Pasan os dias e fica xa lonxe, lonxe,
lonxe a imaxe perfeita e acompasada do mar bailando polas nosas
costas. Non é hora, nen muito menos, de facer honra ao pasado ou de
traer ao caso ese costumismo pasado de torca e abafante destes dias
que tanto dano fai. A situación non ha de cambiar por muito que
cantemos o fermosas e únicas que son as nosas costas. Ha de cambiar
se lle dicemos a todo o mundo que o especial delas radica, única e
exclusivamente en que son nosas.
Por iso é hora xa, sen dúbida, de
espellar-nos nun futuro claro. É hora de quitar-se os veos e de
coller as cousas polo fondo, alá ben pola raíz, e limpa-lo todo de
arriba abaixo.Hai que aventurar-se a viver sen que os intereses
neoliberais sexan quen de hipotecar-nos a vida, o futuro,o presente e
as consciéncias. Temos que erguer xa o que nos deixaron de país,lembrando-lle
sempre o que sucedeu e sucede.
O tempo marcha e o minuteiro indica-nos
a hora de erguer os ollos ao sol, prender un facho co seu lume e
queimar-lle a consciéncia a quen hoxe está pensando en seguir a sua
eterna repichoca de falsidade. É,xa que logo a nosa hora: a da
mocidade. Temos que recompor isto, o que fica logo dun desatre sen
precedente que se agocha non só en cada mareia que chega á costa.
Temos que atallar todo isto xa.
As cousas reviram-se e mais que se han
de revirar, pero non deixa de ser paradóxico e extraño que para
erguer un país xa roto, teña que caer até o fondo, vendo detrozados
os médios de subsisténcia de miles de persoas. Temos a necesidade de
construir a nosa história coas nosas próprias mans, sen actores ou
actrices allei@s á situación, allei@s a nós.
Cómpre-nos dicer a nós, moz@s da nosa
Terra, se pensamos seguir indo costa abaixo ou encarados ao porvir.
Agora toca-nos dicer que hai algo alén desta noite de morte. Temos
que coller os nosos fachos ben dispostos e facer-nos ouvir, dando-lle
a saber á xente que é certo que un outro mundo é posíbel. Nós,
queremo-lo ver xa!
MARIA OSORIO LÓPEZ
(16 ANOS)
1º de Bacharelato do I.E.S. "Praia Barraña" de Boiro
(Estracto
do artigo "NÓS, QUEREMO-LO VER XA")