Colonialismo lingüístico

Pechar           Imprimir

1. O concepto é o concepto

Sabedes cal foi unha das primeiras cousas que fixo Cristobal Colón cando atopou a primeira illa americana? Bautizala: cambiarlle o nome.

- Illa, a partir de agora vas chamarte San Salvador.

E asi comezou Colón a historia da súa colonización: pola lingua. Posuíndo América mesmo antes de desembarcar, con palabras.

O desprezo polo nome orixinal, o nome propio da illa, chamada Guanahani polos seus habitantes, significa tamén desprezo pola identidade e a cultura amerindias. América a partir de entón vai ser denominada “oficialmente” cos nomes que impuxeron os colonizadores.

Istop ode servirnos de exemplo para relacionalo coa historia da nosa lingua, que sufriu e sofre un proceso parecido.

- Ás miñas cousas doulles os nomes que eu queira.

Iso deberon pensar Colón, os Reis Católicos e compañía. E asi aquelas terras, homes, mulleres, ríos ou cidades pasaron a ser posesión duns donos que, impostos pola forza, rebautizaron aquel mundo con novos nomes. Con este comportamento pretendian dominar o medio posuíndoo através dos seus nomes.

É unha manifestación do que se dá en chamar Colonización Lingüística. Algo do que en Galiza sabemos porque tamén forma parte da nosa historia.

 

 

2. A colonización dos nosos apelidos

  • Le con atención este texto:

APELLIDOS ESPURIOS

Estando eu nun xusgado de aquí da Cruña entrou unha muller da aldea. Preguntou polo rexistro civil e eu mesmo llo amostrei. Estaba eu nel, recollendo unhos datos que precisaba.

A muller pedía un certificado de nacemento. Xa traía outros documentos e faltáballe solo aquel.

O encargado do rexistro preguntoulle como se chamaba pra llo dar.- “Chámome Fulana Meixide”, díxolle amuller. Volve o do rexistro a preguntarlle. Non entendera ben. A muller contestoulle o mesmo, que se chamaba Fulana Meixide.

O do rexistro puxo cara de mañá de orballo. Abreu o libro e mirou. Por terceira vez aínda lle volveu preguntar como se chamaba. A min xa non me cabía o pan no corpo. Contestei eu pola muller. O do rexistro calou. Non me dou carto pola sentencia. Despois díxolle á muller:

- Usted se llamará Fulana Meigide.

- Non, señor, que son Meixide.

Intervín eu falando no mesmo idioma que a muller: O apellido Meixide é un apellido galego moi corrente. Supoño que neste libro haberá moitos máis. Contestoume o bo do home que alí non se podía poñer Meixide porque esta palabra non é castelán. E eu saínlle con esto: “¿E se vén un inglés ou francés a apuntar aquí un fillo vostede que fai: pon os apellidos que lle dean ou castelanízaos?”  Respondeume que eran cousas distintas.

Resultado, que a muller levou o certificado con Meigide. E como noutro que traía do crego dicía Meixide, fixérona volver do sitio a donde foi para que arreglara aquelo. E a probe da muller, despois de gasta-los cartos e perde-lo tempo non sei o que tuvo que facer para saír do barullo en que se veu metida, sin ela ter culpa ningunha, senón a ignorancia do encargado do rexistro civil.

E agora pregúntome eu: ¿Hai dereito a que a un no seu país lle pasen cousas como esta? Non hai dereito. Si o encargado do rexistro soupese algo das cousas de Galicia non facía o que fixo. E si fora galego moito menos.

José Lesta Meis, 1924

 

  • Actividades:

Meixide é un topónimo frecuente en Galiza, en relación cos lugares onde abundan as ameixas. Mais, que significa “Meigide”?. Nada. Escoitaches chamarlles algunha vez “ameijas” a esas froitas?

1.Cal é a pretensión do funcionario con esa actitude?

2. Pensas que este foi un suceso illado ou reponde a unha forma de política lingüística da administración española?

3. Fai un calculo: imaxinemos que este funcionario traballou dez anos no seu posto castelanizando os antropónimos de catro persoas á semana. Cantos apelidos galegos foron colonizados?

 

 

3. Cara ao futuro

Agora a decisión de reparar estas barbaridades da historia está na nosa man. Descoloniza a nosa identidade.

Aquí, no boletín de nadal de 1999 da Mesa pola Normalización, podedes ler a forma de galeguizar os vosos nomes e apelidos.

http://www.amesanl.org/quefacemos/boletins/boletins.html

Pechar           Imprimir

 

- - coordenadora de ensino areanegra - -