INTERVENCIÓN DA ESCRITORA E EDITORA ROSA REGÁS NUNHAS XORNADAS POLA DEFENSA DO ENSINO LAICO

Pechar           Imprimir

  Non é un capricho, é un dereito”:  Rosa Regás, editora e escritora.

            Rosa Regás nunha intervención dunhas xornadas polo ensino público en León fixo unha defensa férrea da educación laica, das ideas fronte aos dogmas. A escritora barcelonesa enxalzou a tarefa do profesorado dos centros públicos, avogou pola neutralidade do Estado en materia relixiosa e criticou a falta de medios para o ensino público.

            Afirmou que “fai falta compromiso colectivo e compromiso persoal, porque paréceme xusta a reivindicación das plataformas pola educación laica”

            Regás abriu a Constitución polo Título I para razoar unha postura sobre o abismo actual no sistema educativo español, o laicismo como suxeito esencial da historia dos pobos e a educación laica que ten que procurar un estado laico. “Non estou en contra das relixións que han de ser unha opción persoal e privada das persoas. Pero os impostos que pagamos non é xusto que sexan para subvencións ao ensino relixioso; nin a católica nin a outra. A laicidade do Estado é total e absoluta”.

            Rosa Regás, que informou da súa educación en colexios relixiosos, percorreu as principais diferencias que distancian a educación laica e a confesional; ou sexa, dúas: as ideas e as crenzas. “A relixión baséase en dogmas e aos nenos e nenas non se lle deben impoñer dogmas como que o mundo o fixo Deus en sete días; non todos os relixiosos son fundamentalistas, pero todos vense no dereito de impoñer a súa relixión a outros” Regás ligou un exemplo á afirmación: unha monxa que obrigou a unha nena musulmana a retirar o veo. “E quen é unha monxa que leva veo para dicirlle a unha nena doutro credo que non o leve?”

            A editora catalana aludiu ao beneficio esencial da formación laica que define “ non como un capricho, senón como un dereito gañado” na  xeración de criterio. “Non debemos aceptar nada sen pasalo polo entendemento”. E a dous interrogantes: “Por que estamos convencidos de que vale máis o que se paga que o que non? Por que levamos aos nosos a unha educación cuxos patróns non se arrepentiron nin da Inquisición, nin dos seus corenta anos de nacional catolicismo?”. Regás louvou a tarefa do profesorado de centros públicos “que traballan sen os medios que destina o Estado ao ensino relixioso”.

Pechar           Imprimir

 

- - coordenadora de ensino areanegra - -