Experiencias extrasensoriais explicadas

Pechar           Imprimir

 

Soños que se cumpren

En realidade é máis habitual do que parece. Supoñamos que a probabilidade de que un soño coincida cun feito posterior sexa de só un por millón. Dada a poboación mundial (uns 6.000 millóns de persoas) e o número medio de soños que cada persoa ten nunha noite (ata 250 segundo algúns estudios), estímase que cada día debe haber 15 millóns de soños que coinciden cun acontecemento real. O paranormal sería que non existiran soños premonitorios.

 

Déj'a-vu y jamais-vu

Chámase Déj'a-vu á sensación de que xa vivimos unha situación antes ou que xa estivemos nun lugar ao que imos por primeira vez. Algúns parapsicólogos relaciónano con viaxes astrais, reencarnacións ou fenómenos de clarividencia. En realidade parece que responde a certos mecanismos químicos do cerebro que nos fan activar funcións de memoria de maneira equivocada.

O jamais-vu é o fenómeno contrario. Trátase da sensación de que algo sucede por primeira vez, aínda que se saiba a ciencia certa que é unha experiencia xa vivida. Está relacionado con certos tipos de amnesia, cos síntomas da epilepsia, e reprodúcese en algunhas enfermidades como o Alzeimer.

 

Supersticións e encantos

A maioría dos seres humanos necesitamos desafogar a nosa ansiedade sobre algunha persoa ou obxecto. Esa é a orixe das supersticións, os encantos e os sortilexios. O psicólogo B. F. Skinner, pai do conductismo, demostrou que ata as pombas poden ter supersticións. Educou a un grupo de aves para que obtiveran comida ao picar un botón un determinado número de veces. Ao cabo dun tempo cambiou o subministro de comida e fíxoo de xeito aleatorio. Os paxaros seguían picando no botón, pois seguían crendo que eses movementos eran os responsables da chegada do alimento.

 

Coincidencias telepáticas

A veces pensamos nunha persoa e acto seguido chámanos por teléfono. Ou falamos dun famoso e un día despois anuncian a súa morte. ¿Son fenómenos telepáticos? Non, son simples casualidades. O que pasa é que a nosa memoria selecciona só as veces que se produce unha casualidade e esquece as demais.

 

Sensación de saír fora do corpo.

Prodúcese, sobre todo, no estado que hai entre a vixilia e o soño, é dicir, cando estamos a punto de durmir ou de espertar. É debido á posta en marcha ou desconexión dos mecanismos perceptivos. Tamén sucede en estados de profunda relaxación.  

 

Para saber máis: Psicoloxía dos fenómenos paranormais

 

Pechar           Imprimir

 

- - coordenadora de ensino areanegra - -