|
XOGO DADÁ: clases de lingua Obxectivos Reflexionar
sobre as desigualdades e as circunstancias que as rodean. Constatar
as posibilidades da arte como denuncia. Analizar as asociacións semánticas conscientes e inconscientes e vinculalas coa realidade cunha ollada crítica.
grupos de 4-5 persoas. 1
coordinador/a por grupo.
Temas: A VIOLENCIA SEXISTA:- os maltratos/ as agresións
sexuais/ a rabia/ a diferencia de salarios/ a dor/ a feminización da
pobreza/ a tiranía das modas/ as descalificacións/ os roles marcados/ a
indignación etc A GUERRA:- a dor/ a morte/ a desesperación/ os bombardeos/ a ocupación/ a destrucción/ as violacións dos dereitos humanos/ o medo/ as minas antipersoa/ os intereses económicos/ as armas/ o exército/ , etc A
LIBERDADE DE EXPRESIÓN: o silencio/ a censura/ a manipulación
informativa/ etc A POBREZA: a fame/ a explotación/ a emigración/ a indiferencia/ a tristeza/ a falta de medios/ a dor/, etc.
Proceso:
- Cada persoa do grupo asumirá un papel
gramatical, seguindo esta orde: -
1º persoa: adxudícanse os determinantes -
2º: o nome -
3º: o verbo -
4º: 1 complemento -
5: 2º complemento. - Unha vez
escollido o tema cada persoa pensará unha palabra segundo a categoría
gramatical que tiña asignada: determinante, substantivo...Unha vez que teñan
pensada a palabra tod@s, escribirase a frase no
encerado. Sairán frases como ( violencia contra as mulleres): O cemiterio chora golpes sempre Pódese manipular a frase engadindo algún
adxectivo a priori ou a posteriori, experimentando coas posibilidades de
colocación: ex. O cemiterio chora golpes amargos sempre. O
amargo cemiterio chora golpes
sempre. Tamén se pode optar por suprimir os
determinantes ou engadir adverbios a posteriori. Ex: Amargo cemiterio chora golpes sempre. - No caso de atasco (por exemplo, se algunhas persoas non “caen” na variedade de determinantes) escribiranse primeiro unha serie de exemplos para axudar. Pódese dividir o encerado en columnas e pedir que as enchan de substantivos, adxectivos, verbos relacionados co tema proposto ou escollido. Todo dependerá das características do curso e o nivel. -A cordinadora/or escribirá as frases, axustará (xº, concordancia...) e redactará o poema despois de rematar de expresar as frases. Pódese reorganizar se se quere dar máis sentido ou deixarase como un poema dadaísta. - Por último decidirase o título do poema. - Cada grupo lerá o seu poema en conxunto cos outros grupos. -
A
experiencia en cursos de 1º-2º-3º e 4º de ESO é interesante. Unha
guerra come a calor e
moitas liberdades morren mentres
algúns cables morden o futuro e
ese río gris arde. Poucas
esperanzas redondas saltan cando
fría está a fame. |
|
- - coordenadora de ensino areanegra - - |