Coordenadora de Ensino

OUTRO MUNDO É POSÍBEL, EXISTEN OUTROS CAMIÑOS

 

 PRENSA

De Compostela ao Cebreiro: hai outros camiños. Vieiros 23/04/2004
Contraperegrinos no Camiño. La Voz de Galicia. 23/04/2004
O camiño ao revés, dereito ao futuro! Burlanegra 22/04/2004

www.burlanegra.org , 22/04/2004

 

UN MILLEIRO DE RAPACES E RAPAZAS, APRENDÉNDONOS UNHA LECCIÓN
O camiño ao revés, dereito ao futuro!

Aí tedes a toda esa xente nova, imaxinádea porque non van saír na televisón, camiñando ao revés cara ao futuro! Un milleiro de rapaces e rapazas van cara ao Cebreiro, desde Compostela, ou A forza do noso amor non pode ser inútel, como diría o poeta de veas azuis no naris. Van pisando polos camiños dese outro mundo posíbel, abrindo outros camiños que xa existen, que están aí debaixo dos nosos pés. Agardando por todos e todas nós. Areanegra, parabéns, ensino galego, parabéns, máis unha vez, por meter e sacar das aulas adiante a lingua, a liberdade de expresión, a igualdade de xénero, o desenvolvemento sostíbel, o ensino laico, a paz sen opresión e a xustiza social. O día de hoxe confírmase como un grande precedente para a dinamización social da mocidade: contando con ela. Dándolle o protagonismo. Bailando o hip hop dos Ghamberros, ouveando os sons das cabo-verdianas de Burela, estourando co riso de Carlos Santiago Apostol, e facendo festa cos valores que hoxe abandonan o lugar dos ideais e se volven realidade. Todos e todas a aprender. A lección de hoxe: Camiño ao revés.

 


www.burlanegra.org, 20/04/2004

 

MILLEIROS DE RAPACES E RAPAZAS DÁNDOLLE A VOLTA Á GALIZA
?SÈV ,SÈVER OA ODNUM OD LAVITSEF

O camiño ao revés!
22 de abril

Leban barios días sen facer diztados nin copias. Un mundo de rapaces e rapazas xa están preparando nas aulas unha lección ao aire libre: Outro mundo é posíbel, Existen outros camiños. Igualdade de xénero, paz sen opresión, desenvolvemento sostíbel, normalización da lingua, ensino laico ou xustiza social son os contidos deste tema que de seguro nunca han esquecer. Andarán o camiño de Santiago ao revés, por tramos. E ao final, no Cebreiro, un festival que nos xuntará nunha festa brava.

 

FESTIVAL DO MUNDO AO REVÉS, VÉS?
?SÈV ,SÈVER OA ODNUM OD LAVITSEF

Teatro, música, performances... e moito máis....no Cebreiro o día 22 de avril ás 15 horas, ao rematar-mos cadaquén o noso tramo de camiño.

Contra os seus muros, as nosas palabras, os nosos corpos, a nosa música.

Confirmadas as actuacións de Carlos Santiago, Berrobambán, Belmondo, Os Ghamberros (Hip-Hop), o noso dj Ángel, As Caboverdianas de Burela, e máis...!!!!


E MOITO MÁIS DO QUE PODEDES IMAXINAR NA PÁXINA 

WWW.AREANEGRA.ORG

 

 

subir


 

Volver ao índice de " Outro mundo é posíbel, existen outros camiños"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org