|
ANÁLISE
DALGÚNS APARTADOS DO DICCIONARIO DO VATICANO: O LEXICON
Dereito ao aborto: segundo o Lexicon, nas actividades da ONU
e dalgúns grupos de presión vense accións devastadoras contra a
familia, que tenden a un só obxectivo:
pretender que o asasinato do neno concibido se convirta nun dereito
da muller, que debe ser legalizado.
Educación sexual: para o Vaticano diversas experiencias dos
programas institucionais non só non axudaron a resolver o problema da
educación sexual, senón que deron pé á desinformación sexual. Algúns
eran de por si un escándalo público, xa que incluían
contidos pornográficos e transmitían informacións ofensivas para
o pudor
Eutanasia:
o desexo de morrer é, segundo o Vaticano, non poucas veces o resultado
dunha situación inhumana e inxusta, ou patolóxica, que foi desatendida,
ou mesmo ignorada
Homosexualidade e homofobia. Segundo o Lexicon, a
homosexualidade como tal non é un suxeito de dereito, xa que carece de
valor social. Non é unha realidade transmisíbel, xa que non é pensábel
educar aos nenos na atracción sexual cara a persoas do mesmo sexo.
Matrimonio, separación, divorcio: para o Vaticano, a
experiencia demostrou que, unha vez introducido o divorcio nunha nación
ou nun Estado, para remediar os casos lamentables, non se consegue
contelos e esténdense e multiplícanse. Isto, segundo o Lexicon,
“resulta profundamente insidioso para a estabilidade do matrimonio
canónico e a paz dos cónxuxes, creando danos inmensos especialmente ao
cónxuxe fiel ao sacramento do matrimonio, que se ve inxustamente
abandonado, e aínda máis á prole, traumatizada pola separación dos
cónxuxes, se non contendida por ambos”.
Matrimonio de homosexuais: as lexislacións que consenten a
unión legal de dúas persoas do mesmo sexo “poden constituír unha
auténtica ameaza, ademais dunha hipoteca, para o futuro da sociedade”.
O Lexicon mantén que “ a familia, naturalmente constituída, é o
mellor lugar para previr moitos disturbios psíquicos, do comportamento e
da personalidade dos fillos, pero a voracidade das reivindicacións por
parte dos homosexuais chegou ao estremo de reclamar o dereito da
adopción”(...). Para o Vaticano o neno ten dereito a adquirir, fundar e
estabelecer, de forma adecuada, algo moi importante e irrenunciábel: a
súa identidade sexual. E este dereito, sostén o Lexicon, resulta
impedido e gravemente ameazado, cando o neno recibe unicamente modelos de
conducta, como no caso dos homosexuais, en que esta identidade se pon en
crise.
Procreación asistida: o
desexo de ter fillos é un dos máis estimábeis. Pero, segundo o
diccionario católico, implica unha forte compoñente narcisista. Polo
tanto, é de temer un futuro escuro, se ese desexo se alía á técnica e
pídelle acadar aquela perfección que noutro tempo se esperaba do milagre
diviño.
Sexo seguro: o Lexicon afirma que servirse dun preservativo
para protexerse do VIH significa en realidade xogar á “ruleta
rusa”.(...) A única estratexia realmente e totalmente eficaz fronte ao
VIH é a abstinencia sexual ou as relacións sexuais dentro do matrimonio
monógamo e a fidelidade. Unións de feito: para o Lexicon, o matrimonio é a única unión de home e muller, que permite a construcción dunha relación que ten en si a potencia de conducir cara ao ben e a realización da persoa na doazón total da súa dimensión sexual, e cara ao ben do outro cónxuxe e dos fillos nacidos desa unión |
|
- - coordenadora de ensino areanegra - - |