AS LINGUAS DO ESTADO ESPAÑOL

A E.N.L. do CPI Vicente Otero de Carral preséntanos, en coordinación co Departamento de Lingua Galega, unha actividade emocionante para coñecer un pouco mellor a nosa lingua a través doutras que están a vivir situacións semellantes.

Pechar           Imprimir

 

Animádevos e abride ben os ollos e lede:

Neste xogo hai dous bandos: o AZUL e o VERMELLO.

Entre todos os alumnos e alumnas de 3º de E.S.O. seleccionaranse os membros de cada equipa de xeito que fiquen o mesmo número de participantes en cada bando. En cada aula haberá un coordinador/a de estratexia, -tres en total- que terá funcións operativas: controlar as forzas do  grupo contrario, informar aos compañeiros de como se vai desenvolvendo o xogo; recoller datos, detectar os contrincantes máis débiles, etc.

A equipa que mellor uso faga de súa sabedoría, intelixéncia e memoria acadará mellor resultado.

As armas deste xogo serán pois as palabras, a información e as ideas.

 

Cada grupo terá á súa disposición un DEPÓSITO de información que deberán coñecer –asimilar, memorizar, saber- todos os membros da súa equipa. Este depósito de información conterá unha batería de 80 preguntas sobre o tema AS LINGUAS DO ESTADO ESPAÑOL, e será subministrado polo profesor a cada participante.

O xogo desenvolverase CORPO A CORPO. Os membros dunha equipa enfrontaranse aos membros da outra con PREGUNTAS. Os encontros son individuais: unha persoa pregúntalle a outra do bando contrario unha cuestión do DEPÓSITO de información e esta deberá dar resposta.

Cada membro dunha equipa recibirá 10 ataques ou preguntas realizadas por 10 enimigos. Non poden ser máis nin menos preguntas, e ninguén pode facerlle dúas preguntas á mesma persoa.

Cada persoa levará consigo unha TARXETA  de IDENTIFICACIÓN e un trazo distintivo da cor da súa equipa visíbel no seu corpo (brazalete, autocolante, etc). Con estas tarxetas avaliarase o resultado da batalla, polo cal o seu emprego debe ser preciso e correcto:

1) Identificaranse as preguntas realizadas polo inimigo co número que lle corresponde no DEPÓSITO de informació: Por exemplo: __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ .  

2) Dos dez encontros realizados marcarase cun X cada victoria ou derrota.

3) Cada contrincante asinará na tarxeta logo de terse enfrontado ao seu adversario.

4) Cada participante cubrirá un “parte do xogo” na tarxeta (pola parte de atrás) sobre o desenvolvemento desta experiencia: opinión persoal, feitos destacábeis, incidentes, etc.

 

O código de honra deste xogo establece que sexa un enfrontamento LIMPO, nobre, sen trampas nin ruindades. Cómpre respectar ao adversario, ser legal.

Advírtese que a calquera acción contra as normas e o respecto por parte dun participante  pode provocar a eliminación dunha equipa enteira.

O xogo desenvolverase ao longo dunha xornada escolar, no tempo de lecer, do comedor, entre clases, etc, mais nunca no desenvolvemento das clases.

Ao final da derradeira clase do día todas as tarxetas depositaranse na URNA do vestíbulo. O xogo das linguas avaliarase computando os acertos e erros particulares de cada quen  e establecendo a media de cada equipa, e representará unha cualificación –importante- da segunda avaliación. Valorarase así a suma de esforzos a partir do traballo individual, polo que o papel de cada integrante dunha equipa é FUNDAMENTAL, pois dunha única persoa pode depender un desenlace máis ou menos satisfactorio –ou insatisfactorio- desta experiencia. A nota persoal será a media entre a propia tarxeta e a claificación media da equipa á que un/unha pertence.

Os integrantes da equipa que acade menos puntuación farán un acto simbólico de rendición, humillación  e somentemento diante da equipa vencedora no día en que se faga público o desenlace. 

 

EQUIPA VERMELLA

Nome do participante:

Sección:

Preguntas recibidas: __  __  __  __  __  __  __  __  __  __ 

Victorias:  __  __  __  __  __  __  __  __  __  __

Derrotas: __  __  __  __  __  __  __  __  __  __

Sinaturas de cada enimigo:

 

 

Parte do xogo:

 

 


DEPÓSITO DE INFORMACIÓN . AS LINGUAS DO ESTADO ESPAÑOL

 

1. ¿Cal é a pocentaxe de xente entre 16 e 25 anos en Barcelona que fala catalán? Máis do 50%.

2. ¿En que illa achegada a Italia se fala catalán e como se chama esa comarca? Sardeña, Alguer.

3. Cales son as linguas oficiais de Andorra?. Só o catalán.

4. ¿É o catalán lingua oficial do Val de Arán? Si.

5. Canta en catalá e traduce a primeira estrofa do himno do Barça ao galego: “Tot el camp es un clan, som la gent blaugrana...” (Todo o campo é un clan, somos a xente azulgrana) 

6. ¿Fálase catalán no estado francés? Si.

7. ¿Falase catalán en Aragón? Si.

8. ¿Cando e que lei promulgou Carlos III establecendo o español como lingua exclusiva da oficialidade de España, ignorando o catalán, o galego e o euskera? No século XVIII, a Real Cédula de Aranxuez.

9. ¿Como se chama o principal xornal en catalán e que significa? Avui,  significa Hoxe. 

10. Como sabes, en catalá os R finais escritos non se pronuncian, pon un exemplo co  nome dun xogador do Barça: Roger ou Ferrer, etc. 

11. ¿Cales son catro provincias catalanas na súa lingua orixinal? Barc(s)elona, Tarragona, Lleida, Girona. 

12. ¿Como se di bo día en basco? Egunon..

13 ¿De que poeta basco lemos un poema na clase? De Bernardo Atxaga.

14. ¿Como se chama a TV do País Basco? Euskal-Telebista. 

15 ¿Cales son os tres territorios históricos de Euskal Herria ou  País Basco? Euskadi (ou País Basco e España),  Iparralde (ou Pais Basco francés) e Nafarroa (ou Navarra) 

16. ¿Sabes un nome que provén do basco  para unha prenda de vestir? Zamarra.

17. ¿Ademais do nome da banda terrorista, que significa eta en basco? É a conxunción “e”.

18. Cal é o nome orixinal da capital basca onde hai un importante Festival de Cine? Donostia.

19. Se ves pasar un coche que en vez de levar unha pegata de GZ leva unha de EH, ¿que significa?. Euskal Herria ou País Basco en euskera.

20. ¿O estándar do euskera ten seseo e gheada? Seseo si; gheada non.

21. ¿Onde pon o acento un basco en “zamarra”? Pode dicir sámarra ou samárra ou samarrá, porque os acentos non son fixos.

22. En Galiza temos Correlingua, ¿como se chama en Euzkadi esta carreira pola lingua? Corrica.

23. ¿Que linguas se falan no territorio da Aragón? Catalán, aragonés e español.

24. ¿En que zona de Aragón se fala máis o aragonés? En Huesca ou no norte.

25. ¿Como se di falar en aragonés? Charrar.

26. ¿É o aragonés lingua oficial en Aragón?. Non, aínda non.

27¿É certo que en aragonés hai máis de tres palabras para neve, segundo o tipo de neve? Si.

28. ¿É o aragonés unha lingua románica? Si.

29. Como se escribe Huesca en aragonés? Sen H: Uesca.  

30. No Val de Arán ¿cal ou cales son as linguas oficiais?. Catalán, español e aranés.

31. ¿Cantos falantes hai aproximadamente de aranés? Arredor de catro mil.

32. ¿É certo que case o 100% das escolas infantís do Val de Arán teñen o aranés como lingua das aulas? Si.

33. ¿Que significa Arán? Val.

34. ¿Cal é o recurso económico que fai do Val de Arán un territorio rico? O turismo.

35. En Galiza temos Correlingua, e no Val de Arán ¿como se chama esta carreira? Corsa.

36. Segundo a Constitución Española é un dereito e un deber saber español. ¿E saber galego, é un dereito, é un deber, ou é un dereito e un deber? Só é un dereito.

37. ¿En que lingua están oficializados os topónimos legais do Val de Arán? En aranés.

38.¿Que músico galego ten unha peza sobre o Val de Arán? Carlos Nuñez.

39. ¿É o aranés unha lingua románica? Si.

40.¿Que parella de Reis comezaron a uniformización lingüística do imperio español  e a colonización das outras linguas da península? Fernando e Isabel, os Reis Católicos.

41. ¿Cal é o erro neste texto? “O Val de Arán é famoso polas súas xoias arquitectónicas de arte románica, a súa flora e a súa fauna pirenaica e as súas paisaxes de montaña. O aranés, unha lingua que provén de tempos prerromanos, é o emblema cultural deste fermoso val cerca do que está situada a estación de esquí de Baqueira Beret”. Non provén de tempos prerromanos, (porque é unha lingua formada a partir do latín).

42. É certo que para falar aranés hai que saber asubiar cos dedos na boca porque a palabra guapo/a –cachondo/a en nivel informal- se pronuncia asubiando ruidosamente cos dedos índices?. Non.

43. Segundo un estudio do naturalista Carlos López, os osos do Val de Arán comprenden mellor certas ordes en aranés que en catalán, español ou inglés.¿É certo? Non

44. En aranés a palabra Sexo non existe. ¿Certo ou non?. Existe tal.

47. ¿Ten o asturianu rango de lingua oficial en Asturies? Non, aínda non.

48. ¿Onde é o asturianu lingua oficial ? Na comarca de Miranda do Douro, en Portugal.

49. ¿Cantos falantes hai, aproximadamente, de asturianu? Varios estudios din que máis de trescentos mil.

50. ¿O nome dun xornal en asturianu? Les noticies

51. ¿Como se chamaba a banda deseñada que vimos na aula ? Los aguarones.

52. ¿Como se di colega en asturianu? Collacio.

53 ¿Como se chama ese gaiteiro asturiano que ten a gaita eléctrica? Hevia.

54. ¿Danse clases de asturiano nas escolas e institutos de Asturias? Si, nalgúnhas comarcas, como materia de escolla voluntaria.

55. A asociación de defensa do asturianu Xunta Moza e o Conseyu de Mocedá d´Asturies promove unha campaña nos institutos que se chama “Nun muerdas la llingua, escuelli llingua asturiana”, denunciando os Centros que non ofertan a materia de asturianu aos alumnos. ¿Certo ou falso?. Pois éche ben certo.

56. A Llei do Asturianu no seu artigo 4 di que todos os alumnos/as  teñen dereito a escoller lingua asturiana como asignatura. ¿Certo ou falso?  É unha verdade como un mundo.

57. ¿Que é unha ikastola? Unha escola ou instituto onde o ensino é en euskera.

58. ¿Que é unha escola Bressola? Unha escola onde o ensino é en catalá.

59. ¿É certo que a empresa Motocicletas Derbi, e outras moitas,  asinou un convenio coa Generalitat de Catalunya  polo cal se compromete a facer do catalán a lingua da súa empresa (rotulación, documentación, relación cos clientes, etc)?. Si.

60. A media de uso do galego na prensa é do 6%. ¿Cal é a do catalán? O 23%

61. Os Corenta Principais na súa conexión en Cataluña falan catalán .¿Si ou non?. Si.

62. É certo que o actor que interpreta ao doutor Miles Benet, do filme A invasión dos ladróns de corpos era fillo de pais galegos, de Cangas do Morrazo?. Non.

63. En Euskadi a porcentaxe de zurdos é menor á media porque o uso do euskera estimula especialmente o lado dereito do cerebelo. ¿Certo ou falso?. Falso.

64. ¿Como se di  ¡Estás para comerte! en euskera?: a) Kekoparteak ou b)Meñuar tefoak

Ningunha das dúas, e non teño nin idea.

65. ¿Cales son as linguas que aínda non son oficiais no Estado Español? Asturianu e Aragonés.

66. ¿Cales son as linguas minorizadas do estado español? Catalán, euskera, galego, asturiano, aranés e aragonés.

67. ¿En que comunidades autónomas do Estado Español se fala catalán? En Catalunya, Valencia, Balears e Aragón.

68. ¿Como se chaman as escolas onde o ensino se recibe en catalán? Escola Bressola.

69. ¿Como se chaman os centros de ensino onde as clases son en euskera? Ikastolas.

70. ¿Que é un euskaldún? Un falante de euskera.

71. ¿É certo que en euskera non existe a letra V (uve)? Si, é certo.

72. ¿Recoñece a Constitución Española o aragonés e o asturiano como linguas? Non.

73. É certo que Crivillé –de Álex Crivillé- en catalán significa “Acribillado”? Non.

74. ¿Fálase euskera en Francia?. Si.

75. Nos últimos vinte anos o uso do euskera ¿aumentou ou disminuiu? Aumentou.

76. ¿Que significa Jo soc guai en catalá? Eu son guai.

77.Os arqueólogos descubriron hai tres anos que as sereas do Mediterráneo falaban catalán. ¿Certo ou falso? Falso.

78. A Euskadi emigraron máis de douscentos mil galegos nos últimos 50 anos, ¿Certo ou falso?. Certo.

79. O orballo chámase xirimiri en euskera, ¿verdadeiro ou falso? Verdade.

80. Askatu en basco significa a) Liberdade b)Coche.: Liberdade 

 

Pechar           Imprimir

 

- - coordenadora de ensino areanegra - -