Crenzas populares

Pechar           Imprimir

- Se poñemos unha culler na lata de bebida gaseosa evitamos que o gas escape

¿acaso non sae o gas polos poros da superficie dun globo? Fai a proba. Deixa dúas latas abertas dun día para outro, unha delas cunha culler. Pídelle a un compañeiro ou compañeira que che diga cal ten menos gas, sen que ela saiba cal das latas tiña a culler. Terá un 50% de probabilidades de acertar, e se acerta non será pola cantidade de gas que notará ao beber.

 

- Hai máis nacementos en lúa chea

Aquí tes unha estadística.

Para máis información consulta a páxina http://www.arp-sapc.org/docentes/luna.html

 

- A auga de chuvia fai crecer o pelo

O cabelo desarróllase dentro do folículo piloso, que se nutre gracias ao sangue. A alimentación, os estados de ánimo, ou a saúde si poden influír no crecemento do pelo, pero non un producto de aplicación externa.

 

- Lavarse con auga de neve pon a pel máis morena

A razón pola que a xente que vai á neve volve máis morena non é o contacto coa neve, se non o reflexo das radiacións solares sobre a neve que inciden despois na pel. ¿Ou acaso cremos que a neve garda raios de Sol?

 

- As espinacas teñen moito ferro

Esta crenza popular hai tempo que está desmentida, pero a xente segue a crer nela. En 1890 fíxose unha análise da composición de diferentes alimentos, entre eles as espinacas. Na información dos resultados púxose por despiste, na liña da propiedade ferro das espinacas, un valor máis, e onde debía poñer tres miligramos apareceron 30 mg. De alí que os debuxantes de Popeye deran á verdura unas férreas propiedades nunha campaña de promoción desa fantástica verdura impulsada polo goberno americano.  

 

- É malo durmir cunha planta na habitación.

Moita xente pensa que é malo durmir cunha planta na habitación, pois as plantas consumen osíxeno pola noite. Per non teñen ningún inconveniente en durmir cunha parella, ou compartir habitación con 10 persoas nun albergue. ¿Quen consume máis osíxeno pola noite?, ¿unha planta ou unha persoa?

 

 

Se coñeces algunha outra crenza popular e queres desmontala, escríbenos e incluirémola nesta sección.

Pechar           Imprimir

 

- - coordenadora de ensino areanegra - -