Coordenadora de Ensino

OUTRO MUNDO É POSÍBEL, EXISTEN OUTROS CAMIÑOS

 

 MUROS A DERRUBAR e PROPOSTAS DE TRABALLO

Clica en cada muro para ver as propostas de traballo. 

Podes enviarnos as túas propostas para traballar estes temas na aula a correo@areanegra.org 

Acabemos coa agresión ao medio, e construamos un desenvolvemento sostíbel 

Propostas de traballo:

>> A relación da nosa sociedade co entorno está a provocar importantes desequilibrios nos sistemas naturais, problemáticas que se agravan día a día cuns modos de producción e consumo irracionais e insostibles.

Algunhas das principais agresións que estamos a provocar no noso medio son as seguintes: proliferación de incendios forestais, deforestación e diminución da biodiversidade; producción e xestión inadecuada de residuos; excesivo consumo e contaminación das augas; impactos no litoral; proxectos de construcción de infraestructuras, integrados nunha nefasta ordenación do territorio; elevado consumo de enerxía, na súa meirande parte de fontes non renovables; destrucción do patrimonio histórico-artístico; contribución crecente ós impactos globais (cambio climático; burato na capa de ozono; choiva ácida).

Para avanzar na busca de solucións a estas cuestións, propoñemos algunhas ideas que se poden aplicar nas aulas, ou mellor aínda, nos centros de forma integral.

Pegada ecolóxica

Este indicador valora a influencia da nosa forma de vida sobre o entorno, calculando a superficie de terras productivas necesarias para satisfacer o propio consumo de recursos e para asimilar os residuos que xeneramos.

 

- Informe sobre a pegada ecolóxica de diversos estados no ano 2.004

- Unha boa páxina para introducirnos no concepto da pegada ecolóxica. Propón o cálculo, a través dun ilustrativo test, da  propia pegada ecolóxica; tamén información xeral e propostas para a reducción do impacto do noso modo de vida.

- Un test máis completo (con algún erro sen demasiada importancia).

- Outras (algunhas moi sinxelas), interesantes para comparar e estudiar os diferentes aspectos ambientais e socioeconómicos tratados.  miliarium.com   tierramerica.org

- Máis información en ingurumena.net (pdf)

- Un mapa interesante en ourplanet.com (pdf)

Ecoescolas. Se temos a posibilidade de desenvolver proxectos integrais podemos adoptar a metodoloxía proposta nos programas de ecoescolas, donde se abordan conxuntamente as diferentes dimensións da realidade ambiental do centro educativo (consumo de recursos, producción de residuos, transporte, implicación da comunidade educativa, participación na toma de decisións, integración no entorno social, etc.)

- Metodoloxía das ecoescolas. Metodoloxía para desenvolver un proxecto deste tipo nun centro educativo.

- Algúns enderezos para profundizar:

Exemplo de ecoauditoría escolar

Información sobre os programas de ecoescolas, relación de ecoescolas no mundo, etc. 

Interesantes exemplos de centros que están traballando neste ámbito. 

Rede andaluza de ecoescolas. Aparece información sobre outros programas educativo-ambientais. 

Sostibilidade:

- Moi interesante a iniciativa que podedes atopar en www.esp-sostenible.org Campaña online promovida por varios colectivos ambientalistas (Ecologistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife y WWF/Adena). Moita información sobre desenvolvemento sostible: estratexias da Unión Europea e Española; “225 medidas para o desenvolvemento sostible”; propostas sostibles / non sostibles e outros documentos.

- A Oficina Europea das Asociacións de Consumidores puxo en marcha a través da web www.chemical-cocktail.org unha campaña para amosar un inventario virtual de elementos cotiáns do fogar susceptibles de conter sustancias potencialmente nocivas para a saúde e o medio ambiente (inglés e francés).

 

>> Máis recursos para a educación ambiental. Materiais e páxinas web con propostas para realizar actividades de educación ambiental (en relación co estudio do medio mariño, producción de residuos, espacios naturais, aforro de auga,...).

  • Información sobre as agresións ó medio: Problematicas ambientais

  • Materiais para traballar sobre a producción de lixo:

    Relación de propostas sobre as 3R 

    Investigación sobre os vertedeiros incontrolados 

    Xogo sobre o sobreenvasado de productos 

  • Ligazóns:

    SGEA (Sociedade Galega de Educación Ambiental) Pódense consultar recursos e documentos para realizar actividades educativas sobre numerosos temas (interpretación da paisaxe, medio ambiente mariño, sector pesqueiro, espacios naturais, …).

    ECOWEB Galicia Educación ambiental; información ambiental; ligazóns a asociacións; noticias; documentos; debates; lexislación, ...

    edic@lia Diversas actividades: xogos (aforro de auga,...), atlas interactivo da sostibilidade (con mapas de emisión de gases contaminantes, producción de enerxías renovables, acceso a auga potable no mundo, etc.), dinámicas de resolución de conflictos, etc.

 

>> Actualidade ambiental. A desinformación ambiental cada vez está máis presente nas nosas vidas. Para traballar nas aulas con información veraz, crítica e independente consultade as páxinas das seguintes entidades. Atoparedes diversos recursos moi útiles.

 

>> Na sección "materiais educativos" desta web podedes atopar materiais para traballar na aula o tema das mareas negras

 

 

Envíanos algún material para traballar este tema nas aulas a correo@areanegra.org 

 

subir


Volver ao índice de " Outro mundo é posíbel, existen outros camiños"

  Volver á páxina principal
 


 

Páxina feita pola coordenadora de ensino areanegra correo@areanegra.org, aloxada en Dinahosting
Para cuestións técnicas: webmistress@areanegra.org