|
EXPOSICIÓN DE ARTE POSTAL
Características
da Exposición e solicitude: - Consta de 44 paneis con obras internacionais de artistas postais sobre a mare anegra do Prestige. - É un material moi lixeiro, pode-se colgar con "colgafacil" -
O tamaño
de cada panel é 90x70 cm. O material colle en dous coches con
maleteiros amplos. -
Cada centro debera encargar-se de ir recolle-la ao centro
anterior, que procuraremos sexa un centro da zona. -
Cada centro recibirá instruccións para a embalaxe e
transporte da exposición, así como dos centros anterior e
posterior a solicitude da mesma. -
Un mapa do percorrido da exposición así como a información
dos centros solicitantes atopará-se na nosa páxina en breve.
-
Cada centro deberá comprometer-se a vender 20 CD da
exposición a 5 euros cada CD, coa finalidade de financiar os
gastos de maquetación da exposición. -
Comeza a rodar en Muxía a semana do 13.
Instruccións empaquetado exposición - Cada Centro que teña a exposición comprométese a recollela embalada e transportala; tamén se compromete a embalala para que o seguinte Centro a poida recoller. (Acompañan ós paneis dous cadernos de traballos escolares) - Os paneis poden ser colocados en calquera orde, pois están montados aleatoriamente (non hai traballos máis relevantes ca outros). Só hai un panel que debe ir ó inicio da exposición, que é a presentación e ficha técnica.
Para
empaquetar: - Os paneis agrúpanse en catro bloques de 8 e en dous bloques de 6. - Cada bloque farase xuntando os paneis de dous en dous poñendo un metacrilato (parte visible do panel) contra outro para que non se deterioren. - Nos bordos de aluminio hai que colocar un cartón ou algo duro que protexa. Sobre este cartón aplícase a cinta de embalaxe. - Os puntos de suxección han ser dous no bordo longo, e un no bordo estreito do panel. É importante que nas zonas onde a cinta de embalaxe poida toca-los paneis se cubra esta con papel. |