiona, detectaron-se numerosas galletas aboiando na auga, e depositadas sobre os areais.

Ler mais en La Voz de Galicia

Nova escollida de www.acovadamoura.tk 

»

15/01

2004

El patrón mayor de Camelle pide el vallado del museo de Man (la voz | carballo)

El patrón mayor de la cofradía de Camelle, Carlos Tajes, considera que el museo de Man precisa una mayor protección que la que tiene en la actualidad, que es escasa. De hecho, está limitada a carteles de advertencia contra el acceso y la puerta de la caseta cerrada.

Tajes dice que si la cofradía fuese la encargada de la gestión, estaría ya vallado. 

Ler máis en La Voz de Galicia

»

15/01

2004

¿Qué pisou Rajoil? Chapapote histórico e prehistórico en Ximprón.

O mesmo día 27 de decembro "La Voz de Galicia" titulaba unhas declaracións de Rajoy "El Prestige ya es historia"

Acompañaba o titular con esta magnífica foto. Nós, aínda que nos cremos o que nos di a Voz, Rajoy e incluso don Manuel (para este xa é prehistoria), tíñamos intriga por saber como era a seguinte foto, por saber onde caia o elemento vah! Así que con cámara de fotos, de video e o xornal fómonos á praia, entre Ximprón e Ardeleiro. 

A historia é esta:

 

 

 

Podedes ollar máis fotos aqui

Ler mais en Plataforma Nunca Mais - Carnota

»

13/01

2004

‘O mar sen lei’
Mentres o Prestige estaba en San Petersburgo tiña outro capitán, Esfraitos Kostazos, quen lle enviou aos propietarios do petroleiro informe de serios e urxentes problemas no buque, advertíndolles dos perigos para a navegación. No canto de realizar as reparacións precisas, os propietarios substituíron a Kostazos por Mangouras. Este é un dos datos que achega a reportaxe recentemente emitida polo prestixioso programa Frontline da televisión pública estadounidense. Coordinado polo investigador Mark Shapiro, o traballo trata de tirar dos complexos fíos da industria marítima internacional, tomando exemplo coa trama do Prestige, e en palabras do autor “había ocasións nas que semellaba estar furando nunha operación secreta do Pentágono (…) é incrible o secretismo do sector sobre si mesmo, ninguén fala de ninguén no negocio por se o próximo Prestige o protagonizan eles mesmos…”

información de www.vieiros.com 

»

13/01

2004

Uría recoñece que o fuel segue a chegar ao litoral galego
O comisionado do Governo para o Prestige, Francisco Uría, asegurou hoxe nunha entrevista á TVG que ainda chegan galletas de fuel as praias, ainda que non proveñen do pécio -"que está confinado e coas fendas seladas"-, se non de chapapote arrincado polo mar e devolto á costa.

ler máis en a cova da moura

Prestige: máis ondas de chapapote
Praias galegas e areais de todo o Cantábrico deica Francia seguen recibindo de forma periódica restos de fuel do Prestige. O comisionado do goberno, Francisco Uría recoñeceu a situación, aínda que cualificándoa de “esporádica”.

ler máis en www.vieiros.com 

»

10/01

2004

A Eurocámara impulsa sancións penais para reprimir os «sentinazos»

O Parlamento Europeo aprobará a próxima semana unha directiva que incluirá a posibilidade de impoñer sancións penais -incluídas penas de cárcere- a aqueles buques que efectúen verquidos de forma voluntaria, ben sexan lavados de sentinas (sentinazos ) ou limpezas das sas de máquinas (achiques).

ler máis en La Voz de Galicia

»

10/01

2004

Fotos da homenaxe a Man
O pasado sábado día 3 de xaneiro celebrou-se na parróquia camariñesa de Camelle unha entrañábel e sentida homenaxe a Man. Como o definiria Miguel de Lira "oficiante" do acto, a primeira vítima da Revolución dos "inocentes", facendo alusión ao día da sua morte o 28 de Decembro.

Podedes ver as fotos en www.acovadamoura.tk 

»

17/12

2003

A Plataforma cidadá Nunca Máis convoca concentracións este xoves 18 de decembro ás 20.30 en Santiago, Pontevedra, Ferrol, Lugo e Ourense. 

Baixo o lema “O Plan Galicia non aparece reflectido nos Orzamentos do Estado. Non é plan”, este xoves NM amosará o seu rexeitamento a estes primeiros orzamentos após a catástrofe do Prestige.

Baixa aquí o cartaz

ler máis na web da Plataforma Nunca Máis

»

1/12

2003

 

Un petroleiro similar ao Prestige pasará pola costa do Estado español

Unha compañia estadounidense fretou un petroleiro monocasco de 24 anos de antiguidade para trasladar 50.000 toneladas de fuel-oil pesado arrodeando a costa da península Ibérica, un ano despois de que o Prestige se afundise nas suas augas causando miles de millóns de euros en danos.

Axentes do transporte marítimo dixeron que a compañia Westport Petroleum, con sede en Califórnia, alugara os servizos do "Geroi Sevastopolya", de propriedade e bandeira rusa, para levar a carga a Singapur nunha data non especificada en Decembro.

ler máis en www.acovadamoura.tk , en noticia de www.laopinioncoruna.com, ou en www.vieiros.com 

»

28/11

2003

Un barco con uranio pasará polas nosas costas

» Nunca Máis esixe ao Governo que non permita ao Fret Moselle pasar polas nosas augas polo seu perigo e deficiencias
A Plataforma Nunca Máis esixe do Governo Español unha posición firme para que impida o paso na zona económica exclusiva do “Fret Moselle”, e que como o governo arxentino obrigue a este barco a modificar o seu rumo para defender ao noso litoral. NM estuda tomar medidas xurídicas ante o paso do “Fret Moselle” e expresa o seu rexeitamento e quere deste xeito informar a cidadania.
» NM apresenta unha petición no xulgado para que o Governo español impida o paso do Fret Moselle
Como comunicamos na nota de prensa do xoves 27 de novembro a Plataforma Nunca Máis, através da sua comisión xurídica, apresentou no dia de hoxe unha petición ante o governo español. O obxecto da presente petición é que se prohíba a entrada no territorio do Estado e a súa zona marítima económica exclusiva ao buque 'Fret Mosselle', cargado de produtos tóxicos e contaminantes.
ler máis en www.plataformanuncamais.org 

» GreenPeace di que o Fret Moselle supera a radiactividade desprendida na traxedia de Chernobil

O barco que transporta residuos nucleares e que, segundo denunciou Nunca Máis, pasará nos próximos días fronte as costas galegas. A perigosidade en caso de accidente é moi alta, de tal maneira que Carlos Bravo, de GreenPeace, non dubida en afirmar que "é máis perigoso que un petroleiro". Para esta organización ecoloxista a solución pasa por non realizar este tipo de transportes.

ler máis en www.galiciainformacion.com 

»

25/11

2003

A CULTURA EN ACCIÓN ENTRE TODAS E TODOS

Foro Negro contra a Burla Negra

A plataforma contra a Burla Negra convoca os cidadáns a participar no FORO NEGRO, un encontro de denuncia e de propostas de alternativas culturais que se celebrará os días 13 e 14 de decembro, no Instituto Galego de Información (Santiago de Compostela).

clica aquí para ir ao foro negro

»

19/11

2003

A PLATAFORMA BURLA NEGRA DENÚNCIA!
Están roubando o Museu de Man!
Denunciamos máis un roubo da nosa memória. Denunciamos a degradación do Museu de Man. Denunciamos a incompeténcia do noso governo para manter un dos entornos artísticos máis valiosos do noso país.

Segundo nos informan desde Camelle, o Museu de Manfred está sendo roubado pedra a pedra. As suas esculturas e intervencións sobre pedra, madeira e óso están a desaparecer debido á afluéncia desmesurada de persoas e á falta de control por parte das autoridades.

Desde a Plataforma Burla Negra queremos lembrar outra falsa promesa da Xunta de Galiza que se comprometera a destinar os cartos que inicialmente estaban destinados a subvencionar os Prémios Max de Teatro ao mantemento do Museu de Camelle. One están eses cartos? A Xunta volve, máis unha vez, ao exercício da incompeténcia.

Desde a Plataforma Burla Negra queremos lembrar tamén a última vontade do criador de Camelle: o Museu debia pemanecer co chapapote encima, coa negra capa de morte sobre a pedra, como memória do maior desastre da costa do noso país.

Salvemos o Museu de Man! Burla Negra Nunca Máis

»

18/11

2003

Queren calar as nosas conciéncias!
Unha circular da Xunta do 12 de novembro pedia que se retirarán cartaces e que se evitara a mobilización no cabodano do Prestige
17/11/2003 Desde aqui podedes coñecer o texto integro da circular da Xunta de Galiza onde se afirma " a firme vontade de evitar que se repitan como o ano pasado actividades promovidas por plataformas de mobilización social que alteren o normal funcionamento dos centros de traballo" e tamén di "dispoña as medidas necesárias que eviten actividades non autorizadas ou a colocación de carteis alusivos"; tamén solicita a retirada dos mesmos se os houbera e tendo en conta que era o 12 de novembro solicita tamén vixiancia prévia!!!

Máis información en: Plataforma Nunca Máis, Burla Negra, A Cova da Moura (18/11/03)

»

12/11

2003

O próximo día 15 de novembro, sábado, os voluntarios de nunca máis imos facer un recoñecemento da costa en Santa María de Oia (pasado Baiona), recoller chapapote e entregalo no rexistro da xunta para denuncialo penoso estado das nosas costas.
Se te queres unir chama ó teléfono 629 801 961 (suso)
Porque nos escarallaron o país e volverían a facelo mesmo.
NON Á BURLA NEGRA

http://usuarios.lycos.es/nuncamaisvigo/ 

»

11/11

2003

Consulta as actividades de cara ao aniversário do desastre do PPrestige. Non esquecemos, os seus 365 dias de incompeténcia e os nosos 365 dias de dignidade. Nunca Máis!

Tes toda a información en Burla Negra e Plataforma Nunca Máis

Tamén podes visitar as páxinas doutros colectivos de Nunca Máis (mira a sección ligazóns)

tamén nos xornais: La Voz de Galicia

»

8/11

2003

 

Pesqueiros de A Costa da Morte denúncian que o fuel estraga os seus aparellos

Na mesma semana que pesqueiros de O Morrazo chegaban a porto coas artes impregnadas en chapapote, na Costa da Morte catro pesqueiros recolleron os aparellos nas mesmas condicións. Son o San Martiño, o José Antonio Segundo, o Canizas Veiga e o Caprichosa. O primeiro deles descarregou os seus miños deteriorados no porto de Camariñas. O José Antonio Segundo e o Canizas Veiga entregaron-os en Malpica, mentres que o Caprichosa deixou-nos en Laxe.
Un dos mariñeiros afectados por esta situación comentou que a perda, en calquera dos catro casos, non é inferior aos 2.400 euros, ao que haberia que sumar o lucro cesante polo tempo que non poderán faenar até que consigan redes novas. A Cova da Moura

ler máis: A cova da Moura 

La Voz de Galicia 8/11/2003

Faro de Vigo 6/11/2003

»

7/11

2003

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeu admite a trámite unha denúncia por censura informativa durante a crise do Prestige
A Comisión de Peticións do Parlamento Europeu decidiu admitir a trámite unha denúncia por censura informativa durante a catástrofe do Prestige realizada polo Movimento polos Direitos Civís, e solicitou á Comisión Europea que "adopte unha postura sobre os diferentes aspectos" desta petición.
Este organismo europeu afirmou nunha nota remitida a esa asociación que o "obxecto" denunciado "incide no ámbito de actividades da Unión Europea". Asi, sinala que "proseguirá o exame" desta petición "a partir do momento en que dispoña da información requerida".
O Movimento polos Direitos Civís reclamou que se investigue a actuación do Estado español e do Governo galego pola "vulneración dos direitos fundamentais de liberdade á información e a receber información veraz" durante a cobertura da catástrofe do Prestige en Decembro do ano pasado.
Asi, esta asociación mostrou-se "satisfeita" coa decisión adoptada pola Comisión de Peticións da Eurocámara e agarda que "se adopten medidas que obriguen aos governantes españois e galegos e aos meios públicos a respeitar os direitos fundamentais".
ler máis: A cova da Moura 
»

2/11

2003

A Plataforma Nunca Máis de Ourense envíanos información sobre as actividades que van realizar con moitvo do cabodano do Prestige.

 

OURENSE - PRIMEIRO CABODANO DO PRESTIGE

ACTOS  ORGANIZADOS POLA PLATAFORMA NUNCA MÁIS DE OURENSE

365 DÍAS DE DIGNIDADE

 

CONCENTRACIÓN: 13 de Novembro ás 20:00 na Praza Maior

 

MAGOSTO: 13 de Novembro ás 21:00 na Praza da Madalena.

 

MESAS REDONDAS NO ATENEO DE OURENSE:

 

INFORMACIÓN E CONTRA-INFORMACIÓN

Dia 4 de Novembro, martes, terza-feira, 20.00 horas

Moderador:

Camilo Franco ( La Voz de Galicia)

Comba Campoi (Boletín Contramaré)

Xosé María García Palmeiro - Decano Colexio de Xornalistas  de Galiza)

Elvira Varela ( Xornalista da TVG)

Rocío Castro ( Xefa de prensa da Plataforma Nunca Máis)

XUSTIZA, ECONOMIA E PESCA

Dia 5 de Novembro, mércores,quarta-feira, 20.00 horas

Moderador:

Heitor Lopez de Castro ( Comisión Xurídica de Nunca Máis)

Xoán Ramón Doldán García (Profesor de Economía Aplicada da USC)

Manuel Maneiro ( Confraría da Póboa do Caramiñal)

Miguel Ángel Michinel (Profesor de Direito Internacional Privado da Uvigo)

VOLUNTARIADO, MEIO AMBIENTE E SAUDE

Dia 12 de Novembro, mércores,quarta-feira, 20.00 horas

Moderador:

Xosé Santos Otero ( Secretario de Meio Ambiente CC.OO. Ourense)

Jorge Pérez ( Vicepatrón Maior Da Confraría de Aldán)

Xabier Pumariño ( Vogal de  Biodiversidade de ADEGA)

Miguel Anxo Murado ( biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo)

Xosé Lois Cea Nogueira ( Colexio Oficial de Psicólogos de Galiza)

MOVIMENTO NUNCA MAIS

Dia 14 de Novembro, venres,sexta-feira, 20.00 horas

Moderador:

Xavier Paz ( Plataforma Nunca Máis de Ourense)

Uxia Senlle ( Voceira da  Plataforma Nunca Máis)

Concha Fernandez (  Representante da Coordenadora de Ensino Area  Negra)

Xurxo Souto (  Representante de Burla Negra)

Bieito Lobeira ( Membro da Plataforma Nunca Máis)  

»

1/11

2003

 

O Último Urogallo 2003 para NUNCA MAIS

[ARCA] [27-10-03]

A Xunta Directiva da Asociación para la Defensa de los Recursos Naturales de Cantabria (ARCA), decidiu otorgar o premio ÚLTIMO UROGALLO a la Defensa del Medio Ambiente do presente ano á Plataforma Ciudadana NUNCA MAIS 

ler máis en ARCA

»

29/10

2003

 

30 de Outubro
Plataforma: Nunca Máis  
Recital músico poético de NM Vigo ás oito da tarde na Pza da Princesa
Xosé Maria Álvarez Caacamo e Laura Quintillán serán os protagonistas deste recital poética que pretende, dun xeito lúdico, continuar a denunciar a actuación do Governo na catástrofe do Prestige un an
Desde Nunca Máis Vigo continúan as actividades.

Desta vez serán o poeta Xosé María Álvarez Cáacamo e a violinista Laura Quintillán quen poña música e poesia a este acto de Nunca Máis Vigo para concienciar a cidadania da necesidade de voltar sair a rua o vindeiro 16 de novembro, e de continuar demandando solucións reais para o noso litoral e o esclarecimento da verdade.

Se queres disfrutar da boa poesia e música con Nunca Máis Vigo, acude!
»

29/10

2003

Fotos e vídeos da contaminación en A Costa da Morte do mes de Setembro

Hai tempo xa que deixamos de confiar nos meios de comunicación. Asumimos que están aí, que é o que hai, que [in]forman de determinada maneira. Non nos gostan pero vivemos fronte a eles. Unha triste e cansina resignación permite-nos aturá-los en siléncio e soidade, interiorizando o seu discurso como identidades atomizadas, partículas isoladas que procesan dados.
Cara finais de setembro, alguns de nós viaxamos a Galiza a descansar e desfrutar das férias cos nosos amig@s. Paseando pola costa (A Costa da Morte) atopamosnos con isto: a plasta infame do chapapote que o impregna todo encanto te afastas das praias accesibeis e as aldeas.
Ler mais en Nodo50

Noticia de www.acovadamoura.tk 

»

29/10

2003

 

«Primeiro querían que o fuel se conxeara e agora, todo o contrario»
Entrevista | Felipe Louzán Lago
Despois de 27 anos traballando no mar como capitán de barcos mercantes, a maior parte deles petroleiros, Felipe Louzán Lago decidiu quedarse en terra.

Foi hai dous anos, cando gañou unha praza como profesor da Escola Superior de Marina Civil de A Coruña. En xullo deste ano acadaba a praza de profesor titular na área de Ciencia y Técnicas da Navegación, na Escola de Mariña Civil da Universidade da Coruña. O cambio do lugar de traballo serviulle para aproveitar tóda a súa experiencia noutros campos. Unha das cousas que fixo este capitán nacido en Sardiñeiro foi redactar un informe técnico, depositado no xulgado de Corcubión como parte do proceso, xustificando que o máis lóxico o día do accidente sería meter o Prestige na ría de Corcubión. El, di, non entra en valoracións, límitase a dar uns datos técnicos que non avalan precisamente a xestión do Goberno. -Outros informes técnicos aseguran que se fixo o correcto. -Non é así, a ría de Corcubión é unha zona clásica de abrigo con suficiente calado para meter ese barco. O día 13 había moi mal tempo, pero o 14 os remolcadores podían levalo ata alá nunhas horas.

- Despois de que decidiran pasear o barco, ¿podíase facer algo mellor do que se fixo? -As condicións empeoraron moito eses días, a cando a brecha chega os 35 metros, o risco e moito maior. Co barco nesa situación, resultaba moi difícil.

- Desde o Goberno culpouse desde un primeiro momento ó capitán e as bandeiras de comenencia. -Non hai que esquecer que España tamén ten un pabellón de comenencia, o de Canarias, e que son as empresas e os gobernos que o permiten, as que se benefician das tripulacións. -Cando o barco foi ó fondo non había perigo porque o fuel íase solidificar... -Si, e paradóxico, primeiro querían que o fuel se conxeara e agora todo o contrario. Non contaban co tempo que é preciso para que iso ocurra. -¿Chegan as medidas tomadas para evitar máis traxedias? -Que eu saiba aínda non hai nada feito e cousas como o alonxamento do corredor de seguridades decidíronse sen pensar.

ler máis en La Voz de Galicia

Artigo relacionado: El informe Louzán sobre el «Prestige» tamén de La Voz de Galicia

»

24/10

2003

O buque oceanográfico do Plano Galiza terá o seu porto base en Barcelona, denúncia Aymerich

O Plano Galiza vai ficando no que xa sabiamos: pura fogataria propagandística.

O buque oceanográfico do Plano Galiza –unha das promesas do Consello de Ministros de Aznar na Coruña- será cofinanciado pola Xunta de Galiza, mais terá como porto base o de Barcelona, denúncia o deputado do BNG Carlos Aymerich a meio dunha pergunta por escrito ao Governo español.

ler máis aquí

»

23/10

2003

 

Pese ás tentativas de bloqueo do PP
Xa temos comisión de investigación no Parlamento Europeu

23/10/2003 Malia ás tentativas de bloqueo do PP haberá comisión de investigación no Parlamento Europeu. A Plataforma Nunca Máis considera unha nova victória a decisión da Conferéncia de Presidentes de criar esta comisión, e tentará aportar toda o seu coñecimento e capacidade a mesma.

ler máis en Plataforma Nunca Máis

»

23/10

2003

Chapapote bélico: convocatoria dunha concentración contra a guerra, sábado 25-Outubro.

Chegounos ó correo esta información de ATTAC-Vigo: Será o Sábado ás oito da tarde, na Praza da Princesa en Vigo.

»

23/10

2003

 

A contaminación persiste nas augas de Galiza e o Cantábrico
A menos dun mes para que se cumpra o primeiro aniversário do acidente do Prestige, tanto as augas, como o sedimento e as espécies mariñas de Galiza, e en especial do Cantábrico, seguen contaminadas polo fuel en maior ou menor medida. Juan José González, investigador xefe de contaminación mariña do Instituto Oceanográfico de Vigo e responsábel do proxecto de seguimento químico do hidrocarburo e da sua evolución no tempo e no espazo, desveou onte en A Coruña que ainda se descoñece cal é o verdadeiro impacto da maré negra nos ecosistemas acuáticos.