INTERVENCIÓN DA CONFERENCIA EPISCOPAL NA VIDA DA CIDADANÍA: DOCUMENTO DO 2 DE FEBREIRO DO 2004

Pechar           Imprimir

O luns 2 de Febreiro de 2004 os bispos españois fixeron público un documento en que se marcan as directrices da súa doutrina con respecto á familia, á sexualidade e ao matrimonio, directrices que pensan transladar ás escolas nos seus programas de Relixión. As teses episcopais consideran que “a violencia doméstica é un froito amargo da revolución sexual” e recomenda a xuíces e avogados a que se neguen a tramitar divorcios e “cooperar co mal 

A presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Separadas, Ana Mª pérez del Campo afirmou que “hai que lembrar aos bispos que a doutrina católica é a orixe da violencia de xénero. Esixe obediencia da muller ao home, o débito conxugal, e colócaa como serva en lugar de como igual 

A presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, Montserrat Comas, mostrouse sorprendida por este documento e asegurou que as demandas de orde de protección ás víctimas son máis abundantes entre as mulleres que están ou estiveron casadas. Ademais dixo que “as afirmacións dos bispos baséanse na moral burguesa tradicional, na cal a muller nunca é suxeito de dereitos en plena igualdade” e engadiu“ esa moral relixiosa é a que máis coadxuvou a que as mulleres no seo do matrimonio soportasen en silencio durante anos os malos tratos, porque a mensaxe católica era a de aguantar e silenciar estas situacións sen romper un matrimonio que é para toda a vida”.

Comas matizou aos bispos que “ A violencia doméstica xa existía antes da revolución sexual”, “O amor libre é o máis oposto á violencia, porque está baseado na igualdade e a liberdade das persoas”. Ao seu xuízo “non se pode frivolizar sobre as causas dunha lacra social como esta”, e, entre estas causas, destaca “a profunda desigualdade entre homes e mulleres, froito das relacións de dominio dos primeiros sobre as segundas”.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - 

Documento da Conferencia Episcopal: Directorio de la Pastoral Familiar de la Iglesia en España

Nota de prensa de CEAPA respecto ao documento difundido pola conferencia episcopal

Resposta da Marcha Mundial das mulleres.

Pechar           Imprimir

 

- - coordenadora de ensino areanegra - -