|
Detrás
do cristal! Unha
intervención do Clube da Lingua! A actividade consiste en escribir sobre o cristal algunha cousa acerca da lingua galega. As fotos poden quedar simpáticas e con elas podedes facer unha pequena exposición...
A nosa forma de mirar o mundo! Un
cristal, un rotulador e unha cámara de fotos dixital. E
xente. Eses e esas somos nós. A xente detrás do cristal. E un tema
sempre presente por diante da nosa cara, dos nosos ollos: a lingua. Entre
ti e mais eu, a lingua. Sobre
a superficie transparente do cristal, as nosas palabras, os nosos debuxos,
a nosa pegada dixital. Somos
nós, xente nova de Galiza, Planeta Terra. É
a nosa mensaxe sobre o cristal para sermos vistos coa nosa lingua de por
medio, entre nós e o mundo. A través da nosa lingua, a través do cristal da realidade.
|
||||||||
|
- - coordenadora de ensino areanegra - - |