Coordenadora de Ensino

OUTRO MUNDO É POSÍBEL, EXISTEN OUTROS CAMIÑOS

 

 MUROS A DERRUBAR e PROPOSTAS DE TRABALLO

Clica en cada muro para ver as propostas de traballo. 

Podes enviarnos as túas propostas para traballar estes temas na aula a correo@areanegra.org 

Propostas para derrubar ao mesmo tempo varios destes muros, e así construír outro mundo moito mellor.

Propostas de traballo:

 

>> Fabricación de xoguetes con materiais de refugallo. Actividade para ed. infantil e primaria.

Obxectivos:

- Educación para unha sociedade non consumista. 

- Educación no respecto ao medio ambiente. Reciclaxe de materiais.

- Educación para a paz mediante a construcción de xoguetes non bélicos.

- Educación para a igualdade mediante a construcción de xoguetes non sexistas.

Un xoguete feito na casa pode ser moito máis divertido ca un xoguete moi sofisticado que nos anuncian pola tele.

Recursos na rede:

Fabricación de xoguetes (mecd) 

taller de xoguetes de edualter 

exemplos de xoguetes 

 

>> Xogos do mundo. Xogos contra a discriminación. Ed. Primaria e secundaria.

Recompilación de xogos procedentes de diversas culturas. Ten como obxectivo traballar contra as actitudes discriminatorias e fomentar os valores de interculturalidade. http://www.joves.org/jocs

 

>> Algunhas propostas de areanegra:

  • XOGO DADÁ: clases de lingua. Unha proposta poética para a ESO.

  • Esculturas-lixo. Unha proposta de arte e creatividade para denunciar o consumismo, os resíduos, ou calquera outro tema que se pretenda denunciar coas esculturas.

  • Reciclaxe-deseño de camisetas. Deseña a túa camiseta para levar ao camiño.

  • Collages. Un divertido xeito de escribir.

  • Caligramas. Arte coas letras.

  • Podedes ver os obradoiros propostos para a actividade de aulas abertas do curso pasado, pois están relacionadas cos muros a derrubar.

>> Para derrubar o muro da discriminación das persoas que teñen capacidades diferentes e enfermedades incurables,  a web http://www.xtec.es/~jlagares/f2kesp.htm pon a vosa disposición unha serie de programas de ordenador para persoas con distintas discapacidades. Moitos destes programas pódense descargar en galego.

 

>> Algúns recursos para o debate: Narrativa, películas, poesía, ...

 

>> Unidades didácticas do Seminario Galego de Educación para a Paz. Inclúen actividades para a aula sobre a violencia nos medios de comunicación, a liberdade, a tolerancia, ... pódense descargar en formato pdf.

 

>> Imaxes para pensar o mundo proposta didáctica de Educación en valores na que a partir dunha selección de fotografías periodísticas indágase nos problemas e conflictos do mundo actual e reflexiónase sobre as súas causas e as súas posíbeis solucións. Educación para a paz, a tolerancia e a solidariedade. Educación en materia de comunicación. 2º ciclo da ESO/Bacharelato. (Proyecto QuadraQuinta de Creatividad y Aprendizaje)

 

>> A Voz publica como publicidade un alegato machista e homófobo. Poderíamos abrir un debate acerca de se a cambio de diñeiro calquera medio privado pode publicar o que lle dea a gana a calquera cidadán, faga apoloxía do machismo, a homofobia, o fascismo ou a desigualdade de dereitos. Ao mesmo tempo moitos artigos de periodístas e colaboradores son censurados ou non publicados.

 

>> No web de Las tres mellizas podes atopar varios xogos para o ordenador. (Para os/as máis peques)

  • Reciclar: Axuda ás tres mellizas a reciclar toda a basura, poñendo cada obxecto no contenedor correspondente.

  • Barreiras arquitectónicas: Axuda a Marina a chegar á escola evitando todos os obstáculos. Serás consciente das dificultades que hai.

  • Salvemos o parque!: Axuda ás nenas e nenos deste barrio a salvar o seu parque. A empresa Glob quere destruílo para construír un centro comercial.

 

 

 

Envíanos algún material para traballar este tema nas aulas a correo@areanegra.org 

 

subir


Volver ao índice de " Outro mundo é posíbel, existen outros camiños"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org