|
¿Como
se facían os milagres?
Pechar
Imprimir
|
O
matemático e mecánico da antiga Grecia, Herón de Alexandría,
que viviu no século II, deixounos a descrición de dous enxeñosos
procedementos que serviron aos sacerdotes exipcios para enganar ao
pobo e inculcarlle fe nos milagres.
Na
figura vemos un altar metálico oco e, debaixo, un mecanismo
oculto baixo o pavimento, que servía para abrir as portas do
templo.
|

|
|

|
Cando
o lume ardía no altar, quentábase o aire que tiña dentro e facía
presión sobre a auga contida nun recipiente oculto baixo o chan;
esta auga era desprazada pola presión, saía por un tubo e ía
caer nun cubo, o cal, ao descender, accionaba o mecanismo que facía
xirar as portas.
Os
crentes, que non sospeitaban da existencia do oculto
artefacto, vían ante si un milagre, xa que cando se acendía o
lume no altar, as portas do templo, persuadidas polas oracións do
sacerdote, abríanse soas. |
|
Outro
pseudomilagre ideado por sacerdotes, é o que se representa na
seguinte figura: O aceite vértese por si mesmo no lume do altar.
Cando
arde lume no altar, o aire dilátase e presiona sobre o aceite que
hai no depósito inferior, obrigándolle a subir polos tubos que
hai ocultos nas figuras dos sacerdotes e a gotear milagrosamente
sobre o lume. Pero en canto o sacerdote encargado deste altar
quitaba disimuladamente o tapón que tiña a tapadeira do depósito,
o aceite deixaba de saír, xa que o aire excedente saía polo
orificio e deixaba de facer presión sobre o aceite.
Os
sacerdotes recorrían a este artificio cando as dávidas dos
crentes eran escasas. |

|
(Extraído
de: Física
Recreativa)
|