RECICLAXE - DESEÑO DE CAMISETAS- 

Pechar           Imprimir

 

Obxectivos:

-Os obxectivos xerais da actividade.

-Idear un deseño para levar ao Camiño de Santiago ao revés.

 

Material: camiseta con publicidade ou lisa, pinturas e pinceis/ou rotuladores de cores, tesoiras, xornal para pór debaixo da camiseta, etc. Se se usan pinturas de tea non hai que esquecerse de mesturar fixador para que non se borren as pinturas ao lavarse.

 

Temas: os muros a derrubar

 

Obxectivos:

Os obxectivos xerais da actividade. Idear o propio distintivo para levar ao camiño.

 

Proceso:@s alumn@s terán que procurar a maneira de adaptar a publicidade á idea que traballen, poden aproveitar algunha ilustración, palabra, letra do orixinal; poden “borrar” unha letra, palabra,etc para eliminar, crear e/ ou recrear esa idea. Poden adaptar o debuxo, pintar por riba, superpoñer palabras,etc. Ex: Imaxinemos que alguén trae unha camiseta cunha frase tipo: Piscinas López. A alumna ou alumno que manipule a camiseta pode borrar (pintar por riba) “iscinas Lópe” e deixar “P        z”, entón ocórreselle escribir no espazo que ficou baleiro un A xigante, o resultado é a palabra Paz.

A actividade pode facerse con camisetas brancas ou de cores claras(admiten mellor a pintura) e improvisar ou traer o deseño preparado. Hai unha forma de facer plantillas que consiste en debuxar algo e pasalo a un acetato, cortar este cun cúter ou un bisturí e despois colocalo na camiseta, suxeitándoo con celo, e pasarlle un rodillo coa pintura escollida. O deseño queda fixado á tea. Tamén se pode escribir un poema persoal ou colectivo sobre a camiseta.

Pechar           Imprimir

 

- - coordenadora de ensino areanegra - -