Coordenadora de Ensino

Vídeos sobre o Prestige   

 

Vídeos non libres:

»

Marineros en tierra é o título dun documental que conta, cun enfoque eminentemente humano, a vida dunha familia de mariñeiros no pobo de Laxe, e de como a traxedia do Prestige alterou a súa actividade principal. Dirixida polos periodistas Fran Araújo, María Zapico e Gabriel Quintela. Estreno: venres 14 de maio de 2004.

»

Volver ó homeToxic Percebe é unha curtametraxe de Licor Kafé Films, en coproducción coa Escola de Imaxe e Son de Vigo e a Productora Faro. Trátase da curtametraxe máis cutre do cinema galego, gravada en formato DV-CAM con cintas recicladas doutras produccións.

Narra unha historia da Galiza post-Prestige. O fuel non só contaminou as praias senón que tamén provocou cambios xenéticos nunha das especies máis valoradas do noso mar: os percebes. Este é o punto de orixe desta curtametraxe ó máis puro estilo "cómic de serie B" na que convivirán voluntarios para á limpeza con narcotraficantes e... o Monstruo Percebe.

Video ver trailer    Videodescargar a animación (zip)

»

A longametraxe documental "Soliloquio del Farero" realizada pola productora extremeña Libre Producciones, sobre a catástrofe do Prestige foi dirixida por José C. Manzano, e escrita e producida por Ana Baliñas. 

Trata da relación dos seres humanos co mar, de experiencias da nosa memoria colectiva, e máis da negra sombra contemporánea dunha tremenda ameaza de destrucción.

»

Melilla con Galicia. Reportaxe do Colectivo Ecologista Guelaya de Melilla Formato: VHS: 12 euros Formato: DVD:16 euros

 http://www.guelaya.org/principal/prestige/video/video.htm  

»

Extremedios ofrécenos dous vídeos: Camariñas, marea negra || Galicia, marea negra

http://www.extremedios.com/reporteros.htm  contacto@extremedios.com

»

HISTORIAS DEL CHAPAPOTE - Unha visión do voluntariado dende dentro do voluntariado. De Stéphane M. Groso.

No web www.backpackvideo.com está toda a información sobre o documental. Concretamente en http://www.stephane-grueso.de/chapapote_es.htm 

Festival Internacional de Cinema del Medi Ambient http://www.ficma.com/amateurs.htm 

- Pulsando aquí accédese ao Affiche en PDF do documental [257 K]

- Aquí, unha páxina cos premios (tamén mencións ou seleccións) que recibiu este documental

»

EIDOS, nº 1, xullo 2003, Marea negra. Análise da traxédia do Prestige e as suas consecuéncias (de Erva-Ecoloxistas en Acción, contén un vídeo e un CD) http://galiza.indymedia.org/gz/2003/08/1188.shtml 

»

Marea negra (1994) IMAGEN, 35 Y. ASOCIADOS S. A. Conocer La Ciencia - N119. RBA EDITORES, S. A. Duración: 50'. V-0834 http://centros5.pntic.mec.es/cpr.de.alcorcon/recursos/videoteca/educacion/educacion4.htm 

»

Ricardo Llovo presenta o documental Muxía, política na Costa da Morte, producido por Faro. Dur.60'. Mellor documental Mestre Mateo 03. Ver ficha.

As repercusions da catástrofe do Prestige na vila mariñeira de Muxía desde o punto de vista electoral. O fío conductor do documental -que non conta con narración en off- non é a ollada nin dos políticos nin dos voluntarios, senón dos propios veciños da vila, tanto dos máis críticos coa xestión da crise como dos que a aproban. 

»

A illa de loito. Unha pequena historia sobre unha gran traxedia, que narra as circunstancias dos habitantes da Illa de Ons, un documental feito por Produccións Vigo e na dirección Carlos Herbella e Manuel Barbeito, productor executivo Fernando Marcote, director da escola de Imaxen e son de Vigo. 

Máis información aquí.

»

Carcamáns, un documental producido por IB Cinema sobre a loita contra o fuel que protagonizaron os mariñeiros da ría de Arousa nos primeiros días de decembro. Marcos Nine.

»

Nunca máis - La Marea Nera di Stefano Lorenzi, Federico Micali, Teresa Paoli
Una produzione Stefano Stefani per L’Atelier Distribuzione

Italia - 2003 - DV – PAL 40' http://www.altrocinema.it/archivi/nuncamais.htm 

»

La costa herida  

Dirección: Niko Roa  Producción: Javier Linares - Zaza Ceballos 

Zenit Multimedia S.A/ Transglove Films Santiago de Compostela. A Coruña (España) .2003 46 min.

O obxectivo deste documental é coñecer o impacto e as consecuencias do verquido do Prestige nunha das zonas máis ricas do mundo en biodiversidade mariña.

Máis información aquí

»

'Marea. Los efectos del Prestige en Cantabria', promovido por CC.OO. de Cantabria coa colaboración da Consejería de Medio Ambiente. producido pola empresa Imagen Industrial e dirixido por Iñaki Pinedo e Daniel Álvarez.

Rodado en Cantabria durante os meses de novembro e decembro de 2003, este documental quere ser, ante todo, unha ferramenta en materia de educación medioambiental.

»

El Prestige: Desastre en la Costa da Morte” 

Director José Angel Montiel. Unha reportaxe de continental Producciones. Producción internacional para Discovery Channel 50 min dvd  

»

Maldita marea 

53' 

Productora:Produce+ (Sogecable - Canal+) 2003

Documental periodístico que investiga en Galiza, Lisboa, Oporto e Euskadi a catástrofe ecolóxica provocada polo Prestige,  analizando as consecuencias ecolóxicas do brutal derrame de petróleo.

»

"4 días de mayo, seis meses después". colectivo “El tronco de Senegal” Producciones, 2003 (90')

»

Marea. Iratxe Jaio and Klaas van Gorkum. The Netherlands. 66 min.

PRESTIGE, the ecological disaster as a cultural and political phenomenon.

http://home.wanadoo.nl/klaasvangorkum/prestige/index.htm 

»

A productora cinematográfica 'Produccións do País de Nunca Máis' anunciou para maio do 2004 a presentación dun documental composto por varias curtas de diferentes directores, ao estilo da famosa película sobre o atentado das Torres Xemelgas, 11'09''01. http://www.lavozdegalicia.es/se_cultura/noticia.jsp?CAT=106&TEXTO=2157538  

esperamos ...

»

Prestix, de Produccións do País de Nunca Máis-Fundación Paideia. 

Premios 'Mestre Mateo 03': Nomeado como finalista ao premio Mellor Curtametraxe de Animación.

»

Galicia después del Prestige Dirección: Javier Otero. Producción: Localia TV(Santiago de Compostela). Guión: Javier Otero. 48 min.

Crónica para a televisión sobre o que acontecía en Galiza 50 días despois do afundimento do Prestige. 

 

Se coñeces algún outro material agradecemos que nolo comuniquedes para actualizar esta lista. 

Envía un e-mail a correo@areanegra.org indicando "vídeos" no asunto. Gracias.

 

 

Volver á sección "materiais"

subir 

Volver á páxina principal

 


páxina feita pola Coordenadora de ensino Area Negra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org