Acepte
vostede, sen intención de comprometelo tácita ou implicitamente, os
meus desexos de que goce dunha ecoloxicamente consciente, solidaria,
socialmente responsable, sen estrés e non adictiva celebración desta
festa do solsticio de inverno, de xénero neutro.
Que
a viva na máis leda tradición da convicción relixiosa da súa elección,
ou as prácticas seculares que prefira, atendendo e respectando as
crenzas relixiosas/seculares e/ou as tradicións dos que o rodean, e dos
que decidan non practicar relixións ou hábitos seculares. Engado os
meus desexos de prosperidade económica/fiscalmente exitosa,
persoalmente plena, medicamente sa para este ano 2004 do calendario
xeralmente aceptado, pero respectando os calendarios
relixiosos/seculares e/ou tradicionais da súa elección ou de calquera
cultura, sen ter en conta raza, credo, idade, capacidade física ou
orientación sexual dos seus seguidores.
Esta
felicitación, xa que logo, non pretende impor a cultura de orixe
xudeucristiá, senón que abrangue a toda comunidade, grupo relixioso ou
secularismo que considere vostede próximo.
Para
evitar queixas, esta felicitación debe considerarse non emitida e/ou
retirada, se dana nalgún punto as súas conviccións, preferencias de xénero,
sexuais ou de calquera outra orde, ou as de calquera terceiro'.