|
| |
|
MATERIAIS
EDUCATIVOS
Envíanos
algún material que che pareza interesante para incluír nesta sección
a correo@areanegra.org
| » |
Outro
mundo é posíbel, existen outros camiños
Tedes
un montón de material para traballar nos coles e instis na sección
"muros a derrubar e propostas de
traballo" da actividade "Outro mundo é posíbel,
existen outros camiños".
Os
temas que se propoñen son:
|
| » |
|
| » |
Exposición
Internaciónal de Arte Postal
IES
AQUIS CELENIS - CALDAS DE REIS
Areanegra xunto Adega pon á vosa disposición a
Exposición Internacional Marea Negra, con máis de
catrocentos traballos e presenza de artistas de tódolos
continentes.
Podedes
visitar a exposición a través da galería na rede que está
na páxina : www.edu.xunta.es/centros/iesaquiscelenis/
Clica
aquí
para ver as Características
da Exposición e solicitude e as Instruccións
para o empaquetado da exposición
|
e-mail
de contacto para reservar a exposición: correo@areanegra.org |
Podes
solicitar automáticamente a exposición para o teu
centro cubrindo o seguinte formulario:
clica
aquí
|
|
| » |
|
Chapapote
na biblioteca
Areanegra pon á vosa disposición unha lista de publicacións sobre o
Prestige, un bo material para ter nas bibliotecas escolares.
Se
coñeces algún outro material , ou sae algunha nova publicación,
comunícanolo para actualizar esta lista. Envía
un e-mail a correo@areanegra.net
indicando "bibliografía" no asunto. Gracias. |

para
non esquecer!
|
|
| » |
|
Vídeos
sobre o Prestige
Areanegra pon á vosa disposición unha lista de vídeos sobre a marea
negra do Prestige. Para visualizalos tes que ter instalados os
programas adecuados.
Clica
no proxector para consultar a lista
Se
coñeces algún outro vídeo,
comunícanolo para actualizar esta lista. Envía
un e-mail a correo@areanegra.net
indicando "vídeos" no asunto. Gracias. |
para
non esquecer!
|
|
| » |
Obras de
teatro
"Salvar ao Mar"
Baixa
a obra de teatro "Salvar ao Mar". A
acción ten lugar nunha pequena poza da costa de Fisterra. Os seus
habitantes reciben unha noticia preocupante: un vello buque
cargado de petróleo vai afundir. Son
imaxes en formato jpg, o texto orixinal escaneado:
Unha
persoa anónima envíanos a obra pasada a formato doc., para
poñela a disposición da xente. Gracias. Podes baixala clicando
aquí: salvaraomar.doc
E
un material que nos enviaron, pero non coñecemos aos autores ou
autoras da obra. Se alguén o sabe agradecemos que nos facilite estes
datos para adxuntalos ao texto. Gracias.
"Mariñeiros
no Nadal"
A
profesora lalinense Esther da Silva apresenta o libro "Mariñeiros
no Nadal" . Trata-se dunha obra de teatro infantil publicada por
Editorial Fervenza baixo a colección A Pinguela Teatro Escolar. O
libro, cunha tirada de cinco centos exemplares, esta á venda nas
librarias de toda a Galiza. Ler mais en La
Voz de Galicia
|
| » |
Exposición
25 anos de Medio Ambiente con Xaquín Marín
Exposición
organizada por ADEGA
- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
A
exposición aborda os principais temas ambientais galegos, empregando
como material gráfico obras de Xaquin Marin acompañadas de textos,
fotos, gráficos e esquemas. Compon-se de 19 paneis (70 x 80 cm) e vai
dirixida aos centros educativos, asi como a asociacións culturais,
ecoloxistas, viciñais e Concellos.
As
peticións poden facerse cubrindo o formulario
web ou chamando ao tfno. 981 570099.
Máis información en www.adegagaliza.org
|
| » |
Webquest sobre a marea negra
1.
www.marea-negra.org
Temos
o pracer de presentarvos esta WebQuest dedicada a maior traxedia
ecolóxica sufrida nas costas galegas. Os profesores que
participamos na súa construcción fixemos o esforzo de abordar co
rigor esixido ó mundo educativo, un tema que estivo, desde os seus
comezos, enturbado por múltiples intereses económicos e políticos.
A nosa aportación artéllase en torno a aqueles contidos,
recollidos no currículo do segundo ciclo de secundaria obrigatoria,
que teñen algún interese para chegar a comprender as diversas
derivacións temáticas relacionadas co caso do Prestige:
medioambiente, xeografía, economía.... Desexamos de todo corazón
que sirva para afondar nalgunhas das claves dun caso que nunca máis
debería acontecer.
A
webquest mareanegra, a modo de xogo de simulación, pretende pór
nas pantallas unha aventura de coñecemento na que se invita ao
alumnado a participar nun cumio de expertos que analicen as causas e
consecuencias do desastre. A este cumio asistirán cinco grupos de
expertos: Xeógrafos, Ambientalistas, Cidadáns, Economistas e
Expertos en hidrocarburos. Cada equipo ten que enfrontarse a unha
apaixonante tarefa de pescuda para realizar cadanseu informe. Xógase
contra o tempo, os equipos teñen que superar diferentes retos para
pór a proba os coñecementos adquiridos. No caso de non superar as
probas propostas, desprazarase unha mancha de fuel virtual polas
pantallas de todas as equipas participantes, aparecerán entón os
voluntarios,...
(Gacias
a unha aportación no foro de Area Negra)
Outra
webquest:
2.
Que
facer perante unha marea negra ?
É
unha interesante proposta de traballo orientada a alumnos e alumnas de
ESO na que se plantexa un traballo de investigación sobre as pautas
de conduta diante dunha catástrofe como a ocasionada pola marea
negra.Elaborada por Ester Vázquez e Luis Teira, de edugaliza.
|
| » |
Actividades
Clic sobre a marea negra
Dende
o especial sobre a marea negra de Edugaliza:
Clic
é un interesante recurso educativo que cumpre basicamente a función
dun libro de texto e caderno de actividades sobre ordenador. Se non
usache nunca este recurso, no lapisdecores
tes moita información sobre a súa instalación e funcionamento.
Desde
aquí podes descargar varios paquetes de actividades CLIC relacionados
co tema. Despois de descargar o arquivo terás que executalo para que
se instale o paquete de actividades e quede accesible.
O
mar. (Educación Infantil e Primaria). Actividades de
estudo sobre o medio mariño de Galiza (antes da marea negra),
elaborado polo equipo Tecladous do colexio de Carnota no ano 2001.
Son máis de 500 actividades gradadas por ciclo e estruturadas sobre
unha triple secuencia: O medio físico, o medio biolóxico e o medio
social....
O
desastre do Prestige (3ºciclo de Primaria /ESO).
Actividades sobre o accidente do Prestige e as consecuencias da
marea negra. Elaborado por Alberto Cifuentes, de canalciencia.com
A
gaivota da Coviña (Educación Infantil/1º ciclo de
Primaria). Actividades clic sobre un conto no que a protagonista é
unha gaivota petroleada. Ten apoio de voz gravada, polo que se
require que o ordenador dispoña de son.Foi elaborado por Sabela N.
Singala, de edugaliza.
Ave
negra (Primaria). Narración construída sobre imaxes reais da
catástrofe, elaborada por Suso Lojo, de edugaliza.
Lembra
que para poder traballar con actividades clic tes que ter instalado
o programa. Máis información sobre clic no lapisdecores.
|
| » |
Outras
actividades sobre a marea negra
1.
Xogos
con conciencia. Unha proposta de achegamento á
realidade da catástrofe a través de xogos pensados para unha clase
de Educación Física de Educación Primaria. Elaborados por Juan Luis
Trillo e Manuel Rico do Colexio de Carnota. (Información de edugaliza)
2.
Canto
chapapote entra nas murallas de Lugo?. Unha actividade de
matemáticas orientada a visualizar e comprender a cantidade do
verquido que ocasionou a catástrofe. Elaborado por Víctor Álvarez
do CPI Padres Franciscanos. (Información de edugaliza)
3.
Actividades para facer en papel elaboradas por Alberto
Cifuentes, en canalciencia.
(Información de edugaliza)
4.
Un experimento sobre a
contaminación da auga con aceite (ou petróleo, fuel, ...) de http://canicas.uaslp.mx/Manual%20de%20Experimentos.pdf.
(Información do foro
de Area Negra)
Podes
velo clicando aquí: páxina1
páxina2
5.
Xogos do jalipote de www.agadef.com
. (Información chegada ao
noso correo dende o CPI de Carnota, para a actividade "Aulas para
non esquecer")
Clica
para velos: mareanegra.htm
jalipote2.htm
jalipote.htm
6.
O Colexio Aula
de El Vilar de Arnedo, en La Rioja, ofrécenos as
seguintes actividades:
-
Sopa
de letras: Busca as especies afectadas polo verquido do
Prestige.
-
Experimentos
científicos: un sobre o efecto do petróleo na vida das
plantas acuáticas, e outro sobre a densidade do fuelóil.
-
Actividades
para educación infantil: Fichas, xogamos coas letras, ...
"chapapote, marea negra,
-
Actividades para educación primaria: Lingua (enquisa e
redacción), Matemáticas (medición do barco e problemas),
Coñecemento do medio (Sabías que ...)
7.
Ponencias de Enciga
(Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia)
-
Contidos e transformacións do discurso científico na prensa galega:
O caso Prestige
http://www.enciga.org/boletin/56/Contidos_Do_Discurso_Cientifico.pdf
-
Traballando en bacharelato sobre a marea negra: criterios para a
avaliación de prediccións.
http://www.enciga.org/boletin/56/Traballando_Sobre_A_Marea%20negra.pdf
-
Material educativo en torno ó prestige: Cd multimedia e interactivo “prestige:
problemática medioambiental”
http://www.enciga.org/boletin/56/Material_Educativo_Prestige.pdf
|
| » |
As
mareas negras na rede
-
Oil
Spill Information and Educational material.
Ten unhas películas flash:
Oil
and water dont mix
Dont
Mess the Sea
-
Transporting
oil can damage the ocean and the coast.
-
Oil
spills. Experiments and Projects You Can Do
-
Oil,
Water and Chocolate Mousse
|
|
Envíanos
algún material que che pareza interesante para incluír nesta sección
correo@areanegra.org
|
|
|