Coordenadora de Ensino

Censura nos centros de ensino
índice 

 a circular

declaracións

esiximos

acusámonos

outras

imaxes

prensa

expedientes

Páxina Principal 

EXIXIMOS!

A Coordenadora de Ensino Areanegra, diante da circular sobre propaganda e publicidade nos centros de ensino, enviada pola Conselleria de Educación quere manifestar o seguinte:

Os centros de ensino son Museus Interactivos da Diversidade,
son Centros de Arte Contemporánea,
son Institutos de Interpretación social,
son Casas da Cultura do País de Nunca Máis
son Observatórios das Constelacións da Liberdade.

Aqueles que queren proibir a liberdade de expresión
Temen a enerxia criativa da EDUCACIÓN.
Temen a enerxia crítica e participativa da sociedade.
Temen a forza do profesorado máis unido e activo.
Temen o protagonismo do estudantado máis consciente e crítico coa realidade social.
Temen as nais e pais que exixen educación en liberdade e verdadeira democrácia para as suas fillas e fillos.

Por iso queren reinstaurar a censura e proibir certas palabras nas escolas.
Queren intimidar-nos coas ameazas do poder da autoridade e coaccionar-nos para facer-nos submis@s.

Teremos que saltar acaso as reixas dos nosos centros de noite para escreber con sprays Nunca Máis, Non á guerra, Liberdade de Expresión? Teremos que deixar de analisar a crise do Prestige e as razóns da Guerra só porque eles son os causantes?

Teremos que eludir nas aulas as palabras NEPOTISMO, FASCISMO, DEMOCRÁCIA, REFERÉNDUM?

Só podemos defender-nos dos que nos chaman "manipulador@s" do noso próprio alunado e "violador@s de conciéncias" EXERCENDO A LIBERDADE DE EXPRESIÓN SEMPRE FRONTE A CALQUERA TIPO DE INTIMIDACIÓN.

POR ISO EXIXIMOS:

  • A RETIRADA DA CIRCULAR SOBRE PROPAGANDA E PUBLICIDADE
  • A RECTIFICACIÓN DAS DECLARACIÓNS VILIPENDIOSAS E INSULTANTES DE MANUEL FRAGA IRIBARNE, PRESIDENTE DA XUNTA DE GALIZA, ASI COMO AS SUAS DESCULPAS PÚBLICAS ANTE A COMUNIDADE ESCOLAR.
  • A DEMISIÓN IMEDIATA DE CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ, CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITÁRIA.

NUNCA MÁIS CENSURA!
NUNCA MÁIS SILÉNCIO!

 

Volver ao índice de "Censura"

  Volver á páxina principal
 

 


páxina feita pola Coordenadora de ensino Area Negra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org