Poesías do alumnado do IES Lagoa de Antela. Xinzo de Limia. Ourense. |
|
Adaptación do himno galego. O
FUEL ¿Que
din os mentireiros da
costa emporcallada do
escuro verquido do
buque no mar? ¿Que
din os altos mandos do
escuro mar contaminado do
seu ben compasado e
monótono apestar? Do
teu negror tinguido de
espesas manchas a
fin dos verdes castro e
valeroso clan Non
des ó esquecemento a
ignorancia do goberno esperta
do teu sono fogar
de Breogán. Os
bos e xenerosos a mensaxe entenden e con arroubo se lanzan a
limpar o porco mar. Mais
só os ignorantes e
féridos e duros, imbéciles
e escuros, Non nos entenden non. Os
tempos son chegados nos que todos somos bardos e
as nosas vaguidades cumprido
fin terán pois,
onde quer xigante a
nosa voz pregoa a
redenzón da boa Nazón
de Breogán. Marcos
Villarino 2º C BAC |
LONGA
NOITE DE MERDA
O mar cheo de merda, de merda están as augas e as ondas. De merda o atún, os percebes, o aire, as gaivotas as rochas son de merda. O corazón do “Prestige” que ó lonxe baldeira, outra negra mancha de merda. Os pescadores espreitan, nesta longa noite, de merda. Adaptación do poema de Celso Emilio Ferreiro Longa noite de pedra. Charo
Fernández, Ana Álvarez e Patricia Rodríguez |
|
Adaptación
do poema de Rosalía Negra sombra.
Cando
penso que viñeches negro
barco que me asombras ó
pé das nosas costas tornas
merda facéndonos mofa. Cando
maxino que verquiches no
noso mar, nas nosas costas Ti
es a merda que brilla Ti
es a fame que acosa. Se
limpan, es ti quen miras Se
choran, es ti quen caza Sen
axuda nas nosas costas Ti
es a vergoña de Europa. En
nada estás, e ti es todo Para
min mesmo morras, Fúcheste
de caza E cubriunos unha negra sombra. Iván Míguez, Diego Quintairos, Asún Morgade. |
|
¡ENTRE
TODOS PODEMOS! Somos
todos conscientes da desgracia Que
hai tempo cegar se vía, Do
pouco que se fixo por evitala A
pesar das solucións que había. Mais
ante tal catástrofe Puidemos
observar detidamente O
grande abrazo solidario Que
todo o mundo mandou agarimosamente. Miles
de voluntarios De
pobo, cidade, montaña, campo e mar Comezaron
a chegar E
as praias empezaron a limpar Con
grande gozo e ilusión Sen
medo a traballar. Tal
suceso demostrou Que
non está todo perdido; O
pobo é forte e valente E
non acabará rendido. Entre
todos podemos facer moito, Máis
do que nunca pensamos; Só
fai falla paciencia E
acabaremos de limpar sen decatarnos. Eva Rguez Penín 1º B BAC |
|
AMIGOS Pasan
á miña beira moitos rapaces. Nunca
antes os vira. Sonme descoñecidos. Pero
ti, que te alcontras aí na costa, Non
moito máis lonxe de onde eu estou, Non
moito máis lonxe de onde eu vivo, Coma
un amigo che falo. Se
é miña a túa praia, Se
os meus ollos ven o teu sentir, Se
os nosos sentimentos son iguais, Coma
un amigo che falo. Anque
as nosas vidas sexan distintas E
ti da costa e eu do interior, Se
temos semellantes as feridas, Se
temos semellante a dor, Coma
un amigo che falo. Por
enriba de tódolos políticos, Por
enriba do fuel e da contaminación, Se
os nosos soños son iguais, Coma
un amigo che falo. Común
temos a praia, Común
a loita, ambos, A
miña axuda che dou, Coma
un amigo che falo Versión adaptada de “Irmaos” de Celso Emilio Ferreiro. Francisco Devesa 1º B BAC |
NUNCA MÁIS Se
unha lámpada máxica Aparecese
por estas terras, Pediriamos
un forte desexo, Que
a merda se fose delas.
E
que Nunca Máis Un
galego fose, por isto, infeliz. E
que Nunca Máis Fosen
envelenados os peixes. E
que Nunca Máis Se
usase unha enerxía cruel. E
que, en definitiva, Nunca Máis, Voltase
a marea negra Que
entristece os nosos corazóns Coma
a máis escura pega. OXALÁ
QUE ISTO NON VOLVA ACONTECER...
¡
NUNCA MÁIS!
José
M. Villar Carballo Javier Ruges Argibay. 3B ESO |
|
Para os que sofren directamente
As
consecuencias desta catástrofe. Cando
te vexo a ti, mar, Pensarei
no futuro ¿cando
serás ti o
que antes fuches? Coa
unión do pobo E
co traballo de todos e todas Verás,
pobo de Muxía, esperanza No
mar que foi relucente. Oxalá
que cho devolvan como foi ¡tanto
traballo custou! Desexamos
que volvas ver Esperanza
no horizonte. Non
sabemos cómo te sentes, mar, Comprendemos
a túa dor, Muxía, Dende
aquí alento, amor, Cariño
para todos e todas vós. Roberto, Carlos, Alba, Uxía 3º B ESO |
|
Cando
quero vivir, Digo
Galicia, Digo
Muxía Cando
semento esperanza, Digo
Prestige E
ponse negra a praia. Cando
quero soñar Digo
Galicia, Digo
Muxía Cando
a noite é estrelada, Digo
Prestige E
ponse a alarma en marcha. Cando
quero chorar Digo
Prestige, Digo
Prestige E
a anguria abáfame, Digo
Prestige E
ponse negra a alma. Cando
quero sorrir Digo
Galicia Digo
Muxía Cando
a mañá é clara, Digo
Galicia, Muxía E
ponse a tarde mansa. Cando
quero morrer Non
digo nada, E
mátame o silencio De
non dicir mar, Muxía, Galicia. Adaptación
de “Cando quero vivir...” poema de C. E. Ferreiro Fernando
Conde Glez Alejandro
Arrojo Añón Anuschka
Eberhardt Ruges Isabel Álvarez Korreck 3º B ESO |
Digo
marea negra e basta
Digo
Prestige A
penas digo nada Digo
ouro e prata De
chapapote fedento Digo
homes de branco Terror
do mar Fedor
de ladróns e mentireiros Peste,
suor de xentes Mar
que leva a negra mancha Digo
Prestige Mar
negro, crime, chapapote, Naufraxio,
ladróns, Animais
de negro. Digo cheiro pestilente Á
penas digo nada Digo barco perigosoDestructor
de praias Digo
petróleo, goberno, Mala
política, Presidente,
ladróns, Mar
de mortos Digo
chapapote, marea negra, Contaminación,
afundimento, Bestas,
asasinos, caníbal, Miseria,
caciques Para
emnegrecer a vergonza do mundo Digo
marea negra e basta David
Prieto Rivera |
|
Miña
costiña, meu mar ai
Dios Mío ! Rochiñas
da miña costa, miñas abadías Manchadiñas
ai
Dios Mío ! Non
hai xustiza ai
Dios Mío! Os
dias negros, apañando minúsculas galletas De
pegañento chapapote ai
Dios Mío! As
rochas que tanto vin, ondiñas que bateu co meu corazón Ai,
negras agora son ai
Dios Mío! Chora
a barca, choran as redes Choran
os mariñeiros,ancorados sen remedio Ancorados
o peirao
ai Dios Mío! Aí
chega o inverno, de tristura cargado Ao
ver cos seus ollos a negra desfeita
ai Dios Mío! Estamos
perdidiños
ai Dios Mío! Maldito
sexa o día en que se achegou A
estas costas a incompetencia dos grandes Que
peixe grande come o pequeno.
Ai Dios Mío
Ai Dios Mío (versión
du poema de Méndez Ferrín) Mª José Quintas Villar |
|
Cando
penso que chegaches Negra
marea que me ennegreciches Ao
pé das miñas rochas Tornas
embadurnando as miñas costas. Cando
maxino este desastre Nas
mesmas praias onde me criei Énchenseme
os ollos de bágoas Ao
ver os peixiños morrer Se
recolles o fuel volve aparecer Se
non o xuntas a conciencia hate de remorder O
goberno ben sentadiño no sillón Pero
non fai nada pola nosa salvación. En
toda Galicia está Esa
desgracia maldita Que
ás nosas costas chegou Por
unha grande inxustiza. Patricia
Casado Pérez Thais
Sieiro Sampedro Lucía Lozano Cid |
|
Cando
penso que te fuches Cristalina
como asemellabas Mais
así nunca voltaches Si
traendo negruras malvadas Cando
boto a vista ás praias Vexo
a túa demoledora pegada Sabendo
que as fermosas rías Esperan
angustiosas a túa chegada Se
ensucias, es ti quen ensucias, Se
destrúes, es ti quen destrúes Traendo
contigo a mancha de crudo Do
barco do fondo do mar. En
todo o mar estás ti Fastidiando
os galegos de aquí Deixándoos
ao desamparo Sen
gardar ningún reparo. Lucía, Milagros, Paula |
|
Muxía,
Camariñas O
Grove...Aguiño
¡Adiós!
¡Adiós! Aquelas
praias sen fin Aquel
mariscar sen dolor Aquela
rica ría
¿por
que acabou? Aqueles
dóces mares Aquelas
ceas de solpor Aquelas
noites serenas
¿por que xa non o son? Aquel
vibrar sonoro Dos
peixes en movemento Que
agora se converten Nun
negro lamento
¿quen os levou? Todo
é traballo forzoso Que
dá pouco resultado Onde
noutro tempo houbera Marisco
por todos lados. Javier
Rodríguez Daniel
Jardón J. Manuel Villar |
|
Cando
penso que te afundiches Negra
mancha que me asombras Ao
pé dos meus percebes Tornas
facéndome mofa. Cando
maxino que es presidente Na
mesma butaca que sentas I
es o bigote que nos emporca I
es quen nos deixa sen marisco. Eles
limpas e ti cazas Eles
choran e ti falas Es
a vergoña de Galicia I
es a vergoña de Europa. Álex, Anuschka, Fernando |
|
No
medio do mar había unha mancha Había
unha mancha no medio do mar Había
unha mancha No
medio do mar había unha mancha. O
mar está negro A
xente negra está As
aves cheas de merda E
os animais do mar Polbos, Percebes, Raias, Golfiños, Cheos
de merda están. O
pobo galego Indignado
está Por
culpa do chapapote Que
entrou no seu mar. Alba, Uxía, Carlos, Roberto |
|
LONGA
NOITE DE MERDA O
mar é de merda De
merda son as rochas E
as areas. De
brea o chan E
as praias. As
pegas, As
gamelas O
aire, As
fanecas, Os
percebes E
as nécoras Son
de merda. Os
pulmóns dos homes Que
nas praias limpan Cheos
están tamén de merda. E
eu, ollando A
miña terra Chea
de merda negra. Rubén
González Fernández Elena
Araújo Feijóo Mª
Carmen Fernández Barja |
|
LONGA
NOITE NEGRA O
teito é de pedra De
chapapote os muros e as tebras De
fuel o chan e as reixas. Os
peixes, Os
barcos, O
mar, Os
mariñeiros, As
olladas, As
costas cheas están de noxenta brea. Os
corazóns dos homes Que
ao lonxe espreitan Invadidos
están Dunha
grande mancha de merda. E
eu, morrendo Nesta
longa noite Negra. Cristian,
Borja, Manuel, Alberto |
|
AUTOVÍAS
MARIÑAS Cando
o petroleiro na noite navegaba As
nosas limpas augas emporcaba Os
nosos ollos bagoentos Miraban
a Fraga como cazaba. Os
políticos gargallaban Mentres
o fuel oil Nas
nosas almas penetraba As
aves parecían lingotes Non
de ouro, senón de chapapote. Un
cativo choraba Pola
praia que a súa familia alimentaba E
Rajoi que “¡non pasa nada!”. A
traxedia tivo algo positivo, Ver
o pobo galego Loitando
por non ser afundido. |