OS
EFECTOS DA MAREA NEGRA PARA AS MULLERES GALEGAS.
AS MULLERES DE NEGRO, VIUVAS DE VIVOS EN GALIZA.
A
catástrofe do Prestige ten rosto de muller, xa que logo todas as catástrofes e
desastres naturais afectan mais ás mulleres debido ao seu dobre rol, produtivo
e reprodutivo.
Son
mulleres as mariscadoras que ficaron sen areais onde encorvar-se cada mañá
para mariscar, para rabuñar area en procura do froito, son mulleres tamén as
que venden o produto nos mercados. Porque os homes, nesa división sexual do
traballo que afecta tamén ao mundo do mar, son pescadores de baixura ou de
altura, proprietários ou non de pequenas embarcacións. A eles queda-lles a
opción, difícil por suposto, de enrolaren-se noutros barcos, con outros patróns,
de iren ao Gran Sol, ou de emigraren, como tantos outros varóns, a Canárias, a
traballar na construcción (mariñeiros en terra, xentes de mar atrapados na
illa). E que Galiza é aínda, cando o sentido do fluxo emigratório mudou no
resto do estado español, convertido en terra de acollida, a única autonomia
que segue a emigrar: mentres en Madrid falan do problema da inmigración,
nosoutr@s aínda temos postos os ollos alén do mar e das montañas: fuga de
capital humano, fuga de cerebros, fuga de man de obra nova, fuga de corazóns.
Mais
as mulleres que viven do marisqueo, non poden ir á procura doutros areais e
rocas nos que recoller as ameixas, as navallas, os berberechos, as algas, as
minchas, os ourizos... non, elas non poden vender a sua forza de traballo noutro
lugar, están suxeitas á costa. Elas son as que traballan nas feminizadas indústrias
conserveiras, unha das grandes afectadas pola catástrofe, a elas serán as
primeras que boten á rua: talvez, no mellor dos casos, podan chamar ás portas
das coperativas textís para coseren, pasaren o ferro e remataren pezas de
confección para a Gran Industria Téxtil Galega, a prezos de mercado de países
en vias de desenvolvemento, e horários interminábeis e salários de 300 ^À,
porque iso é Galiza, un país cun gran peso das actividades extractivas e indústrias
de transformación, con man de obra barata e sumisa.
Desde
a psicoloxia, a teoria e prática da cooperación, comproba-se unha e outra vez,
que despois de toda catástrofe "natural" e mentres perduran os
efectos desta, disparan-se os índices de violéncia, e particularmente da violéncia
de xénero cara ás mulleres. Sobre elas caerán os efectos postraumáticos da
catástrofe, o efecto do paro, das depresións... Elas soportarán aos homes
deprimidos do seu entorno, as suas borracheiras, a sua ira canalizada nas suas
mans... e elas terán que sacar forzas de onde non teñan para seguiren adiante.
¿Qué prezo lle poñemos a este efecto indirecto do verquido de cru, quen o
asume?. Mais seguramente iso non estexa entre as previsións do goberno, pois
cunha reparación económica repara-se todo mal, mesmo os impactos non
previstos, como o da violéncia. Hai equipas de psicólog@s deslocadas ás zonas
afectadas para atender as víctimas da catástrofe? Non, ese factor humano non
se ten en conta ante males maiores como o desastre ecolóxico. Mais as mulleres
e homes da zona tamén forman parte do ecosistema e sen el@s non pode haber un
desenvolvemento sostíbel. Ter en conta este factor implicaria aumentar os
gastos e recoñecer os outros impactos indirectos derivados do derrame do
petroleiro. Talvez haberia que exixir, agora que aínda temos fresco o 25 de
novembro, Dia Internacional Contra a Violéncia de Xénero, un Plano Estratéxico
para a prevención da violéncia de xénero nas zonas afectadas, porque a violéncia
virá con cada onda e cada marea a azotar-lles a face, psicolóxica e
fisicamente, en cada porto, en cada aldea escollerá o vento que mais teña
interiorizado do discurso androcéntrico...
Numerosas
unidades de convivéncia ou famílias desmembrarán-se, desestructurarán-se,
encherá-se de novo Galiza, como dixo Rosalia de Castro de "viuvas de
vivos". Ficarán elas ao fronte da casa e das persoas dependentes (fill@s,
anciás, enferm@s, encamad@s...) mentres eles, porque "En Galiza non se
pide nada emigra-se", partirán. Porque a sumisión e a resignación forman
parte da estructura sociocultural galega e se non se identifica o problema e
traballa na sua disolución, como se traballa na disolución do sistema
patriarcal, nunca sairemos adiante como pobo.
Seguimos
a ser zona obxectivo nº1 dentro da casificación da UE: periféria física e
económica, non damos alcanzado o tren de alta velocidade europeo, e mesmo cando
o próprio tren chegue fará-o tarde e lentamente, porque somos un país de
montañas, tratan de nos enganar unha e outra vez coa trampa do determinismo
xeográfico, a xeografia é o noso destino, como o foron neste suceso tan
desafortunado, os ventos e mareas da Costa da Morte, e seguirá-o sendo
ciclicamente, se non se proíbe o tráfico deste tipo de petroleiros. Porque tamén
a natureza é o destino das mulleres, seres inferiores sen dereito á palabra,
seres predestinados pola sua natureza maternal a coidar dos outros. Cantas
mulleres entrevistaron os médios de comunicación, a cantas lles preguntaron
como afectará ás suas vidas diárias os efectos da crise que se aveciña?
Tampouco @s xornalistas lle poñen rosto á crise, son poucas as fotografias que
recollen ás mulleres participando en tarefas de limpeza das costas, son poucas
as testemuñas delas recollidas: Onde están as mulleres galegas? E se hoxe non
baixaron á beiramar non é porque non haxa nada que mariscar, é porque xa
comezaron a nova administración da economia á que terán que enfrontaren-se.
Elas
terán que administrar o subsídio de miséria que recibirán durante alguns
meses, (se o reciben, elas, case sempre sen asegurar, sen papeis porque o seu
traballo era un complemento do traballo masculino, economia submerxida base do
sustento familiar), terán que facer números unha e otra vez para pagar os
recibos da luz, da agua, do teléfono...
Os
bens e servizos xerados na esfera reprodutiva, e polo tanto non monetarizados,
(aínda que no mercado laboral si teñen un valor mercantil), terán que
aumentar debido á crise -como demostran @s economistas de xénero unha e outra
vez-. É dicer, aumentará o traballo realizado polas mulleres para lograr a
subsisténcia da unidade de convivéncia ou familiar, terán que xerar bens e
servizos que antes podian mercar porque dispuñan de ingresos próprios polo seu
emprego ou o doutra persoa coa cal conviven no sector. Por exemplo, terán que
cociñar mais do que o facian antes da crise. Agora non poderán mercar o polo
asado, o prato prefabricado, non vale chamar a unha cadea de pizzas para
solucionar unha da comidas do dia... Terán que percorrer todas as tendas e
supermercados da zona en busca do mellor prezo para cada produto, aínda que iso
supoña a pérdida dunha hora diária en ir de acó para aló, remendarán-se de
novo os calcetíns, subirán-se na casa os baixos dos pantalóns, non se porá o
lavavaixelas nen se conectará a calefacción (se os houber) senón que se
quentarán bolsas de auga quente para tod@s polas noites, non se mandará aos
nen@s no autobús escolar, senón que @s levarán diretamente elas, a pé ou no
coche...
Todo
isto aumentará as horas dedicadas polas mulleres ao rol reprodutivo, en
detrimento do tempo dedicado para elas mesmas, para procuraren outro traballo,
para poderen asistir a un curso de formación ocupacional que non terá estes
factores en conta. Non saberán o que significan as palabras descanso nen ócio.
Tirarán
como poidan das míseras pensións d@s maiores (as mais baixas do estado) que
por lei de xénero, perdón de vida, lles tocou atender e coidar. Somos un país
subsidiado, que malvive das pensións, un país no que as mulleres non queren
ter fill@s, porque saben que non terán con qué alimenta-l@s, non terán
emprego que lles ofrecer, só unha maleta, porque non ven futuro, só a emigración...
porque elas a duras penas saen adiante. É o lento xenocídio do pobo galego,
das suas xentes, da sua cultura, da sua língua, da sua paisaxe, do seu litoral,
dos seus fondos mariños, do seu ecosistema, da sua riqueza e património
natural.
En
Galiza temos unha das rendas per cápita mais baixas da UE e unha das taxas de
desemprego mais altas. Que pasará no prazo de 20-30 anos cando @s pensionistas
vaian morrendo, de que viviremos? Non hai recámbio xeneracional, e non o vai
haber durante décadas se a maneira de facer política non cámbia neste país.
Temos a taxa de natalidade mais baixa do mundo, estamos condead@s á nosa própria
extinción, como se está extinguindo a nosa língua, a que mais falantes perde,
porque o pobo non quere falá-la, porque renega da mísera identidade que lle
devolve. Como xa o sinalou a ONU, no ano internacional das linguas, o galego é
unha língua en perigo de extinción, como algunhas das espécies de aves que
habitan as costas, agora mais ameazadas aínda. E se morre a língua que lle dá
nome ao ecosistema, morre tamén o ecosistema pois se perderán os matices e
saberes que a singularidade de cada vocablo conleva, porque hai térmos que non
teñen traducción, como as contradiccións entre a morriña, o orgullo e a
raiba que me entran por ser galega.
E
o desemprego que obriga, que forza á emigración, tamén ten rosto, como a
marea negra, de muller: a taxa de paro feminino na Galiza dobra á masculina, e
iso que levan anos desenvolvendo programas de fomento do emprego, programas que
benefícian máis aos varóns, e en vez de diminuir as desigualdades habidas
entre mulleres e homes, só serven para aumentar a desigualdade; o diñero dos
fondos europeos segue a beneficiar aos que xa estaban enriba na pirámide
social, porque non se ve o rosto feminino da poboación desempregada.
A
reconversión da indústria naval e dos asteleiros, (eufemismo para referir-se
á morte), a cota láctea (ou o que é o mesmo o desmantelamento do campo
galego), a crise das vacas tolas, os desacordos pesqueiros, e agora o
Prestige... (excusa ideal para acabar coa flota galega que os governos da UE
queren desmantelar, por antiga, artesanal e pouco competitiva): Galiza vai á
deriva como o Prestige. Preparen-se madrileñ@s, canari@s, ingles@s etc. para
recibir a oleada de inmigrantes que lles chegarán, iso si, cos seus papeis en
regra e permiso de residéncia avalados e co visto bo do governo. E non esquezan
que na lama dos areais das rias, nos postos do mercado, nas conserveiras e nas
casas dos pescadores, quedaron as mulleres atrapadas no seu rol de xénero.
Elisa
G. Sánchez-Albornoz.
Consultora
de xénero, emigrante en Madrid.
|