ACUSAMO-NOS DE DEFENDER A LIBERDADE
Esta é a nosa chamada á COMUNIDADE.
A Cadea Humana na Costa da Morte e o referendum demostraron a forza
da nosa unión. Neles falamos do noso compromiso co ensino e coa
educación.
Sabemos mirar a través da néboa da resignación.
Sabemos recoñecer a brétema do AUTORITARISMO.
E aprendemos a chamar polos arco-íris.
Entre todas e todos construímos un arco da vella de miles de
mans dadas na Costa da Morte.
Entre todos e todas soubemos construír arcos da vella pola paz
en cada aula.
E seguimos aquí.
E seguiremos aquí.
Nas ruas, nas aulas, nos corredores e nos pátios dos centros
de ensino.
Non poden silenciar-nos.
Sabemos buscar nas enciclopédias as palabras COACCIÓN,
REPRESIÓN e FASCISMO.
E queremos denunciar a REGRESIÓN DEMOCRÁTICA que
supón a marxinación da voz PLURAL da cidadania.
Denunciamos a CENSURA da libre expresión da nosa palabra.
Non queremos cadeas de siléncio.
Non queremos que nos quiten a cor azul e negra, laranxa, lila, vermella
ou verde da roupa, dos pins; os cartaces, as pancartas, os collages,
os debuxos, as fotos e as palabras da DIGNIDADE.
Nós non somos invisíbeis.
Os centros de ensino deben ser espellos limpos.
Onde corra a água pura da CULTURA e da EDUCACIÓN.
Queremos construír un FUTURO edificado sobre a PARTICIPACIÓN,
a COLABORACIÓN, a COOPERACIÓN entre todas
e todos, a partir da pluralidade e da diversidade.
Defenderemos unha educación para a cidadania responsábel,
reflexiva, criativa e crítica.
Defenderemos o DIÁLOGO, o DEBATE e o USO PÚBLICO
da PALABRA.
Defenderemos a LIBERDADE DE EXPRESIÓN.
Acusamos á inspección de metamorfosear-se en COMISÁRIOS
POLÍTICOS.
Acusamos ao Concelleiro de Educación de CENSURA.
Acusamos ao governo da Xunta de Galiza de REPRESIÓN.
E se declaran ilegais as nosas PALABRAS e as nosas olladas
acusamo-nos de DEFENDER a LIBERDADE.