A Voz publica como publicidade un alegato machista e homófobo

Pechar           Imprimir

 

De forma inadvertida para boa parte dos lectores, La Voz de Galicia publicou o pasado día 12 como "publicidade" un incríbel manifesto asinado por un tal Ramón Carlos Regueiro Mosteiro. Unha páxina completa que debeu considerar moi rendíbel a dirección da empresa, xa que supón unha clara
renuncia aos principios éticos e democráticos que di defender.
Mellor que facer valoracións é transcribir algunhas das xoias do alegato, iniciado baixo o titular: "Por mi "ÁGUILA  e unha foto trasnoitada do autor.

"POR NO SER HOMBRE, te vas a convertir en la espuerta de la mujer del futuro
[subliñado]. El hombre de verdad es una criatura que la mujer aún no conoce. Hombre no es sólo aquel que tiene el sexo contrario al de la mujer (...). Antes el Género Humano se dividía en varón y mujer. Ahora, entre éstas brota otra intermedia que a mí no me gusta un carallo".

Segue o texto falando do desvío do home actual por "enfermedad o
por descomposición cerebral" e explica que " ahora la mujer se lanza, como toda atrevida, a reclamar los atrasos hasta dejar de ser mujer, al hombre de verdad, que no tiene culpa".

"LOS ERRORES DE LOS COJONES"

Regueiro Mosteiro segue no seu escrito falando de confusas cualidades
masculinas para concluír que "en el hombre el cerebro programa, los cojones confirman" ...). Pero no Hombre-caballero (con maiúsculas) ," los cojones son los que han de confirmar la ruta de todo su Ser, incluso en lo intelectual (...). "Los errores de los Cojones no tienen corrección. Esto lo saben bien parte de nuestros representantes que cuando exponen sus teorías de futuro con su lengua tan amoldada a líneas de mierda, parece que van directamente al clítores de todas las putas. Y... tenemos suerte si de saciado, no nos pide de postre un maricón".  

De repente, o novo articulista de La Voz de Galicia deixa o discurso machista en sentido estricto para lanzar gabanzas ao Exército. Da Igrexa di que non confunde, pero entorpece. En cambio, "el ejército no
entorpece, más bien engrandece, lo mismo que los buenos trabajadores.
Tampoco se olvida da universidade aínda que "al no conocerla no puedo opinar, sólo noto que sigue sosteniendo intelectuales modernos que son como los burros antiguos, que siempre andan alrededor de la misma noria".

UNIVERSIDADE, GARDIA CIVIL, XUVENTUDE E LOCALISMOS

Á  xuventude non a deixa en moi bo lugar: "También observo que
(profesiones no) pero esa carrera corta del vaivén de quince centímetros, la deban aprobar la mayoría de los estudiantes por estar estudiándola hasta las siete de la mañana. En este sentido, el Ministerio de Cultura debiera concederles una subvención para que siguieran tocando los huevos hasta las diez.

Contra a delincuencia tamén ofrece ideas enriquecedoras, aínda que con
lixeiras connotacións totalitarias: " (...) habría que conseguir que tanto la Guardia Civil como la Policía Nacional mejorasen su actitud como agentes del Orden, de lo contrario, corren el riesgo de corromperse por sí solas (...). Perdonarle a un delincuente es darle licencia para lo peor. A estos había que marcarlos como ós cabalos na Rapa das Bestas en Sabucedo, xa verías como arreaban".

Conclúe Regueiro no seu tan peculiar "anuncio publicitario" advertindo que
"lo más peligroso para la sociedad son los Organismos de los localismos, los delincuentes de todo tipo y los que no saben o no quieren erradicar a esa calaña".

PUBLICIDADE OU OPINIÓN?

Unha páxina completa da Voz, aínda que pareza incríbel, foi entregada a este individuo por un puñado de euros. O grave non é xa o que di, que non é pouco, senón o que deixa entrever.

Cabería preguntarse se a situación económica do diario é tan má como
para caer tan baixo. Poderíamos abrir un debate acerca de se a cambio de diñeiro calquera medio privado pode publicar o que lle dea a gana  calquera cidadán, faga apoloxía do machismo, a homofobia, o fascismo ou a desigualdade de dereitos.

Por certo, o escudo non é o Constitucional. Non tería Bieito Rubido que
dar unha explicación pública sobre o asunto? Atreveríanse os partidos a pedir esas explicacións? Atreverase algún colectivo a pedir excusas ou condenar esta iniciativa da todopoderosa Voz de Galicia?

É curioso, por último, que a Voz publique esta bazofia mentres crece indescritíbelmente a nómina histórica de articulistas que se tiveron que ir do xornal porque os seus traballos eran/son censurados ou non publicados. Quizais pagando... calquera poida ser columnista de La Voz de Galicia.

 

Artigo publicado en www.galiciainformación.com

Pechar           Imprimir

 

- - coordenadora de ensino areanegra - -