|
¿Ves
ao mundo ao revés?

¿Vés
ou voas?
Centos e centos de areas negras sentirán o paso de
tod@s @s que queremos outro mundo posibel xa!. Se
na cadea humana entrelazamos as mans para ser mar e
terra, agora somos terra, mar e ar. Novos ventos que
sopran e levan ao alumnado e profesorado galego por
novas direccións, só necesarias para aquelas que
precisan dignidade. Convidámosvos a que sexades
area que leva o vento. Sopremos unha nova melodía de
cores distintas. E por iso, contamos coa vosa presencia.
E preguntades ¿por que o camiño ao revés?
E contestamos ¿por que non ollamos ao mundo doutro
xeito?
A contracorrente por unha mocidade crítica, viva,
rebelde, que non quede axeonllada ante os abusos
imperialistas, asasinatos de Estado, saqueo de pobos,
contaminacións ou a perda de identidade
cultural...Saiamos aos camiños e recibamos aos pobos
que veñen ao noso país. Amosémoslles que queremos xa
ese outro mundo!. Un mundo que non sangre de fame, un
mundo que non chore metralla, un mundo que non esté de
costas a súa xuventude. Derrubemos en definitiva
todos os muros que queren impedírno-lo paso.
Construamos o camiño do futuro, aquel no que podamos ir
de Compostela ao Cebreiro, do Cebreiro a Iraque, de
Iraque ao País de Nunca Máis. E voemos libres de muros
opresores. Derrubémolos, e das ruínas quedarán areas
coas que formar novos camiños. Non precisamos grandes
autoestradas de peaxe, senón camiños de liberdade, que
non sexan de sentido único, senón con moitos
sentimentos, os que expresa a nosa lingua asoballada, os
que berran as mulleres maltratadas, os sentimentos das
traballador@s explotad@s, as mariscadoras que fican na
casa. Todas pulan por outros camiños posibeis. Nós
querémolos facer xa!
De cando voamos de Compostela ao Cebreiro, e do
Cebreiro ao infinito
Voemos por riba dos muros opresores. Traspasemos as
fronteiras do pensamento. Liberémonos dos prexuízos e
sobrevoemos a única realidade irreal para entrever
outras realidades. Collámonos as mans para
comezar unha outra viaxe. Deixemos en terra aos
violadores, deixemos en terra o fascismo, machismo,
consumismo, diglosia, abandonemos as direccións
obrigatorias e abramos outros camiños novos. En
definitiva apartemos as pedras que obstaculizan o paso,
e que as veces son muros virtuais que nos fan tragar os
numerosos medios de manipulación. Tripulemos cada unha
de nós a nosa viaxe, sen interferencias. Voemos libres.
Coñezámolo mundo dende a nosa ollada infinita. ¡Construamos!
Centos e centos de areas negras
Eramos unhas poucas, xuntóusenos un centro, e un centro
e outro centro foron moitos centos, centos de centros
voando en novos traxectos escritos nos camiños que non
nas guías de peregrinación. Fronte a relixión do
uniformismo, os camiños infinitos en múltiples
combinacións de ideas que emerxen dende cada area da
xeografía galega aportando a forza da colectividade, do
conxunto, centos e centos de areas negras sentirán
¡Un outro mundo posíbel xa!
areanegra |