Coordenadora de Ensino

OUTRO MUNDO É POSÍBEL, EXISTEN OUTROS CAMIÑOS

 

 MUROS A DERRUBAR e PROPOSTAS DE TRABALLO

Clica en cada muro para ver as propostas de traballo. 

Podes enviarnos as túas propostas para traballar estes temas na aula a correo@areanegra.org 

Derrubemos o muro do integrismo relixioso, e construamos un ensino laico

Propostas de traballo:

>> ¿Qué fai a relixión nas escolas? ¿Débense impartir e avaliar contidos baseados na fe e nas crenzas? ¿Por qué coa LOCE un estudante da ESO terá máis horas de relixión ou a súa alternativa que de ciencias, tecnoloxía, ou ensinanzas artísticas? ¿Qué valores son transmitidos a través da relixión católica? ¿Qué valores se transmiten a través dos libros de texto de relixión? Pódensenos ocorrer moitas máis preguntas sobre isto, e cremos que debe haber un debate serio na comunidade educativa que reaccione ante esta imposición do Ministerio de Educación.

Poñemos a vosa disposición unha serie de artigos para debatir este tema nas aulas:

Ciencia e Relixión: Unha proposta educativa. Xa que estamos a darlle a volta ao mundo, imos ver como serían as cousas se o ensino se metera nas misas, do mesmo xeito que a relixión meteuse nas escolas.

Manifesto da CEAPA pola defensa dun ensino laico. Este é o manifesto da Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos (CEAPA), que tamén presentou un recurso ante o Tribunal Constitucional contra a normativa que regula a relixión e a súa alternativa. Podes asinar na súa web o manifesto por unha escola laica.

"Non é un capricho, é un dereito". Intervención da escritora e editora Rosa Regás nunhas xornadas pola efensa do ensino laico.

“A violencia doméstica é un froito amargo da revolución sexual”. Intervención da Conferencia Episcopal na vida da cidadanía. Documento do 2 de febreiro do 2004.

Lexicon. Análise dalgúns apartados do diccionario do Vaticano.

Leis físicas da relixión. Cun pouco de humor, unha análise das "leis físicas" nas que se basea a Biblia. 

Frases memorables. Racionais e irracionais. "Como se pode ter orde nun estado sen relixión? A relixión é un formidable medio para ter quieta á xente." Napoleón Bonaparte.

Feliz aninovo. Felicitacións de Nadal ¿Son políticamente correctas? ¿Respectan a liberdade relixiosa e cultural?.

Funeral de estado nun templo católico. As confesións minoritarias protestan pola celebración do funeral polo 11 M no templo da Almudena. ¿Todas as víctimas eran católicas? ¿cúmprese o artigo 16 da Constitución? Un artigo para o debate: as declaracións do monseñor Rouco Varela neste acto "choque de civilizacións"

Frade lendo, namorado. Conto para traballar na aula mitos e mentiras das relixións. 

Polo amor de Deus. Un artigo de Xelís de Toro para vieiros. "O que é preocupante destes tempos non é a relixión senón os espacios que está a ocupar e as funcións que está a asumir."

>> Ante as crenzas irracionais: educación científica.

Gran parte das crenzas, eleccións e decisións das xentes baséanse en coñecementos falsos ou en supostos irracionais. O auxe actual das pseudociencias e a irracionalidade, tan manifesto nos medios de comunicación, é o resultado dun déficit na distribución social do coñecemento científico. Os medios de comunicación e o sistema educativo son importantes áreas de responsabilidade social ante esta situación.

O novo sistema educativo propón a obrigatoriedade da materia de Relixión avaliable, ou da súa alternativa “Feito relixioso”, cun total de horas moi superior ás das ensinanzas científicas e tecnolóxicas.  No noso sistema educativo imponse o pensamento relixioso sobre o pensamento racional. Esta política educativa, lonxe de inmunizar contra a credulidade, conleva unha maior propensión a ela.

Ante esta grave irresponsabilidade propoñemos unha serie de actividades para intentar frear o avance das crenzas irracionais no noso alumnado, patentes no seguinte informe.

Actividades para tratar de convencer ao alumnado dos embustes da Astroloxía

(non atopamos ningunha en galego)

Breve introducción sobre a orixe da Astroloxía e as súas bases

Realización de horóscopos

Realización dunha carta astral

Investigación sobre a validez das prediccións dos astrólogos

Kit de defenta ante a astroloxía.

Desmontando algunhas crenzas irracionais:

Experiencias extrasensoriais explicadas.

crenzas populares. Esas cousas que ti cres que son así ¡porque si! 

Dobrado psíquico de metais. Como o poder da mente é capaz de dobrar culleres, coitelos, ... ou como é capaz de enganarnos.

¿Cómo se facían os milagres? No século II, Herón de Alexandría, ideou uns artiluxios para que os sacerdotes enganaran aos crentes.

 

>> Ligazóns

Europa laica

Campaña por un mundo laico

Plataforma cidadá por unha sociedade laica

SAPC - Sociedade para o avance do pensamento crítico

Homo webensis. Ante a pseudociencia, un pouco de sentido crítico

Projeto Ockham evidencias científicas sobre os fenómenos paranormais ou sobrenaturais. 

 

 

Envíanos algún material para traballar este tema nas aulas a correo@areanegra.org 

 

subir


Volver ao índice de " Outro mundo é posíbel, existen outros camiños"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org